- O Poio Pescamar vén de anunciar tres baixas nas súas filas de cara á tempada 2026-27. No seguirán nas filas conserveiras: Zaide Pérez, Noelia Montoro e Rafa Pato.
Rafaela Dal’Maz (Guarapuava, Brasil, 31/01/1991), máis coñecida como Rafa Pato, confirma a súa saída do Poio Pescamar FS.
A pivote ítalo-brasileira, que disputou o Mundial de Filipinas defendendo á selección azzurra, coa que quedou 5ª clasificada, estreábase en España co noso club, despois dunha longa traxectoria por todo o mundo ás súas costas.
Rafa Pato anotou 14 goles en liga, superada só polos 18 de Ale de Paz e igualada con Débora. Sumando os partidos de Copa Galicia e Copa da Raíña, alcanzou os 17 goles, mantendo o segundo posto como goleadora, neste caso empatada con Chuli e por detrás dos 22 da capitá, Ale de Paz. Tamén destacou polas súas 9 asistencias, cifra unicamente mellorada por Débora (10) e Bravo (11). Os seus números nesta campaña como conserveira foron:
- Convocatorias: 38
- Partidos xogados: 34
- Titularidades: 7
- Goles: 17
- Asistencias: 9
- Tarxetas amarelas: 8
- Tarxetas vermellas: 1
Ver esta publicación en Instagram
Pola súa banda a peche de Murcia Noelia Montoro Susarte (Mula, 01/11/1997), é outra das futbolistas que non formará parte do equipo conserveiro na próxima tempada.
A internacional, tripla campioa de Europa e recentemente bronce mundialista con España, vaise tras unha campaña defendendo a camiseta rojilla, na que totalizou:
- Convocatorias: 35
- Partidos xogados: 31
- Titularidades: 10
- Goles: 2
- Asistencias: 4
- Tarxetas amarelas: 4
- Tarxetas vermellas: 0
Ver esta publicación en Instagram
A terceira futbolista que deixará o Poio Pescamar FS para o vindeiro curso é a galega Zaide Pérez González (O Carballiño, 05/11/2001), que deixará de vestir de vermello tras unha tempada na entidade conserveira.
Habitual revulsivo no esquema de Luis López-Tulla, comezou a liga anotando 3 goles nas dúas primeiras xornadas, o que lle valese para encabezar a clasificación de máximas anotadoras. Finalmente, as súas estatísticas no curso, entre todas as competicións, foron:
- Convocatorias: 39
- Partidos xogados: 30
- Titularidades: 1
- Goles marcados: 6
- Asistencias: 1
- Tarxetas amarelas: 1
- Tarxetas vermellas: 0
Ver esta publicación en Instagram





















