Desde o pasado domingo, 13 de decembro, as mellores xogadoras de fútbol sala do país atópanse concentradas na Ciudad del Fútbol de Las Rozas convocadas coa Selección Española. Patricia González, coñecida como Peque tamén o estaba, ata que un exame médico determinou que ten unha lesión muscular nos isquiosurales da súa perna esquerda.
Segundo informa a propia Selección Española, a xogadora do Pescados Rubén Burela volveu xa a Galicia para seguir traballando co seu club. A futbolista non será substituída por outra xogadora para a convocatoria.
Quenes si estarán son a compañeira laranxa de Peque, Ale de Paz, do Ourense Envialia FS Jenny Lores e da AD Alcorcón Nerea Moldes.
Catro xogadoras galegas, convocadas por Clàudia Pons para a concentración da Selección
Baixa galega tamén na selección sub-21
Tamén atópanse concentradas as xogadoras da sub-21, entre as cales haberá tres galegas: Judith Pedreira do Ourense Envialia e Caridad García e Antía Pérez, do Poio Pescamar FS.
Entre elas estaba Martita, do Viaxes Amarlle FSF, pero tivo que causar baixa ao lesionarse no derbi ante o Envialia.
Unha lesión alonxa a Martita da convocatoria coa Selección sub-21
Este martes, ambos combinados enfrontaranse este martes, 15 de decembro, no propio pavillón da Ciudad del Fútbol, ás 12:30 horas. Durante estes días, o conxunto sub-21 adestrou aspectos como a estratexia, a defensa e as saídas de presión. A selección absoluta, da man de Clàudia Pons, practicou o seu ataque posicional, lanzamentos de porta e desde media e longa distancia.