• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Peke: “Pola miña cabeza non pasa anular a tempada, haina que xogar”

A dianteira di que os goles son rachas e non se amosa preocupada por perder a súa, tampouco por non ter recibido a chamada da Selección Española, que considera un “premio ao traballo feito” pero “non un obxectivo”, de feito asevera que "non foi un pau non ir" e di que “vaia ou non, eu serei igual de feliz”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/03/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Peke, do RC Deportivo, contra Athletic Club de Bilbao / SABELA MOSCOSO

Peke, do RC Deportivo, contra Athletic Club de Bilbao / SABELA MOSCOSO

105
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A goleadora deportivista Peke apuntou en rolda de prensa virtual que no contempla a posibilidade de que a competición na Primera Iberdrola se suspenda por mor do coronavirus Covid19. “Son decisión moi difíciles. Pero pola miña cabeza non pasa anular a competición. Haina que rematar”, di a futbolista do Dépor ABANCA.

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
Peke / SABELA MOSCOSO

No seu argumentario, Ainize Barea explica que no caso da máxima categoría do fútbol feminino español, na que milita o Dépor ABANCA, quedan oito partidos por se disputar e “xogando entre semana, nun mes rematados a competición”. Con todo, matiza que todo “vaise ver dependendo de ata cando dure esta situación”.

Mentres, as xogadoras que adestra Manu Sánchez manteñen a forma físico con traballo individual nos seus domicilios. “Temos que adaptarnos a adestrar en casa”, explica a dianteira vasca. “Traballamos mobilidade, forza e mantemos o ton físico”, detalla.

Rutinas diarias de exercicio que manda a preparadora física

En concreto explicou aos medios que a preparadora física, Lucía, envíalles “a diario unha rutina para manter e mellorar o estado físico. Cando volvamos á normalidade veremos se este traballo que facemos nos alonxa do estado previo. Mándasenos tarefa para facer sen material, dado que non temos un ximnasio na casa. Eu teño unha bici estática, pesas e cintas. Fago unha hora e media diaria de adestramento. Traballamos para cando que, cando volvamos, poidamos seguir a competir como o estabamos a facer”.

Para Ainize Barea racha goleadora que estaba a ter non é relevante: “Marcar goles ou non, son rachas. Xa se verá se sigue ou non”. Ela dálle máis peso ao grupo: “Espero que o Dépor ABANCA compita da mellor maneira posible e poda quedar na mellor posición posible”.

RCD ABANCA en Abegondo / SABELA MOSCOSO
RCD ABANCA en Abegondo / SABELA MOSCOSO

“Son caseira e tento ter a mente positiva”

Desde a súa casa na Coruña, á que retornou xusto antes da declaración de estado de alarma (o Dépor ABANCA tiña vacacións por un parón competitivo previo), Ainize Barea di que aproveita esta etapa para “darlle caña aos estudios e facer as series que nos manda a preparadora física. Intento facer cousas novas como bailar zumba para moverme, ver series… facer cousas diferentes cada día”.

Afirma que non leva mal o confinamento xa que é “bastante caseira”. Pero admite que “non saír a tomar o aire fai os días costa arriba. Tento ter unha mente positiva e despexada. Entreterme cada día”. Nese sentido afirma que precisamente “facer exercicios físicos axuda a ter a mente despexada”.

Non lle preocupa perder o olfato de gol ou no tocar balón

O día a día dunha futbolista sen tocar balón é complicado. E unha dianteira sen unha portaría que perforar durante, a lo menos, semanas, tamén supón un reto. Peke conta que na súa casa non está a ter moito contacto co balón.

Peke en rolda de prensa / WYKAZOSKY
Peke en rolda de prensa / WYKAZOSKY

“A verdade e que so teño os dous que están asinados polas miñas compañeiras (en referencia aos que levou por anotar hat tricks) e non os quero tocar moito. Pero o de marcar goles… lévase ou non se leva. Así, tamén os deixamos para cando volvamos á competición facelo con máis ganas”.

Peke: “Intentaremos que este parón non nos afecte”

Celebración gol do RCD ABANCA en Abegondo / SABELA MOSCOSO
Celebración do RCD ABANCA / SABELA MOSCOSO

Admite Peke que aínda que traballen na casa, este parón “a nivel físico algo ten que afectar. Non é o mesmo traballar no campo que adestrar na casa. Pero para iso estamos a traballar a diario. O estado de forma ou se estaba marcando goles non é o máis imporante agora. Todas imos empeza de cero. Todas intentaremos que este parón non nos afecte”.

Para manter a cohesión do bloque, desde o grupo de whatsapp do primeiro equipo feminino do Dépor xogadoras e corpo técnico teñen un contacto diario. “Intentamos facer cousas cada día, falar, ver que almorzamos… Trátase de manter ao grupo en contacto”, di Peke.

A ariete branquiazul di que non cre que este tempo de inactividade afecte ao grupo. “Todas somos conscientes da situación. Cando volvamos á normalidade seguiremos igual que antes. O grupo e o primeiro. Os xogos psicolóxicos que facemos co corpo técnico nos axuda a sorrir”, desvela.

Unha tempada atípica para o Dépor ABANCA

Sobre a situación que se vive a raíz do coronavirus Covid19, confesa a deportivista que ao principio “non pensei que fora chegar a tanto. Pero cada vez aumenta a preocupación e a incertidume polo que vai pasar”.

Nesta tempada o futfem español acadou o seu primeiro convenio colectivo e hai quen se pregunta se esta situación afectará a cuestións coma iso ou como repercutirá na economía dos clubs. Reflexiona a dianteira vasca sobre que moitas empresas “van estar moi afectadas por esta inactividade. No caso do fútbol feminino non sei que vai acontecer. Pero coido que todo o que temos conseguido agora ímolo tentar manter”.

Este é o primeiro ano en Primeira do Dépor ABANCA e o bloque está a pasar de todo. Peke lembraba fitos como “a folga, as papeiras, e agora isto. Cando pasen os anos lembraremos todos estes momentos que estamos a vivir nesta tempada”.

Tamén pensando con perspectiva, confesa ter “medo de que todo o que temos conseguido quede nun segundo plano, aínda que non sexa o máis importante. Pero cando volvamos á normalidade, quero que a xente saiba todo o que o Dépor ten conseguido neste primeiro ano en Primeira”.

Comprometida co proxecto deportivista e despreocupada pola Selección

Peke co presidente, Fernando Vidal / RCD
Peke co presidente, Fernando Vidal / RCD

Aínda non hai moito que Peke asinaba a súa renovación co club coruñés. A futbolista di que tras tres tempadas no club herculino está “moi feliz e moi a gusto, por iso decidín renovar tres anos máis”. Explica que lle “gusta o proxecto e as ganas de crecer que ten o RC Deportivo”.

Antes do parón competitivo Peke vivía un excelente momento de forma e unha racha goleadora que daba envexa, pero aínda así, non recibiu a chamada de Vilda, adestrador da Selección Española absoluta.

A ela non lle quita o sono. Sostén que “non ir á Selección non foi para min un pau. É verdade que estaba nun bo momento, as estatísticas están aí. Pero o seleccionador fixo o que creu mellor desde o seu punto de vista. Que diga que estou cerca de entrar é unha motivación. Oe! Está atento ao meu nome. Ogallá teña ese premio, pero tampouco é un obxectivo. É un premio polo bo traballo feito, xa se verá se se da ou non. Vaia ou non, eu serei igual de feliz.

Preguntada sobre como podería afectar a situación do primeiro equipo masculino ao resto do club admite que é un pouco “complicada”, pero espera “que pronto estea onde ten que estar, que é en Primeira. Se iso sucedese, sería unha axuda para todas as categorías do club”, confirma.

Etiquetas Ainize BareacoronavirusCOVID19DéporDépor ABANCAfútbolPekeRC Deportivo
Comparte7Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

por Redacción As Nosas
09/07/2025
0

  Renovacións, fichaxes, futbolistas da canteira que se incorporan definitivamente ao primeiro equipo... o Dépor ABANCA 2025-26 vai tomando forma...

Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  O campo de fútbol de Cadreche da Pobra converterase este sábado, 21 de xuño, no escenario do primeiro Torneo...

Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado considera que no RC Deportivo hai unha “aposta clara e decidida polo fútbol feminino”

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, fixo balance da temporada 2024-25, renovacións, incorporacións e obxectivos foron algúns dos temas...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA arrinca a Liga F na última fin de semana de agosto de 2025

por Redacción As Nosas
14/06/2025
0

  O Dépor ABANCA comezará a Liga F a fin de semana do 30 e 31 de agosto segundo o...

Lóstrego, campión da Liga Galega Alevín Feminina / RFGF

O Lóstrego CF proclámase campión da Liga Galega Alevín Feminina de fútbol

por Redacción As Nosas
31/05/2025
0

O Lóstrego CF levantou o trofeo de campión da Liga Galega Alevín Feminina na fase final que se disputou esta...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.