- Pauli Fernández: “Espero poder devolver a confianza que depositaron en min”
- A súa irrupción foi tremenda e despregou un xogo que a converteu nunha das revelacións da liga
Coa renovación de Pauli Fernández, o Mecalia Atlético Guardés garantiuse contar o próximo curso cunha das grandes revelacións da liga Guerreiras Iberdrola. Porque a irrupción da central paraguaia na máxima categoría foi extraordinaria, ata o punto de non deixar a ninguén indiferente. Por iso, a súa continuidade é unha gran noticia na Sangriña.
Pauli Fernández fichou o verán pasado procedente do Oviedo e, aínda que unhas trabas burocráticas impedíronlle incorporarse na pretemporada, o seu rendemento foi inmediato nada máis chegar. O seu xogo eléctrico valeulle o sobrenome de Rayito e esa capacidade de xerar tormentas nas defensas rivais continuará estando ao servizo do Guardés o próximo curso.
Pauli Fernández: “Espero poder devolver a confianza que depositaron en min”
A central paraguaia sente “moi contenta” de continuar “un ano máis” e tamén “agradecida á directiva e a nova adestradora” porque apostasen por ela. “Espero poder devolver a confianza que depositaron en min”, expresa Pauli Fernández, que aspira a “seguir gozando e aprendendo unha chea”, así como a “cumprir os obxectivos colectivos e individuais” na próxima tempada. “Estou feliz porque vou poder gozar un ano máis da mellor afección de España”, conclúe.






















