A Selección Española feminina de Rugby 7s está lista para afrontar a terceira e cuarta rolda das Series Mundiais. Entre as convocadas están dúas xogadoras do CRAT Residencia Rialta: Paula Requena e Ceci Huarte. Esta será a primeira vez na historia que se disputarán en España. Serán os días 21,22 e 23 de xaneiro en Málaga e os 28, 29 e 30 en Sevilla.
#FERugby | 🚨Cuenta atrás de las #HSBCSpainSevens @AlfonsoFeijoo24 “Agradecemos la confianza de @WorldRugby y hemos respondido a ella. Gracias a @house_kiwi las @Spain7sSeries van a ser un gran salto para el rugby español’. @WorldRugby7s @AndaluciaJunta https://t.co/6pFxYYGma8
— España Rugby (@ferugby) January 14, 2022
Na lista de 22 xogadoras que fixo o seleccionador de España de 7s, Pedro de Matías, para as HSBC World Rugby Sevens Series están, ademais das deportistas do CRAT antes citadas (Paula Requena e Ceci Huarte) moitas das xogadoras habituais e tamén algún retorno. Por exemplo, volta tras a súa lesión (rotura da plastia do ligamento cruzado) María Losada e tamén Eva Aguirre, que non poidera estar en Dubái por lesión.
No que atinxe á competición, as Leonas están no Grupo A, polo que se medirán coas seleccións de Australia, Irlanda e Polonia.
Logo de dúas semanas de concentración, Pedro de Matías, reducirá a lista a 13 xogadoras, que serán finalmente as encargadas de facer vibrar ao Estadio Ciudad de Málaga nunha cita que xa se perfila como histórica para o oval español e á que seguirá, nunha semana despois, a de Sevilla, para completar as HSBC Spain Sevens.
#HSBCSpainSeries | El presidente de @deportegob José Manuel Franco, despidió a las #Leonas7s antes de viajar a las @Spain7sSeries de Málaga y Sevilla #VamosLeonas @WorldRugby7s @WorldRugby @iberdrola @AndaluciaJunta @unicomplutense pic.twitter.com/x7s2aWc3kN
— España Rugby (@ferugby) January 13, 2022
Visita de autoridades ás Leonas Seven
O presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), José Manuel Franco, visitou esta semana ás Leonas 7s, a Selección española feminina da modalidade olímpica de rugby. Xunto ao secretario de Estado para o Deporte estiveron a vicerreitora de Cultura, Deporte e Extensión Universitaria da Universidade Complutense de Madrid (UCM), Isabel García Fernández, e o presidente da Federación Española de Rugby (FER), Alfonso Feijoo.
Tampouco faltaron á cita o vicepresidente primeiro da FER, Iñaki Vergara, e o director xeral, Sergio Gericó. Todos foron recibidos por Eli Martínez, a mánager das Leonas7 s, así como ex xogadora internacional e actualmente tamén directiva da FER.