A nadadora galega Paula Otero foi convocada pola RFEN (Real Federación Española de Natación) para formar parte do equipo español na modalidade de Augas Abertas no Mundial 2025.
A dirección técnica de natación e Augas Abertas da RFEN, deu a coñecer o equipo final seleccionado para esta disciplina de cara o Campionato do Mundo Absoluto Singapur 2025 e a galega Otero está incluída na lista. Así, a deportista do CN Arteixo formará parte do equipo absoluto español de Augas Abertas no Mundial 2025.
Paula Otero acaba de conseguir o subcampionato de Europa no 3K Knockout Sprint e foi quinta no citado Campionato de Europa na distancia de 5k cun tempo de 59.57.23. A nadadora do equipo arteixá foi tamén 6.ª, e primeira española, na proba de 10K no Campionato de Europa de Augas Abertas que ese celebrou en Stari Grad (Croacia).
Ver esta publicación en Instagram
Paula Otero, na concentración da RFEN en altitude
O bolseiro do CGTD Mateo García e a tamén nadadora Paula Otero, os dous deportistas do CN Arteixo, foron convocados co equipo español absoluto de Augas Abertas a concentración de altitud CNE Málaga, no CAR de Sierra Nevada (Granada). Mateo García irá do 12 de xuño ao 1 de xullo e Otero, está citada do 1 de xuño ao 1 de xullo.




















