A nadadora do Club Natación Arteixo, Paula Otero Fernández, de categoría Junior, está convocada para asistir a unha cita competitiva internacional, primeira posibilidade de competir desde o comezo da pandemia do Covid-19.
Paula formará parte dunha selección española de 33 nadadores e nadadoras de categorías junior e absoluta, o evento terá lugar en Loulé, Portugal, do 12 ao 17 de agosto.
A nadadora galega retomou os adestramentos no CGTD de Pontevedra o pasado 13 de maio. Esta será unha ocasión para probar as primeiras sensacións despois de tanto tempo sen medirse a nivel competitivo.