Paula Ginzo, a xogadora máis valorada do partido entre Tenerife e Ensino cun 22 de valoración, declaraba tras o partido disputado no Santiago Martín de La Laguna que o conxunto galego conseguía unha vitoria que custou facer posible.
Na súa valoración do partido a 10 do Durán Maquinaria Ensino declaraba: “Empezamos moi ben con moi boas sensacións. Sabiamos que viñamos a xogar contra dun rival moi, moi duro, tanto en ataque como en defensa, individualmente moi completo… Sabiamos que non ía ser fácil”.
Ver esta publicación en Instagram
Na análise do partido explicaba Paula Ginzo que as lucenses chegaron a “coller unha distancia grande ao principio e logo complicóullenos un pouco e custounos moito sacalo. Pero sacámolo e estou moi feliz”.
Consultada polo acontecido neste empurrón final das locais do Tenerife CB Clarinos Ciudad de La Laguna, a deportista cántabra Paula Ginzo explicaba: “Igual pecamos de non ter a cabeza fría, creo que os triplos de Sheppard estaban ben defendidos. É moi boa, pero faremos cousas para tentar defendelos mellor”.
Triunfo na cancha do pechacancelas para o Durán Maquinaria Ensino (70-74)