- Paula Canedo, levantadora do CH Coruña, leva xa 12 ouros na súa conta persoa de estatais
O pavillón cuberto de Cullera, en Valencia, acollía hoxe sábado 20 de novembro os campionatos de España Sub-15 feminino e masculino de Halterofilia. Alí acudiron varias deportistas galegas destacando a participación de Paula Canedo que na categoría 76 kg foi ouro nas tres modalidades (arrancada, dous tempos e total olímpico), proclamándose así campioa estatal de halterofilia. Pola súa parte Johana Osayande acadou o bronce nas tres modalidades en 81 kg. ao igual que Digna Silo en +81 kg. As tres pertencen ao Club Halterofilia Coruña.
Ademais, durante a competición a haltera galega Paula Canedo estableceu dous récords de España para a categoría Sub-15 en no peso de 76 kgs, en concreto ao levantar 68 quilos na modalidade de arrancada e 147 kg no total olímpico.
Neste Campionato de España Sub-15 tomaron parten un total de 103 deportistas dos cales 52 foron rapazas e 51 foron rapaces. Para poder acceder tiñan que ter acadado nas fases previas as marcas mínimas establecidas para esta competición estatal.
Galicia estivo representada por 13 deportistas dos cales 7 foron femininos e 6 masculinos. A nosa foi a segunda autonomía no que atinxe ao número de atletas participantes no campinato.
Unha ducia de campionatos para Paula Canedo
A boa actuación do equipo galego fixo que se conseguisen un total de 16 medallas. Delas, seis foron de ouro. Estréanse como campións de España, Aris Varela e Darío Barros, mentres que Paula Canedo, de novo campioa, xa contabiliza un total de 12 ouros na súa conta particular.
Os resultados e clasificacións dos deportistas galegos en arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente foron os seguintes:
CAMPIONATO ESPAÑA FEMININO SUB-15
Categoría 40 kgs
- Laura Lejo CH Coruña 28 (4ª) 43 (bronce) 71 (4ª)
Categoría 49 kgs
- Iria Gerpe CH Coruña 38 (4ª) 46 (4ª) 84 (4ª)
Categoría 55 kgs
- Leticia Cuns CH Coruña 38 (10ª) 45 (11ª) 83 (11ª)
Categoría 59 kgs
- Ariadna Martínez CH Vigo 39 (6ª) 53 (6ª) 92 (6ª)
Categoría 76 kgs
- Paula Canedo CH Coruña 68 (oro) 79 (oro) 147 (oro)
Categoría 81 kgs
- Johana Osayande CH Coruña 45 (bronce) 53 (bronce) 98 (bronce)
Categoría +81 kgs
- Digna Silo CH Coruña 46 (bronce) 51 (bronce) 97 (bronce)
CAMPIONATO ESPAÑA MASCULINO SUB-15
Categoría 49 kgs
- Israel Pérez CH Coruña 45 (7º) 59 (8º) 104 (7º)
- Aris Varela CH Coruña 56 (bronce) 73 (oro) 129 (oro)
Categoría 55 kgs
- Dario Barros CH Coruña 72 (oro) 85 (plata) 157 (plata)
Categoría 61 kgs
- Carlos Roibal CH Coruña 48 (4º) 57 (5º) 105 (5º)
Categoría 67 kgs
- Edgar Barreiro CH Vigo 60 (8º) 75 (6º) 135 (8º)
Categoría 73 kgs
- Iker Barreto CH Coruña 56 (4º) 65 (5º) 121 (4º)





















