• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Xunta patrocinará a equipos de alta competición femininos de Galicia

O plan, ao que poden optar 10 clubs galegos, busca tamén promover valores de igualdade na sociedade | Rugby, fútbol, sótfbol, baloncesto, balonmán e fútbol sala son as disciplinas dos equipos que cumplen os requisitos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/09/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe ao Club de Rugby de Arquitectura Técnica (CRAT), campión da Liga Iberdrola / XUNTA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe ao Club de Rugby de Arquitectura Técnica (CRAT), campión da Liga Iberdrola / XUNTA

203
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Xunta de Galicia vén de lanza o primeiro Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de Galicia. Trátase dun plan que xurde da colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte e conta cun orzamento de 150.000 euros que traballa na loita pola igualdade efectiva. Dez son os clubs galegos que cumplen os requisitos e pertencen as disciplinas deportivas de fútbol, baloncesto, fútbol sala, balonmán, sótbol e rugby. Os clubs beneficiarios son tres coruñeses, tres pontevedreses, dous lucenses e dous ourensáns.

CB Ensino Lugo
CB Ensino Lugo

O Plan de Patrocinio da Xunta aos equipos de alta competición femininos galegos é unha liña de actuación paralela ao undécimo Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia, cuxa primeira fase foi resolta o pasado 17 de xuño cun orzamento de máis de 2 millóns de euros e cunha maior presenza dos equipos femininos ou mixtos (50) sobre os masculinos (44), según informa a Xunta de Galicia.

Este patrocionio que a Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar xurde do acordo de colaboración asinado o pasado mes de xullo entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Fundación Deporte Galego, para dar cumprimento ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través de medidas como desenvolvemento deste Plan de Patrocinio para equipos femininos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibe ás xogadoras do RC Deportivo ABANCA polo seu ascenso á máxima categoría do fútbol feminino español na tempada 2018-19 / XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibe ás xogadoras do RC Deportivo ABANCA polo seu ascenso á máxima categoría do fútbol feminino español na tempada 2018-19 / XUNTA

Estas medidas están encamiñadas á loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes, tendo en conta o impacto dos clubs nos medios de comunicación, nos espazos deportivos, e nas redes sociais, e, en particular, respecto das nenas e nenos, adolescentes e mocidade, que son destinatarios principais das medidas do devandito Pacto de estado.

Unha iniciativa para loitar pola igualdade efectiva

Os obxectivos do Plan son previr e sensibilizar fronte a violencia de xénero e a loita pola igualdade efectiva entre mulleres e homes, transmitindo contidos relacionados coa loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero no deporte e na vida, entendendo esta actuación como un medio fundamental para a educación da sociedade sen discriminación e que incumbe a todas as persoas.

A Fundación Deporte Galego e a Secretaría Xeral da Igualdade acordaron o desenvolvemento de campañas específicas contra a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes en espazos deportivos, que deben ser desenvoltas pola Fundación Deporte Galego.

A estes efectos, na loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes, e tendo en conta tamén o impacto destes clubs nos medios de comunicación, nos espazos deportivos, e nas redes sociais, e, en particular, respecto das nenas e nenos, adolescentes e mocidade, que son destinatarios principais das medidas do Pacto de estado contra a violencia de xénero, a Fundación Deporte Galego co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha esta iniciativa de patrocinio.

ourense envialia abrazo María
OURENSE ENVIALIA

O deporte, escaparate da loita contra a violencia de xénero

Os obxectivos deste Plan son, en consecuencia, os de prevención e sensibilización fronte a violencia de xénero e a loita pola igualdade efectiva entre mulleres e homes, configurándose a Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza como patrocinador oficial do plan xunto á Fundación Deporte Galego.

A idea é que «todos os equipos obxecto desta actividade de patrocinio demostrarán que o Deporte Galego é un escaparate perfecto para poñer en valor a importancia do deporte como medio de fomento da actividade física saudable e como ferramenta de loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero no deporte e na vida».

O plan comprenderá o tempo que resta do ano 2020 e implicará transmitir contidos relacionados coa loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero no deporte Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º Máximo Nivel Estatal de Galicia 2020 e na vida, entendendo esta actuación como un medio fundamental para a educación da sociedade sen discriminación e que incumbe a todas as persoas.

O plan contempla as actuacións que os clubs beneficiarios do plan se comprometen a realizar para colaborar coa Fundación Deporte Galego e a Secretaría Xeral da Igualdade na difusión das campañas específicas en contra da violencia de xénero e a favor da igualdade, así como os importes a percibir polos clubs en función das características propias das competicións estatais de 1º máximo nivel nas que participan.

Clubs beneficiarios e orzamento

O Plan conta cun orzamento de 150.000 euros (149.997,65 euros) e foi comunicada a apertura do prazo de solicitudes ás entidades deportivas que na tempada 2019/2020 contaron con equipos deportivos en competicións femininas de primeiro máximo nivel estatal.

Cidade de As Burgas
CIDADE DE AS BURGAS

Atendendo ao obxecto do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º Máximo nivel Estatal de Galicia, «son obxecto deste Plan de Patrocinio aquelas entidades deportivas galegas con rexistro na Secretaría Xeral para o Deporte que na tempada 2019/2020 contaron ou contan con equipos deportivos que participaron ou participan en competicións femininas de 1º máximo nivel estatal e que cumpren cos seguintes requisitos»:

  • Estar estrutura por niveis regulados con ascensos e/ou descensos.
  • Desenvolverse en 7 ou máis xornadas.
  • Deben de participar no espazo de competición de forma simultánea 5 ou máis integrantes do mesmo equipo regulamentariamente.
CBS Cambre Sófbol División de Honor / CBS CAMBRE SÓFBOL
CBS Cambre Sófbol División de Honor / CBS CAMBRE SÓFBOL

Neste sentido, os dez clubs convidados a participar do plan foron o Durán Maquinaria Ensino Lugo CB na modalidade de baloncesto; o Conservas Orbe Rubensa CB Porriño e o CB Atlético Guardés na modalidade de balonmán; o RC Deportivo ABANCA na modalidade de fútbol: o Ourense Envialia CF S.A.D., o Pescados Rubén Burela FS, o Poio Pescamar FS, o Cidade de As Burgas FS, na especialidade de fútbol sala; o Club de Arquitectura Técnica da modalidade de rugby e o Club Béisbol e Sófbol Cambre da especialidade de sófbol.

Clubs Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º Máximo Nivel Estatal de Galicia 2020
Clubs Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º Máximo Nivel Estatal de Galicia 2020
Poio contra o Burela
Poio Pescamar e Pescados Rubén Burela

En paralelo co Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición

Segundo explica a Xunta de Galicia, «o Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de Primeiro Máximo Nivel Estatal de Galicia 2020 é unha liña de actuación paralela ao undécimo Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia, cuxa primeira fase foi resolta o pasado 17 de xuño cun orzamento de máis de 2 millóns de euros grazas á colaboración da Xunta de Galicia e ABANCA».

Club Balonmano Porriño
Club Balonmano Porriño

Nesta primeira fase dirixida ás entidades que competiron en modalidades ou especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta ou sénior ou previa á absoluta entre 2019 e 2020, tamén cabe destacar unha maior presenza dos equipos femininos (46) e mixtos (4) sobre os equipos masculinos (44).

O Guardés vence ao Rincon Fertilidad Málaga por 2 goles (26-24) / COECO.CREATIVE - GUARDÉS
Atlético Guardés BM / COECO.CREATIVE – GUARDÉS

Na segunda fase do plan, que comezará nos vindeiros meses, estímase que outros 113 equipos galegos de alto nivel sexan convidados a participar deste plan da Secretaría Xeral para o Deporte. Tanto o orzamento total do plan, o número de equipos subvencionados e o número de equipos femininos están a experimentar un incremento constante desde a súa primeira edición, na tempada 2009-2010.

 

AQUÍ TES MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PLAN DE PATROCIONIO DOS EQUIPOS DE ALTA COMPETICIÓN FEMININOS DE GALICIA 2020

Etiquetas AxudasbaloncestoCBS Cambre Sófbolcidade de As BurgasCRATdeporte galegoDurán Maquinaria Ensinofútbolfútbol salaIgualdadeourense envialiaPATROCINIOPescados Rubén BurelarugbySecretaria Xeral para o DeportesótfbolXunta
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

por Redacción As Nosas
11/10/2026
0

O Duran Maquinaria Ensino acadou a súa primeira vitoria do curso 2026-27 nesta terceira xornada da LF Endesa. O triunfo...

Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

por Redacción As Nosas
11/10/2026
0

A Selección Española de fútbol sala feminino puxo o broche á súa clasificación para o Europeo cunha contundente vitoria ante...

O Burela FS, campión por sétima vez da Copa da Raíña / RFEF

O pavillón da Raña, sede da fase final da Copa da Raíña de fútbol sala

por Redacción As Nosas
09/10/2026
0

A localidade pontevedresa de Marín será a sede da Fase Final da Copa da Raíña de fútbol sala 2027. Tras...

Poio Pescamar / POIO PESCAMAR IG

Poio acollerá a final a catro da Supercopa de España feminina de fútbol sala

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

A Supercopa de España feminina de fútbol sala xogarase no Pavillón Municipal da Seca (Poio) os días 30 e 31...

Partido da LF Endesa entre o Impulso 360 Estepona e o Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Pleno de derrotas galegas na 2.ª xornada da LF Endesa ao perder Celta, Ensino e BAXI

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Pleno de derrotas galegas na segunda xornada da LF Endesa. Perdeu o BAXI Ferrol a domicilio na cancha do Hozono...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Podio feminino do Campionato Galego de atletismo sub-20 de clubs 2026 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sanysec-Ourense e Atletismo Sada, campións galegos Sub-20

13/10/2026
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.