Patricia Benet volveu en febreiro ao equipo ferrolá para cumprir a súa segunda etapa na entidade. Chegou coa intención de axudar á escuadra de Lino López a conseguir o ascenso á Liga Feminina Endesa, pero o COVID-19 impediullo. Antes do parón, só puido disputar dous partidos co conxunto departamental.
Na tempada pasada, a base foi unha das xogadoras que máis minutos disputou na competición nas filas do Patacas Hijolusa León e aportará a súa experiencia na categoría, na que coñece o que é ascender. Xa conseguiu este obxectivo en dúas ocasións e espera facelo por terceira vez co BAXI Ferrol. “Cheguei aquí para axudar ao equipo a volver estar na Liga Feminina Endesa e non puiden acabar o traballo. Ferrol merécese un equipo no máis alto do baloncesto nacional. Para iso vin e para iso volvo”, declarou a xogadora valenciá.
Patricia Benet, xogadora do Baxi Ferrol: “Cheguei aquí para axudar ao equipo a volver estar na Liga Feminina Endesa e non puiden acabar o traballo. Ferrol merécese un equipo no máis alto do baloncesto nacional. Para iso vin e para iso volvo”.
En canto ao que espera do equipo na nova tempada, cre que teñen un equipo con moitísimo talento, con xogadoras comprometidas e con moitas ganas de traballar. “Espero que gocemos moito do día a día, de cada partido e así, estou segura conseguiremos os nosos obxectivos”, engade a base.
Patricia Benet cre que a ampliación de equipos fará que baixe o nivel da Liga
Polo que se refire á reestructuración da Liga Feminina 2, a xogadora non se mostra contenta co formato do ano que vén, sostendo que “custara moito recuperar o nivel e o prestixio da LF2 e creo que con tres grupos damos un paso atrás con respecto a iso. Creo que vai baixar un pouco o nivel, pero nós temos que centrarnos no noso para competir ao máximo contra todos os equipos”.
El BAXI Ferrol 2020-2021 tendrá… experiencia.#DISFRUTARdelCAMINO pic.twitter.com/oF0OAnmIpJ
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) June 25, 2020
A base convértese na sexta xogadora confirmada polo BAXI Ferrol para a próxima campaña, logo das renovacións das canarias Patri Cabrera e Natalia Rodríguez, da sudafricana Sune Swart e das fichaxes da tamén valenciá Irene Garí e da arxentina Andrea Boquete.