• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

Patri López: “Teño moitas ganas e ilusión de conseguir os obxectivos”

A capitá do Dépor ABANCA móstrase confiante no xogo do equipo branquiazul

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/09/2021
en Liga Reto Iberdrola Fútbol, Fútbol
Patri López en rolda de prensa / RCD

Patri López en rolda de prensa / RCD

264
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Dépor ABANCA comezou con bo pé a nova tempada, sumando tres puntos ante o Barça B. Neste encontro, a canteirana Patri López foi titular, e tras sumar a primeira vitoria a xogadora asegura que “teño moitas ganas e ilusión de conseguir os obxectivos que nos marcamos desde o primeiro día”.

Agora, neste novo equipo branquiazul, a galega é unha das capitás e foi titular no primeiro encontro, algo que conseguiu “a base de moito esforzo e trablallo e grazas a Manu Sánchez e a Pablo e neste caso a Miguel Llorente e o seu corpo técnico que me están dando a confianza que preciso para dar a mellor versión de min”.

Patri López: “É un orgullo poder ser capitá dun equipo como o Dépor”

Sobre a súa oportunidade de levar o brazalete de capitá, a xogadora confesa que “é un orgullo poder ser capitá dun equipo como o Dépor. Cheguei no 2016, na súa primeira tempada, e aínda que logo fun cedida ao Friol, ao final o Dépor é o club no que empecei a xogar de maneira máis profesional. Despois de tantas tempadas é satisfactorio ver que o teu traballo ten recompensa”.

Patri López cun partido con Dépor B - RCD
Patri López cun partido con Dépor B – RCD

Confianza no equipo

Neste debut en Reto Iberdrola, a futbolista afirma que “sempre é bonito empezar con vitoria e anímate a ir a pola seguinte.  Creo que estamos adestrando moi ben estas semanas, non só estas senón tamén as de pretempada, e temos moitas ganas de que chegue a fin de semana para conseguir outra vitoria e seguir no bo camiño”.

O seguinte reto será o Seagull, un equipo que en palabras de Patri López é “moi competitivo e iso vai provocar que sexa un partido moi igualado. Intentaremos saír a gañar, xogar ao que sabemos e levarnos os 3 puntos”. Porén, será o primeiro desafío para as coruñesas nun campo fóra da casa que, ademais, é de céspede artificial, algo ao que non están acostumadas as deportivistas.

Patri López ten claro que o contrincante “aproveita os erros do rival, polo que intentaremos non concederlles moito, pero non imos basear o noso xogo no que elas van facer, senón que intentaremos saír xogar como sabemos”.

Vitoria ante as culés

Sobre o partido da pasada fin de semana, a capitá asegura que sabían que “ía ser un partido complicado. Ao final é o Barça, un equipo ao que lle gusta ter a pelota e ser o dominador do partido. Penso que conseguimos facer as cousas ben. Quitarlle posesión a un equipo como o Barça é complicado e conseguimos facelo”.

Admite que xogaron de maneira vertical, pero considera que cos goles en balón parado sobrepuxéronse aos erros, típicos dos primeiros partidos, e aínda hai marxe de mellora: “Aínda temos tempada por diante para corrixir”.

O Dépor ABANCA empeza gañando ao Barça B (2-1)

Novidades no Dépor ABANCA

Malia a restruturación que tivo que vivir o Dépor ABANCA nesta campaña, Patri López explica que foi unha “renovación, non necesaria, pero si obrigada polo feito de que moitas xogadoras tiveron ofertas para quedar na Primeira División e demostrar o seu talento”. A galega acórdase de excompañeiras como Athenea, Gabri ou Iris, á vez que asegura que “este ano están a facerse as cousas ben, somos un plantel con moito futuro porque a maioría somos xogadoras xoves e creo que a incorporación ao proxecto de Miguel e o seu corpo técnico como Ana axuda a que o ambiente sexa moi agradable, moi cómodo, creo que todos nos sentimos moi ben na Coruña e no Dépor e iso nótase no campo”.

Patri López: “Volvemos ás nosas orixes, ter o balón, ser as dominadoras do partido e creo que o estamos empezando a facer bastante ben”

Entre as novidades tamén está o estilo de xogo. “Volvemos ás nosas orixes, ter o balón, ser as dominadoras do partido e creo que o estamos empezando a facer bastante ben e como el quere. Eu como lateral é certo que nos dá maior liberadade para incorporarnos por dentro e cada xogadora ten o poder de decisión para facer o que ela cre máis convinte para o equipo e non estar ancorada nunha posición fixa. Que as xogadoras teñamos liberadae axudanos a ter confianza e xogar máis tranquilas e ao final iso sempre axuda ao equipo”, explica.

Etiquetas AbegondoDépor ABANCAdeportivofútbolpatri lópezRC DeportivoRCDReto Iberdrola
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.