• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Balonmán

Patri e Geli Comesaña, as nosas irmáns Bonaventura

Nunha entrevista concencida á Federación Galega de Balonmán falaron sobre a súa vida liga ao arbitraxe en balonmán | Geli: "A nosa saída do comité ten nome e apelidos dun ex-directivo da Federación"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/06/2020
en Balonmán, Máis balonmán
Patri e Geli Comesaña, árbitras de balonmán

Patri e Geli Comesaña, árbitras de balonmán

108
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Patricia e Angélica Comesaña (1 de agosto de 1981, Vigo) foron as nosas Charlotte e Julie Bonaventura: xemelgas e árbitras de balonmán. Hai uns anos deixaron de asubiar en Galicia e recordan ese momento con tristura e un pouco de dor. Agora ambas están fóra da nosa terra por cuestións laborais, aínda que Geli non se desligou por completo do deporte está a facer de cronometradora en Navarra.

As irmáns chegaron ao balonmán hai case vinte años. Angélica foi a encargada de contar na entrevista concedida á Federación Galega de Balonmán como foi. “Creouse un equipo de balonmán feminino no colexio. Xogamos un ano de alevín e outro de infantil. Ao ano seguinte o equipo desfíxose por falta de xogadoras. Tiñamos nese momento 13 anos e pasóusenos pola cabeza facer o curso de árbitros. Chamamos á federación para preguntar, pero dixéronnos que aínda eramos pequenas para ser árbitros. Na tempada seguinte volvimos xogar ao balonmán pero xa no Sárdoma con antigas compañeiras do equipo do cole. A verdade, xogabamos para divertirnos e foron uns anos xeniais nun club moi familiar, onde aínda temos bos amigos deste mundo”.

Pregunta: Por que apostáchedes pola arbitraxe?

Geli: Pois non sei, é algo que nos chamou a atención desde pequenas. Pero non foi ata os 18 anos cando vimos unha noticia na que buscaban árbitros para un curso…Non nolo pensamos! Creouse moi bo rollo dentro do grupo de aspirantes e cos árbitros veteranos que nos botaron un cable para formarnos. Creo que esa foi a clave para que lle collésemos o gusto a isto da arbitraxe.

Patricia: Realmente o árbitro é como esa peza do xogo da que todos se queixan pero que ao final é imprescindible. É como nunha mala relación, un nin contigo nin sen ti.. Pero a verdade é que, as poucas veces que viña o meu pai para ver os partidos (non lle gustaba moito o balonmán nin ver os espectáculos dos pais nas bancadas) sempre nos inculcou que o árbitro era outro deportista que tentaba facer o seu traballo, unhas veces mellor outras veces máis desacertado, pero que había que respectalo. Eu creo que fomos  interiorizando esas palabras e deixamos de ver ao árbitro como un inimigo que “sempre pita a favor do outro equipo”

Patri e Geli Comesaña, árbitras de balonmán
Patri e Geli Comesaña, árbitras de balonmán | FGB

P: O voso mellor momento no balonmán?

G: Houbo moitos bos momentos e tamén moito malos.  O certo é que non me podo queixar das designacións que tivemos. Pitamos sempre moi bos partidos, partidos comprometidos… Quizais uns dos momentos que resumen a nosa época de árbitros foi un Campionato Galego en Lalín que daba o paso para xogarse o ascenso a Primeira Nacional do gañador. Un sector moi igualado que finalmente gañou o equipo de casa. Evidentemente os locais estaban contentos coa arbitraxe, pero foi súper emocionante ver como o equipo ao que se lle escapaba esa oportunidade de ir a un ascenso, aínda estaba máis contento co noso labor.

Que un equipo perda un sector así e que asinen por máis arbitraxes como ese pareceunos algo incrible. Ese campionato fíxonos gañar a confianza de moitos clubs, adestradores e xogadores, en especial da categoría masculina. As seguintes tempadas pitar a máxima división galega foi realmente gratificante. Os equipos poñíannolo moi fácil na pista. Creouse un lazo de empatía mutua que hoxe en día cando nos atopamos con xente do balonmán aínda se acordan de partidos que lles pitamos. 

P: Se me preguntas polo mellor momento do balonmán, sen dúbida, xogar no Sardomiña, a xente, os bos intres, o club que era unha pequena familia. Case sen medios, nun pavillón semi-aberto, no que no inverno facía un frío e humidade incrible. E aí, xogando sobre unha pista de cemento eramos felices, porque a iso iamos, a divertirnos practicando deporte.

No segundo ano no Sárdoma creouse un equipo de “ retais”, con mozas que nunca xogaran ao balonmán ou que o deixara anos antes, para que non desaparecese o grupo de xogadoras. Esa tempada os adestradores inculcáronnos xogar sen maior obxectivo que divertirse, e así, sen darnos conta (e contra todo prognóstico) coámonos nunha final de Campionato Galego, onde o Balonmán Porriño pasounos por riba como unha apisoadora…, pero que nós celebramos coma se gañásemos a Liga. Foi unha tempada que lembro con especial agarimo.

Patri e Geli Comesaña, árbitras de balonmán - FGB
Patri e Geli Comesaña, árbitras de balonmán – FGB

Con respecto á arbitraxe, ademais dito pola miña irmá, eu quédome cos sectores rexionais e nacionais e cos campionatos de seleccións, con todos, polo ambiente, a convivencia, a tensión e a emoción. O feito de coñecer unha chea de árbitros doutras comunidades, convivir uns días con eles, intercambiar experiencias e crear vínculos de amizade que en moitos casos aínda se manteñen é o mellor.

P: Gustábavos arbitrar xuntas?

G: Curiosamente, corría a idea de que non queriamos pitar xuntas. Nada que ver coa realidade, encantábanos. Pitar con alguén que é igual que ti che dá un plus de confianza e seguridade no partido que outras parellas non teñen ao 100%. Poñería a man no lume por cada unha das decisións -acertadas ou erradas- que Patri tomou nunha pista porque sei que se o pitou é porque creu que era a decisión correcta nese momento. Complementámonos moi ben e iso notábase. Pero é certo que pitabamos tantos partidos xuntas que tamén nos cansaba. É bo pitar con outra xente para evolucionar e non sempre coa mesma persoa. Nesa época tiñamos a sorte de ter moi bos árbitros nacionais e internacionais na escola galega dos que aprender e tamén queriamos pitar con eles. Por iso pediamos que non nos designasen tanto xuntas.

P: Pois si, si nos gustaba moito pitar xuntas. Saber que podes confiar plenamente na persoa que tes á beira é unha garantía de éxito. Geli e eu compartiamos por aquel entón case 24 horas ao día, podiamos chegar a un pavillón enfadadas entre nós por calquera bobada do día a día ou a convivencia, pero ao saltar ao campo, nada do de fóra afectaba a arbitraxe. Defendiámonos e apoiabamos ao 100%, logo xa nos botabamos a rifa no vestiario, se facía falta.

Patri Comesaña, ex-árbitra de balonmán: “A arbitraxe tivo as súas luces e as súas sombras. Hai momentos en que, se non estás de acordo con certas decisións e actitudes, tes que posicionarte”.

balonmán
balonmán

P: Por que o deixastes?

G:  Por resumir, a nosa saída do comité ten nome e apelidos dun ex directivo da Federación. A súa actitude cara a nós, tras non superar un curso de ascenso a Primeira Nacional por non pasar as probas físicas, foi demoledora as seguintes tempadas. Aínda que nos gustase ascender, como a todo o mundo, non nos importaba seguir pitando en Galicia e botar unha man para sacar as competicións territoriais adiante e así llo fixemos saber, pero creo que non lle gustou esa actitude tan pouco ambiciosa. Encantábanos pitar, pero os castigos nas designacións sucedéronse e entendemos que era o momento de abandonar antes de queimarnos máis. É curioso que alguén que no seu día dixo publicamente diante dos meus compañeiros e cito textualmente as súas palabras “Geli é o talante nas pistas, é o exemplo para seguir para o resto”, tempo despois castigárame dese xeito. Podería seguir máis anos pitando e ensinando a novas xeracións e sería igual de feliz que pitando en Primeira Nacional. Pero claramente, non o quixo entender.

P: A arbitraxe tivo as súas luces e as súas sombras. Hai momentos en que, se non estás de acordo con certas decisións e actitudes, tes que posicionarte. Facer isto, máis a suma do que comentou a miña irmá, fixo que as friccións fosen habituais e o desgaste emocional tamén. Co cal perdes o interese, a implicación e a dispoñibilidade coa arbitraxe. O colectivo arbitral só ten un equipo, se tes desacordos cos xestores, non podes irte a outro club para seguir gozando do deporte. Ao final, dalgunha maneira acaban convidándote a abandonar. Isto non é algo que nos pasara só a nós, é un mal  endémico deste colectivo en todas as comunidades. Perdeuse moito (e moi bo) capital humano nunha disciplina do deporte na que é difícil captar a atención para integrar novos árbitros. Fórmasenos e curiosamente, en moitos casos, cando o árbitro xa ten certa solvencia e recoñecemento déixaselle escapar por falta de empatía e carencia de liderado das persoas que xestionan os cargos.

Así que, despois de varias tempadas onde fun desprazando o meu compromiso co balonmán cara ao meu compromiso coa miña tese doutoral, en 2015 fun traballar á universidade en Burgos e nese momento matei á árbitra. Desde a Federación de Castela e León contactáronme para botar unha man co colectivo cando se decataron que estaba por esas terras, pero para entón o balonmán deixara de existir para min.

P: Que facedes nestes momentos?

G: Eu traballo de publicista en Pamplona. Sigo vinculada ao balonmán na Federación Navarra. Abríronme as portas hai moitos anos permitíndome pitar esporadicamente nas súas competicións territoriais. E agora que xa vivo aquí bótolles un cable facendo de anotadora- cronometradora.

balonmán
balonmán

P:  Pois despois de moitos anos vivindo xuntas, agora cada unha de nós está nun punto de España distinto. Sigo vivindo fóra de Galicia traballando como profesora en dúas universidades. Nunha delas son a directora do Grao de Publicidade e Relacións Públicas. Ademais, ocupo o meu tempo realizando produción científica e lidando cos meus alumnos.

Geli Comesaña, ex-árbitra de balonmán: “O balonmán deume moito e á vez quitoume moito. Pero dalgunha maneira é como un fío condutor que marca a miña vida. Directa ou indirectamente influíu en moitas cousas que me pasaron, por iso como deporte sempre lle vou a ter agarimo”

P: Que significa o balonmán para vós?

G: Pois foi unha etapa importante. Deume moito e á vez quitoume moito. Pero dalgunha maneira é como un fío condutor que marca a miña vida. Directa ou indirectamente influíu en moitas cousas que me pasaron, por iso como deporte sempre lle vou a ter agarimo.  Comparto a miña vida cun árbitro de balonmán en activo, – de feito tería que estar a me casar este sábado 13 con el-  fíxate se o balonmán está moi presente aínda. Pero á vez tamén hai unha espiña cravada, do que poderiamos facer neste mundo e que ao final non puido ser. Sinto que nos privaron duns cuantos anos máis gozando da arbitraxe, sen maior pretensión que divertirnos cun deporte que nos enchía. Curiosamente, non recordo en que ano colguei o chifre nin cal  foi o último partido que pitei… teño moi boa memoria, pero é coma se a miña  cabeza quixera esquecer ese momento tan triste.

P: Houbo un momento que significou unha parte moi importante da nosa vida porque gozabamos con el. Pero pola miña banda cando colguei o chifre a miña cabeza deu un envorco e é coma se o balonmán nunca existise para min. Só volvo ao balonmán e á arbitraxe  puntualmente cando me xunto con algunha desas amizades arbitrais que creamos e comezamos a lembrar batallitas. Quedo con eses momentos, que ao final, co tempo dáste conta que era o que realmente valía a pena.

Etiquetas árbitrasbalonmánComesañagalegasGeliPatri
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

por Redacción As Nosas
12/06/2025
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou no serán de hoxe a ‘Xira Galega de Balonmán...

Presentación da fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán / XUNTA DE GALICIA

Galicia acolle a fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán

por Redacción As Nosas
27/05/2025
0

  Esta tarde, ás 17:00 h, tivo lugar na Casa do Deporte de Vigo a presentación oficial do Top 8, a...

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

por Redacción As Nosas
18/05/2025
0

  O  Conservas Orbe Zendal BM Porriño queda a un chanzo do título ao perder por un só gol diante do...

O Mecalia Atlético Guardés, xogará a final da European Cup / SPORTCOECO

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño, a pola European Cup

por Redacción As Nosas
16/05/2025
0

  Todo a Europa. Esa é a aposta do Conservas Orbe Zendal BM Porriño que ten diante de si facer...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

por Redacción As Nosas
15/05/2025
0

  O Conservas Orbe Zendal BM Porriño pecha a tempada ligueira cunha derrota na casa diante dun sólido rival, o...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

15/06/2025
A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff para a preparación dos deportistas do CGTD para Los Ángeles 2028

13/06/2025
Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabiel Alén, inaugurou o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey / XUNTA DE GALICIA

As subvencións a clubs deportivos para a súa actividade acadan o máximo número de beneficiarios con máis de 1.400

13/06/2025
Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

12/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.