A xogadora canaria converteuse nun estandarte para os afeccionados do Baxi Ferrol, polo que para o corpo técnico a súa continuidade no equipo era unha prioridad e, desta forma, convértese na primeira xogadora do novo proxecto do club, no que intentarán volver loitar polo ascenso a Primera Liga Feminina.
A capitá destaca sobre a súa renovación que «quero seguir en Ferrol porque quero ascender co equipo. Este ano quédeme con moitas ganas de ir á fase e ver ata onde podiamos chegar. A tempada que vén ten que ser a nosa».
Patri Cabrera, xogadora do Baxi Ferrol: «Quero seguir en Ferrol porque quero ascender co equipo»
En canto ao que espera da nova campaña, Cabrera comenta que «espero que salga todo ben, que podamos acabar a tempada, sen lesións, sen pandemias e, sobre todo, que podamos loitar polo ascenso».

Patri Cabrera, xogadora do Baxi Ferrol: «creo que a liga perde atractivo e que tamén perderá o nivel que ha ir subindo nos últimos anos»
Sobre a reestructuración da liga, con tres grupos de catorce equipos, a canaria afirma que «creo que a liga perde atractivo e que tamén perderá o nivel que ha ir subindo nos últimos anos. Espero que co tempo que queda ata que empezo, consigan facer unha Liga 2 que sexa competitiva e atractiva, pero véxoo difícil».
















