• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

Patri Cabrera: “Atopei aquí a miña segunda casa”

A capitá do BAXI Ferrol é xa a xogadora con máis partidos como ferrolá, cun total de 178 encontros

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
07/10/2021
en Baloncesto, Liga Feminina Endesa
A capitá do BAXI Ferrol Patri Cabrera é xa a xogadora con máis partidos como ferrolá, cun total de 178 partidos / BAXI FERROL

A capitá do BAXI Ferrol Patri Cabrera é xa a xogadora con máis partidos como ferrolá, cun total de 178 partidos / BAXI FERROL

117
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • “Estou moi contenta e feliz e oxalá que cando chegue o día no que me retire sexa aquí”
  • “Se tes talento sexas muller ou home, valerás, o baloncesto é baloncesto para todo o mundo igual”
  • “Era imposible chegar a Liga Endesa e seguir gañándoo todo”

En Ferrol, o BAXI ten líder con acento canario. Patri Cabrera, capitá do primeiro equipo e adestradora nas categorías inferiores, é xa a xogadora con máis partidos ás súas costas no club galego, tendo xogado en 178 citas en seis tempadas e a que está a comezar. En As Nosas falamos con ela para repasar o seu pasado e o seu futuro no baloncesto español.

Dos jugadoras históricas del BAXI Ferrol fueron noticia en el partido de ayer por su fidelidad al club.

Patri Cabrera recibió un pequeño homenaje tras haberse convertido en la jugadora con más partidos disputados en la historia del Uni.

Que sean mucho más @patricabrera8 pic.twitter.com/9INNPU5pbL

— Baxi Ferrol (@UniFerrol) October 3, 2021

-As Nosas: Que están a significar para ti estas sete tempadas co BAXI?

Patri Cabrera: Nunca me imaxinei chegar ata aquí. Cando falei con Lino a primeira vez vin para un ano e non pensaba que ía chegar tan lonxe. Os equipos nos que estivera antes estivera máximo dous anos, salvo Gran Canaria que é o club da miña illa e por iso nunca imaxinei estar tantos anos e máis dun sitio ao que de pequena non quería vir porque chovía moito. Atopei aquí a miña segunda casa e estou xenial aquí.

-As Nosas: Cales foron os momentos máis especiais que viviches co BAXI?

Patri Cabrera: Esta é difícil. Non sabería dicirte. Desde que vin aquí viuse unha melloría enorme en canto á afección. Recordo xogar en Esteiro con 300 persoas e agora hai mil e pico socias. Gustoume vivir ese cambio na afección. Volvimos ilusionar á xente facendo boas tempadas, meténdonos en playoff e na Copa da Raíña e creo que iso foi algo moi importante para o club.

Patri Cabrera: “Recordo xogar en Esteiro con 300 persoas e agora hai mil e pico socias”

-As Nosas: Como definirías en poucas palabras a túa vinculación co BAXI?

Patri Cabrera: Compromiso, diversión e traballo. 

-As Nosas: Ademais de capitá e xogadora do primeiro equipo, adestras en categorías inferiores, así que a túa implicación co club é total.

Patri Cabrera: Fai creo que catro anos había un equipo da base que non tiña adestrador e eu viña co nivel 1, dixéronme se quería meterme como adestradora e a verdade é que pouco a pouco foime gustando. Agora levo adestrando todos os anos, xa vou para cinco.

Gústame moito e sigo formándome, e nunca se sabe, se cando deixe o baloncesto serei adestradora, se serei criminóloga, que tamén o estou estudando. O futuro xa se verá, pero polo de agora estou moi contenta e moi agradecida de que o club me deixe formar parte da base.

Patri Cabrera, xogadora do BAXI Ferrol / FEB
Patri Cabrera, xogadora do BAXI Ferrol / FEB

-As Nosas: Teremos a Patri Cabrera no BAXI incluso despois de finalizar a túa carreira como xogadora?

Patri Cabrera: Iso nunca se sabe. Creo que a Lino aínda lle quedan moitos anos aquí. Non pensei aínda en retirarme, entón non empecei a pensar máis aló. Gustaríame? Por suposto. Aquí estou moi contenta e feliz e oxalá que cando chegue o día no que me retire sexa aquí e poida ter esa oportunidade de estar ao lado de Lino ou de quen estea nese momento.

-AN: Aínda no deporte feminino, é pouco habitual ver adestradoras femininas.

PC: Este verán tiven o curso superior en Zaragoza e foi o ano que máis adestradoras se presentaron ao curso e eramos 17 de 180, así que creo que aínda queda un longo percorrido. Ao final é que nos dean as oportunidades, porque a formación a temos, o talento tamén está aí e despois aproveitar as oportunidades que nos dean e dar un paso á fronte.

Creo que pouco a pouco verase máis a figura da muller adestradora, que as hai, pero non se lles da a visibilidade que teñen os homes a día de hoxe. Isto non depende do xénero, da igual adestrar a un equipo masculino ou feminino, se tes talento sexas muller ou home, valerás, o baloncesto é baloncesto para todo o mundo igual.

Patri Cabrera seguirá co BAXI Ferrol / UNI FERROL
Patri Cabrera seguirá co BAXI Ferrol / UNI FERROL

-AN: Unha das túas señas de identidade son os triplos. Chegaches a superar o récord de triplos nun partido, e tamén o fixo o BAXI, como equipo.

PC: O meu récord conseguino co Gran Canaria. Aquí vin sen pensar cantos anos podería estar aquí e cantos triplos podería meter e o xogo de Lino beneficia moito ás xogadoras coma eu, que somos tiradoras. O equipo se indentifica porque xogamos moi abertas e calquera xogadora pode tirar e somos unha ameaza desde fóra.

-AN: A nivel persoal puideches participar no concurso de triplos da ACB hai algúns anos, que significou para ti?

PC: Foi un soño porque cando era pequena e vin a Rosi Sánchez participar nese concurso e sempre dixen que me gustaría chegar aí. Cando me chamaron a primeira vez alucinei porque non mo esperaba. Foi incríble.

Ademais tiven a sorte de ir dúas veces, a primeira foi en Gran Canaria, na miña terra, e iso foi espectacular. Ata o día antes tiven un susto porque me deu un cólico nefrítico e era dúbida para participar pero ao final ese mesmo día atopábame ben e participei e cheguei á final. Para min foi un soño e volver repetilo aquí en Santiago foi incríble.

-AN: Daquela houbo unha polémica cun comentario que se lle fixo a un xogador dicíndolle que tiraba como unha moza, e ti es as proba de que iso non é ningún insulto.

PC: Está claro. Iso foi antes do concurso e desde aquí coa miña compañeira Carmen que xa se foi do BAXI, e con Ana Suárez decidimos facer un vídeo. Ao final foi a resposta en Twitter a ese comentario que estivo moi desafortunado.

As xogadoras do BAXI Ferrol celebra o ascenso á Liga Endesa / ALBERTO NEVADO - FEB
As xogadoras do BAXI Ferrol celebra o ascenso á Liga Endesa / ALBERTO NEVADO – FEB

-AN: Volvendo ao presente, falemos sobre o momento deportivo do BAXI. Recentemente perdíchedes a incríble consecución de vitorias.

PC: Estamos moi tranquilas porque era algo que xa sabiamos. Era imposible chegar a Liga Endesa e seguir gañándoo todo, estaba claro que hai que volver adaptarse a esta liga, que é unha liga moito máis dura, máis física. Estamos traballando moi ben e en liñas xerais estamos moi contentas. Somos conscientes de que hai erros nos partidos, pero son erros nos que seguimos traballando. Non queda outra que traballar moitísimo e ir a por todas en cada partido.

Patri Cabrera: “Era imposible chegar a Liga Endesa e seguir gañándoo todo”

-AN: Como prevés esta tempada?

PC: A verdade é que non o sei. Encantaríame que nos menos partidos posibles consigamos a permanencia e logo xa se verá. Iso ten que ser o camiño a seguir, logo o que teña que vir virá. Non temos posta ningunha meta e ningún obxectivo salvo traballar e seguir mellorando e intentar gañar todo o posible.

Etiquetas baloncestobasketbaxiBaxi FerrolFerrolLF EndesaLiga Feminina EndesaPatri Cabrera
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Canastra baloncesto / SABELA MOSCOSO

Paso adiante do Maristas Coruña e do Mariscos Antón Cortegada na xornada 12 da LF2

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

  O Maristas Coruña asinou unha contundente vitoria na casa fronte ao Smartlog Ointxe (87-64), mentres que o Mariscos Antón...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge e está adestrado por Cristina Cantero / CELTA BALONCESTO IG

Nova vitoria do Celta Femxa Zorka (74-57)

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka sumou a súa décima vitoria consecutiva da tempada fronte ao Domusa Tecnik ISB (74-57), aínda que...

O C.B. Arxil milita na LF2 / C.B. ARXIL IG

Mala sorte para os galegos na 11.ª xornada da LF2: Mariscos Antón Cortegada, Maristas Coruña e CB Arxil caen

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

A xornada 11ª estivo marcada por malos resultados acadados polos tres conxuntos galegos que compiten na LF2. O Mariscos Antón...

AD Cortegada, LF2/ AD CORTEGADA IG

Os equipos galegos deixan o seu selo na LF2 coas vitorias do Maristas (77-65) e o Cortegada (70-64) e a derrota do Arxil (77-68)

por Redacción As Nosas
09/12/2025
0

  Foi unha xornada de contrastes para os equipos galegos presentes na Liga Femenina 2 (LF2). O Maristas Coruña continúa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.