• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

Lorena Patiño, Carlos Candal, María Filgueiras, Sergio Calvo, Laura Mira e María Jesús Coya, vencen na proba do Rosal no autonómico de fondo en estrada 2023

Seis ciclistas colgáronse medallas de ouro este domingo, nas súas respectivas categorías, no último Campionato de Galicia de Estrada do ano 2023

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
12/07/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Podio do Campionato Galego de fondo de estrada celebrado no Rosal en 2023 / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Podio do Campionato Galego de fondo de estrada celebrado no Rosal en 2023 / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

204
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A localidade pontevedresa do Rosal acolleu o autonómico de fondo en estrada, unha cita na que só repetiu título respecto á temporada anterior a cadete Lorena Patiño (XSM). As outras cinco coroas que se puxeron en xogo no percorrido polo Baixo Miño conquistáronas o cadete Carlos Candal (Cambre-Renault Caeiro), a júnior María Filgueiras (XSM), o júnior Sergio Calvo (Eolo-Kometa), a Sub-23 Laura Mira e a elite María Jesús Coya (Kiwi Atlántico-Louriña).

O Alto da Portela exerceu de xuíz nas tres carreiras de fondo en estrada que se disputaron baixo a organización do Club Ciclista O Rosal. A xornada comezou coa proba cadete masculina, que ofrecía un percorrido de 58 quilómetros e estivo marcada por unha fuga de dous corredores. Na primeira das tres voltas a un circuíto que transitaba polo Rosal e A Guarda, abandonaron a disciplina do pelotón Carlos Candal e Lucas Otero (Compostelano – Muebles Compostela).

Este dúo chegou destacado á única ascensión á Portela, co seu cumio a 4 km da meta, onde o representante do Cambre – Renault Caeiro soltou ao da formación santiaguesa e antes de coroar uníuselle o seu compañeiro de equipo Diego López. Os dous ciclistas do conxunto amarelo presentáronse na chegada á Praza do Calvario con marxe suficiente para festexar o ‘dobrete’ da súa escuadra e Carlos Candal entrou por diante. O podio completouno Diego Souto (Vigués) ao encabezar o grupo perseguidor.

Lorena Patiño, refrenda o título cadete

Sobre a mesma distancia desta proba de estrada competiron a continuación as cadetes, as juniors e as masters. Esta carreira feminina estivo marcada polas constantes alternativas, con varios equipos buscando lanzar corredoras por diante, e decidiuse na subida ao Alto da Portela.

O XSM impuxo o ritmo e a roda da súa cadete Lorena Patiño, defensora do título, só a puido seguir outra corredora da mesma categoría, Alejandra Neira (Cambre – Renault Caeiro).

O duelo entre as dúas cadetes decantouse a prol da marinense grazas a un ataque na aproximación á Praza do Calvario e a do XSM sumou o seu segundo Campionato de Galicia de fondo en estrada na mesma fin de semana posto que na véspera se adxudicara o de Cross Country Olímpico en Outeiro de Rei. A medalla de bronce obtívoa Ivet Ivanova (Cambre – Renault Caeiro).

María Filgueiras, campioa júnior

A terceira en cruzar a liña de meta foi María Filgueiras e fíxoo cos brazos en alto como nova campioa júnior. A miñesa outorgoulle ao XSM un segundo triunfo e na imposición da camisola da Federación Ciclismo Galego (FCG) estivo escoltada por Lara Fuentes (Cambre – Renault Caeiro) e Aroa Otero (Supermercados Froiz), segunda e terceira respectivamente.

En canto ás masters, que non optaban aos títulos autonómicos porque non se alcanzou o mínimo de participantes esixido, venceron Rosa Marques (Melgaço) no grupo de idade de 50 anos, Montse Constenla (San Lázaro) no de 40 e Iria Nieto (Compostelano – Muebles Compostela) no de 30.

A xornada de ciclismo no Rosal pechouse coa proba raíña, na que compartían pelotón as elites, as sub23 e os juniors. As mulleres afrontaron un percorrido idéntico ao das categorías que rodaran anteriormente. A vitoria entre as elites correspondeu a María Jesús Coya por diante de María Jesús Barros (Team Oiense), mentres que nas sub23 dominou Laura Mira (Team Farto – BTC), campioa júnior no 2022.

Máis quilómetros, un total de 111, acumularon nas súas pernas os juniors. A carreira que incluía tres subidas á Portela saldouse cunha exhibición individual. Correndo como único representante do seu equipo, Sergio Calvo reaccionou en solitario para dar caza a unha escapada de oito unidades que chegou a superar os 2 minutos de vantaxe.

Unha vez alcanzado o grupo de fugados, o ciclista da Rúa asumiu a iniciativa e na última ascensión descolgou a todos os seus acompañantes para terminar gañando con 1 minuto e 16 segundos de vantaxe. A recompensa da medalla de prata obtívoa Juan Núñez (Cambre – Renault Caeiro) e coa de bronce fíxose Iván Blanco (Padronés – Cortizo).

A alcaldesa Ánxela Fernández asistiu a unha entrega de premios desta proba de fondo en estrada na que tamén participaron José Carlos Martínez, concelleiro de Deporte do Rosal; Aser Estévez, concelleiro de Educación e Eventos Deportivos da Guarda; Gerardo Álvarez, presidente de honra do Club Ciclista O Rosal; Alberto Sobrino, actual presidente do club organizador; e por parte da Federación Ciclismo Galego (FCG) o seu presidente Juan Carlos Muñiz e o directivo Óscar Sánchez.

  • Consulta aquí as clasificacións da proba do Rosal do campionato autonómico de ciclismo en estrada 

Etiquetas Alejandra NeiraAroa oteroCambre - Renault CaeirociclismoFCGIria NietoKiwi Atlántico-LouriñaLara FuentesLaura MiraLorena PatiñoMaría FilgueirasMaría Jesús BarrosMaría Jesús CoyaMontse ConstenlaRosa MarquesSupermercados FroizXSM
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

No podio da IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor que se integra na Copa de Galicia de XCM estiveron Lara Lois, Mar Delgado e Raquel Román / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Lara Lois e Ángel Maneiro, vencen na proba de Piñor da Copa Galicia XCM

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Lara Lois impúxose con claridade ás súas rivais na IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor. A proba...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.