• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGO
Inicio Opinión

PariPeke?

Fran García

Fran García por Fran García
15/10/2020
en Opinión
72
COMPARTIDOS
138
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Este verán a palabra paripé estivo en boca do deportivismo. Foi a escollida por Álex Bergantiños para definir no seu momento o partido aprazado da última xornada de liga ante o Fuenlabrada e, de xeito acertado, o club utilizouna para referirse a ese encontro nos seus comunicados. Agora semella que estamos a vivir un novo paripé coa non convocatoria de Ainize Barea ‘Peke’ coa Selección Española despois de estrearse como internacional na pasada citación.

Podería ser unha situación cotiá no fútbol, podería ter que ver con estados de forma, lesións… Podería, si, pero permitídeme que o dubide. Penso que estamos a asistir a outro paripé, neste caso creado polo seleccionador español, Jorge Vilda, que non soubo ou non quixo saber como xestionar a boa campaña xestada polo Deportivo Abanca no ano do seu debut na Primeira Iberdrola.

Jorge Vilda non soubo ou non quixo saber como xestionar a boa campaña xestada polo Deportivo Abanca no ano do seu debut na Primeira Iberdrola.

Nas últimas convocatorias do combinado nacional da pasada temporada o mundo do fútbol clamaba ante a ausencia na lista de xogadoras branquiazuis. Tere Abelleira, Peke, Sullastres, Nuria Rábano, María, Misa ou Athenea, entre outras, fixeran méritos máis que de sobra para obter ese premio. Vilda non o vía así.

Todo mudou tralo mercado de verán. Tere e Misa abandonan A Coruña para fichar polo Real Madrid, que chegaba oficialmente á competición. Vilda decide que, a pesar do parón polo Coronavirus e a ausencia de partidos nos que demostrar a súa valía, estas dúas xogadoras agora si que merecen vestir a camiseta da selección. E… sorpresa! Tamén ‘Peke’!

Tere, Peke e Misa, coa Selección Española / RFEF
Tere, Peke e Misa, coa Selección Española / RFEF

Algo comezaba a cheirar mal pero a boa nova e a ilusión da dianteira deportivista pola súa convocatoria para o encontro ante Moldavia clasificatorio para a Eurocopa 2020 disipaban eses nubarróns. A tormenta chegaría ao final dos 90 minutos, España derrotaba por 0-9 a Moldavia e, para sorpresa de todos, as tres debutantes non dispoñían de ningún minuto a pesar de parecer un contexto propicio para a súa estrea. Había que agardar.

O martes Vilda citaba a 23 futbolistas para enfrontarse á República Checa. Na lista están Misa e Tere pero non ‘Peke’. E eu pregúntome… Ocorreu algo tan relevante nestas dúas xornadas de liga para que as agora madridistas si merezan outra oportunidade e a deportivista non? Pode que segundo o club no que milites teñas máis opcións? E, se isto é así, pode que a primeira convocatoria fose un paripé e o seleccionador incluíse a Peke e as deixase ás tres sen minutos para non dar esa sensación?

Ocorreu algo tan relevante nestas dúas xornadas de liga para que as agora madridistas si merezan outra oportunidade e a deportivista non?

Son preguntas que quizás nunca teñan respostas pero, como en case todo, o tempo dará ou quitará razóns. Ogallá que Tere e Misa debuten e lles vaia moi ben porque o teñen máis que merecido. E ogallá que Peke non teña que eliminar as barras azuis da súa camiseta para merecer a atención do seleccionador.

En definitiva, ogallá isto non sexa un PariPeke.

Etiquetas AbelleiraDépor ABANCAFran GarcíaMisaopiniónPekeRC DeportivoSelección españolaTereVilda
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Fran García

Fran García

Fran García (As Pontes, 1991). Graduado en Xornalismo pola Universidad de Santiago de Compostela (USC) e másters de Xornalismo Deportivo e Dirección de Marketing Dixital. O seu primeiro contacto co mundo do xornalismo deportivo foi como colaborador na web dedicada ao RC Deportivo de la Coruña Riazor.org. Actualmente, xestiona gabinetes de comunicación institucionais en Ártabra Comunicación. Antes, traballou na delegación de Ferrol da Voz de Galicia, no departamento de comunicación de Gol Televisión en Barcelona, e no departamento de prensa da Federación Galega de Fútbol.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Selección Galega de fútbol Sub-17 / RFGF

Coñécense horarios e rivais das Seleccións Galegas Sub-15 e Sub-17 femininas no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Selección Galega de fútbol Sub-17 / RFGF

Coñécense horarios e rivais das Seleccións Galegas Sub-15 e Sub-17 femininas no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

28/11/2023
Teresa Abelleira chegando á concentración de España / RFEF

España empeza a súa concentración para preparar a UEFA Women’s Nations League con Teresa Abelleira nas súas filas

27/11/2023
Inauguración en Pontevedra da exposición 'A viaxe cara a estrela' sobre a Selección Española / RFGF

Inaugurada a exposición “A viaxe cara a estrela”, sobre a Selección Española, no Edificio Castelao de Pontevedra

24/11/2023
Mesa redonda con Rafael Alonso Martínez, Miguel Juane Sánchez e  Yago Casal Mera / UFEDEGA

UFEDEGA organizou unha xuntanza do deporte federado galego no Vero Boquete

23/11/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.