O Durán Maquinaria Ensino xa non contará coa xogadora Paola Ferrari no seu plantel. A baloncestista paraguaia volve ao seu país natal por motivos familiares e non competirá co club galego no que resta de tempada.
O conxunto lucense fixo pública a súa comprensión e declara que a xogadora terá as portas do equipo abertas para o futuro. Así mesmo, nun comunicado, o Ensino agradécelle “o seu compromiso e profesionalidade durante o tempo que estivo con nós, esperando que a situación persoal e familiar se solucione da mellor forma posible”.
A escolta chegara ás filas lucenses hai menos dun mes, tras rematar o seu contrato co Tenerife.