Pablo Prieto Perille foi aclamado este luns como presidente da Real Federación Galega de Fútbol pola nova Asamblea Xeral que unha vez constituida deu o seu respaldo unánime a Prieto, que foi o único candidato que se presentou ás eleccións á presidencia.
Deste xeito a RFGF dalle continuidade a un proxecto iniciado por Rafael Louzán a principios de 2015 e que foi continuado por Pablo Prieto unha vez que Louzán foi elixido presidente da Real Federación Española de Fútbol. Agora, o ferrolán será presidente logo de superar con matrícula de honra un proceso electoral no que contou co respaldo unánime de todo o fútbol e o fútbol sala de Galicia, tal e como informan desde a RFGF.
Ver esta publicación en Instagram
Pablo Prieto, dirixiuse aos asambleístas nunha primeira intervención como presidente provisional, posto que agora ábrese un prazo dunha semana para a presentación de posibles recursos e será o 7 de xullo cando será proclamado oficialmente presidente e tomará posesión do cargo.
No seu discurso aproveitou para dar as gracias a todos os clubs, futbolistas, árbitros e adestradores que lle mostraron o apoio e “o meu equipo directivo por acompañarme neste proceso”. Quixo tamén acordarse de Rafael Louzán “pola confianza depositada na miña persoa e polo legado que nos deixou”.

E aproveitou igualmente para esbozar brevemente as liñas maestras do seu proxecto de cara a este ciclo 2026-2030 no que presidirá a RFGF.
Liñas presentadas por Pablo Prieto para este mandato:
- A búsqueda da excelencia das competicións
- A creación dunha área deportiva propia da Federación Galega
- A mellora das instalacións nas delegacións federativas e na atención sanitaria que se presta a través da Mutualidad
- A continuidade da aposta pola inclusión a través do proxecto A Nosa Champions, que se extenderá ó fútbol Praia
- A loita contra a violencia no fútbol co endurecemento das sancións e a posta en marcha de campañas de concienciación
- O mantemento das liñas de axudas destinadas ós clubs e incluso o incremento das mesmas a partir da implantación do Portal do Federado na tempada 27-28
- A aposta pola organización de grandes eventos que aporten valor á RFGF e ó fútbol galego
- A aposta pola formación e polo crecemento do fútbol e do fútbol sala femininos
Pablo Prieto rematou insistindo nos agradecementos e poñendo en valor a forza do fútbol e do fútbol sala de Galicia.






















