• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Máis Deporte Atletismo

Ourense prepárase para acoller o Campionato de España máster

Esther Pedrosa será unha das protagonistas da cita á que tamén acudirán María de los Angeles Rodríguez, Emilia Mesa, Felicia Tilea, Cristina Estévez ou Luz María Domínguez

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/11/2021
en Máis Deporte, Atletismo
Ourense prepárase para acoller o Campionato de España máster / FGA

Ourense prepárase para acoller o Campionato de España máster / FGA

121
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Ourense será novamente escenario, como xa fixera na edición do ano 2019, da disputa do Campionato de España de Pista cuberta onde se darán cita máis de mil atletas e seguidores por xornada achegados de todas as Comunidades do Estado. Tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla non estarán representadas nesta importante cita.

Entre as participantes galegas destacan nomes como Esther Pedrosa, quen recentemente vén de batir dous récords mundiais, e os de María de los Angeles Rodríguez, Emilia Mesa, Felicia Tilea, Cristina Estévez e Luz María Domínguez.

Segundo informa a Federación Galega de Atletismo, por número de participantes, Galicia será a Comunidade que máis atletas presente cun total de 219 seguida de Madrid con 181 e de Catalunya cun total de 120.

Esther Pedrosa: “Tiven os obxectivos moi claros sempre”

Participación galega destacada

Desde a inauguración do sintético cuberto, un total de sesenta e nove probas teñénse disputado nel poñendo de manifesto en todas e cada unha delas a excelente calidade do material cuxos resultados a nivel de rexistros e marcas é notorio. Por elo, Ourense estase a convertir nunha cita competitiva moi solicitada de todos aqueles atletas que veñen na procura dun bo rexistro ou da consecución dalgunha mínima.

No que respecta á participación galega, a protagonista será a plusmarquista mundial nos 3.000 metros e 800 metros, Esther Pedrosa. O sensacional estado de forma da santiaguesa fai pensar que algún importante rexistro podería producirse tendo a oportunidade de logralo, ademáis de sobre as probas xa citadas, sobre os 1.500 m.

A maiores tamén poderemos seguir as actuacións do campión máster mundial Juan Manuel Morales do Marineda sobre os 3.000 marcha; a do subcampión mundial de media marathon Rubén Diz do Ourense Atletismo nos 1.500 e 3.000 m. ou a da Subcampioa mundial María de los Angeles Rodríguez da Atlética A Silva quen estará concursando en peso, 800 m. e 1.500 m.

Continuando na categoría femenina, a atleta Emilia Mesa do Ourense Atletismo será outra das participantes importantes nesta edición. A máster ourensá, plusmarquista nacional en pista cuberta das modalidades de peso F60 e F65 estará toma ndo parte sobre este mesmo concurso.

Sen abandoar o círculo de lanzamento de peso, outra non menos importante presenza será a da xavelinista F55 e tetra olímpica rumana, afincada dende fai varios lustros en Galicia, Felicia Tilea, quen aportará calidade e talento a este evento.

De igual modo sobre o recinto de Expourense teremos a varios galegos e galegas intentando reeditar o título de campións de España logrado o ano pasado na pista cuberta de Antequera. Entre eles os atletas do Celta Miguel Gómez sobre os 60 m. e nos 400 m., Fernando Paredes no concurso de peso e Cristina Estévez na lonxitude e no pentathlon; Carlos Ferrer do Atletismo Narón defenderá os seus títulos de pentathlon e valos así como Luz María Domínguez do Burgas Ourense farao sobre os 200 m, 400 m. e 800 m.

A gran ausencia será a de Pepín Rioseco, quen conta nada menos que con once récords internacionais, pero non poderá competir por mor dunha pequena lesión.

O mellor atletismo mundial en Ourense

No resto de atletas doutras comunidades, destacan as presencias xa confirmadas dalgunhas das grandes atletas do momento como Rosa Escribano do Playas de Castellón quen acredita máis de once récords europeos e mundiais na modalidade de combinadas, e quen estará tomando parte nas probas de 200 m. 60 valos e altura.

Outro dos destacados nesta cita nacional cuberta será o atleta madrileño M85 Manuel Alonso Domingo quen posúe nada menos que máis de 14 récords internacionais e a quen o poderemos ver desenvolvendo as probas tanto dos 800 m. como a dos 1.500 m.

A valenciana Eva Gadea buscará na categoría W50 unha mellora do seu récord mundial en triplo, ao igual que sobre a proba de marcha fará o propio o madrileño Juan Antonio Cuadrillero

A maior presenza feminina da historia do Campionato máster

A participación das mulleres cada vez é mais numerosa, representando nesta edición un 36% do total de atletas sendo esta a cifra máis altas da historia. En canto a clubs, un total de 217 estarán representados e donde por número de inscritos o Club Atletismo Sada (con 29) lidera esta clasificación, seguido del Playas de Castellón (22), Atletismo Samertolameu (16), Track Cross Road Team (14), Club Atletismo Narón e Ourense Atletismo (13) e Barcelona At. (11).

Horarios

A entrada será de balde ao público, atendendo á normativa actual vixente en Galicia respecto aos protocolos COVID-19, cunha capacidade total de 1200 persoas por sesión.

Os horarios de competición repártense da seguinte forma:

Venres 26 (de 16:30 h a 20:25 h),
Sábado 27 (de 9:30 h a 13:55 h e de 17:00 h a 21:18 h)
Domingo 28 (de 9:00 h a 14:25 h).

O campionato será retransmitido integramente por streaming a través da canle de Youtube da Federación Galega de Atletismo

Etiquetas atletismoFEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMOFGAourenseOurense Atletismo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
11/05/2025
0

  Facundo Medard e Alba Raso gañaron a XVI Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, terceira proba...

Paula Ginzo e Menor na Deputación de Ourense | Imaxe: Deputación de Ourense

Paula Ginzo é recibida polo presidente da Deputación de Ourense tras os seus éxitos máis recentes

por Martín Pais
07/05/2025
0

A xogadora de baloncesto internacional Paula Ginzo, actualmente nas filas do C.B. Jairis, foi recibida esta mañá polo presidente da...

A xuíza de atletismo galega Beatriz Rivas vén de ser recoñecida pola RFEA como a mellor do ano 2024 / ATLETISMO GALEGO

A galega Beatriz Rivas, elixida mellor xuíz anual RFEA 2024

por Redacción As Nosas
03/04/2025
0

  Beatriz Rivas, membro do Comité Galego de Xuíces (delegación da Coruña), foi elixida polo Comité Nacional de Xuíces (CNJ)...

Podio do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na modalidade de Classic / ATLETISMO GALEGO

María Platero e Alexandre Otero, logran o Campionato Galego de Trail Running Classic

por Redacción As Nosas
18/03/2025
0

A atleta independente María Platero cun tempo de 3h.12:20 e o deportista Alexandre Otero do S.B Barbantia con 2h.27:50 proclamaronse campións...

O Campionto de España de Atletismo Sub-16 short track 2025 celebrouse en Expourense / RFEA

Ourense acolleu o Campionato de España Sub-16 indoor de atletismo

por Redacción As Nosas
17/03/2025
0

A pasada fin de semana tivo lugar en Expourense o Campionato de España indoor Sub-16 de atletismo no que o...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

11/05/2025
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA continuará na elite do fútbol feminino nacional

11/05/2025
Hockey Club Coruña Feminio (HCCF) vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O HCCF suma a súa quinta derrota consecutiva ao perder 0-2 co CP Vila-Sana

10/05/2025
A padexeira Tania Álvarez / XUNTA DE GALICIA

Daniela Suárez e Tania Álvarez, Premio Carreira Dual do CSD

09/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.