• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Ourense Ontime FSF redeseña o seu escudo e incorpora unha flor de toxo con moito significado

A ponte romana, as augas termais, os ríos e a bandeira galega son outros dos elementos que integran este novo escudo do club galego | A resilencia, a fachenda, a identidade, a fortaleza e o feminismo están na simboloxía dos diferentes elementos desta nova imaxe

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/07/2025
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Novo escudo do Ourense Ontime FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

Novo escudo do Ourense Ontime FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

194
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Na nova imaxe do Ourense OnTime FSF faise un redeseño do escudo da entidade no que se incorpora unha flor de toxo sobre unha ponte romana. Hai tamén referencia ás augas termais, aos ríos e a bandeira galega. Fálase desde o club de que “o poder da resiliencia e da sensibilidade únense no noso novo corazón”. Hai nos elementos que a conforman a intención de que se recolla o simbolismo de cuestións como a xa citada resilencia, pero tamén a fachenda, a identidade, a fortaleza e o feminismo.

O Ourense OnTime FSF deu a coñece a súa nova imaxe nas redes sociais da entidade ourensá a través dun vídeo que explica a motivación da incorporación da chorima, desa flor de toxo. Nos cancelos nas redes súmanse tamén lemas como #100x100Toxo #florDeToxo.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Ourense Ontime FSF (@ourenseontimefsf)

Tal e como explican nesta publicación desde o Ourense OnTime FSF o que presentante vai máis aló “dunha simple imaxe. Presentamos un símbolo que latexa con forza, historia e verdadeira identidade. O noso novo escudo representa quen somos e cara a onde queremos ir. Mantemos as cores azuis que nos define, pero engadimos elementos que falan da nosa terra, a nosa cultura e a nosa esencia”.

A ponte romana, os ríos, as augas termais e o toxo

Explican que á imaxe súmaselle a ponte romana coma “unha testemuña silenciosa da nosa historia que nos veu nacer”. Outro dos elementos que se observan na nova imaxe son as augas termais e os ríos, coma “símbolo de vida, renovación e esperanza”.

A bandeira galega tamén ten presenza como “fachenda e raíz da nosa identidade”. Pero o corazón do escudo reside nesa chorima, nesa flor de toxo que é un “emblema de resistencia, fortaleza e feminismo”.

Lembran na súa explicación da elección deste elemento, que “o toxo é un arbusto galego que medra nos terreos máis difíciles, soporta o frío, a seca, e protéxese coas súas espinas. É unha planta resistente que simboliza a loita e a protección”. E logo a flor do toxo, a chorima, é a antítese por ser delicada, sensible, bela pero á vez forte. Reflicte as nosas deportistas que loitan por conseguir os seus soños, que protexen e protéxense, que teñen fortaleza e sensibilidade a un tempo”.

Por iso no Ourense OnTime FSF sosteñen que este novo escudo é unha homenaxe “a esa dualidade, a esa forza e sensiblidade que nos define como equipo e como comunidade. É un símbolo de resilencia, esperanza e orgullo galego”, explican.

Un traballo conxunto de Bea Seijas e Marta Figueiredo

Na elaboración desta nova imaxe para o Ourense OnTime FSF está, unha vez máis, a man de Bea Seijas. Esta  deseñadora gráfica, que asina os seus traballos como Bea Seijas Diseño, desempeñou diferentes roles no club entre dos máis coñecidos están o de xogadora e adestradora, pero hai anos que se encarga da imaxe da entidade. Diferentes campañas levadas a cabo nos últimos anos no Ourense OnTime FSF levan a súa sinatura, e destacan pola súa orixinalidade, sentimento, compromiso e transmisión de valores.

Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Sumóuselle desta volta tamén outro alicerce da entidade ourensá, Marta Figueiredo que se encargou da gravación do vídeo promocional, pero que tamén aportou ideas para significado aos elementos que finalmente conformaron o escudo. A suma das mentes destas dúas futbolistas, alicerces do club que levan anos ligadas á entidade, que teñen, en ambos os dous casos, sensibilidades artísticas (Marta Figueiredo é Licenciada en Percusión e fai da música a súa outra pasión lonxe das pistas de futsal). E no caso de Bea Seijas o deseño gráfico leva tamén anos sendo parte da súa traxectoria profesional.

Xuntas idearon a base á que desde o estudio Bea Seijas Diseño se lle deu forma e se elaborou como unha identidade gráfica robusta na que se poida ver reflectida unha entidade coma historia, presente e futuro do Ourense OnTime FSF.

A voz en off da peza audiovisual vai por conta de Montse Estévez. Neste vídeo explícase:

“Nacemos dunha terra de pedra quente e man con callo, de fontes que curan, de ríos que abrazan. Un lugar onde a calor sae do chan e tamén do corazón. Terra de carácter bravo de néboas e lume. Coma o toxo abrímonos paso con forza.

Firmes, en pé. Por que no noso corazón late Galicia. Coma o toxo que resiste e florece sen pedir permiso.  Bravas, forte e valentes, florecendo xuntas”.

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

Etiquetas Bea Seijasfútbol salaMarta FigueiredoOurense OnTime
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.