• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Ourense Envialia saca a xogar ‘A forza do lobo’ e tira da manda

A camiseta desta tempada, "a nosa nova pel", rememora de xeito positivo os golpes recibidos o pasado curso en forma de lesións e pon en valor o poder que ten o grupo dentro do bloque que adestra Gonzalo Iglesias 'Morenín' | Cada camiseta vendida suporá, ademais, unha doazón á protectora de animais Arume do Carballiño | O deseño é de Bea Seijas

Silvia Carregal por Silvia Carregal
03/11/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Camiseta do Ourense Envialia #AForzaDoLobo / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

Camiseta do Ourense Envialia #AForzaDoLobo / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

117
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Din que “A forza do lobo está na manda”. O Ourense Envialia xoga con esa idea para explicar a súa resiliencia como grupo o pasado curso no que as lesións castigaron ao equipo. Agora a camiseta do conxunto ourensá, á que chaman xa “A nosa nova pel”, serve para rememorar o feito partido a partido e para reconducir, de xeito positivo, os ‘golpes’ recibidos a pasada tempada na que as xogadoras ían caendo lesionadas unha tras outra.

O Ourense Envialia xa nos teñen acostumadas a que as súas camisetas cada tempada son moito máis ca unha prenda deportiva para defender unhas cores. Os seus lemas de campaña e os porqués das súas elásticas esconden sempre algo máis. Xa vos temos falado da súa camiseta feminista, de cor lila e na que o nome das xogadoras que aparece impreso nas costas é o apelido da nai.

Desta volta a equipación das ourensás bota a mirada atrás para aprender do vivido e facerse máis fortes como grupo. O lema é xustamente #AForzaDoLobo e as camisetas levan impresa a frase “A forza do lobo está na manda” envolvendo a silueta de varios destes animais nas cores do club, lila, azul e laranxa. Os lobos semellan ouvear cara ao ceo.

"A forza do lobo está na manda" / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO
“A forza do lobo está na manda” / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO
O deseño leva a sinatura un ano máis da ex xogadora e agora adestradora do filial Beatriz Seijas, a través da súa empresa de deseño gráfico Bea Seijas Diseño Gráfico. A produción da equipación é de Altiusport.

“É unha homenaxe á nosa forza”, din desde o Ourense Envialia

Segundo explican desde o club o pasado curso tivo “malos momentos, lesións, confinamentos, situacións moi difíciles”. Por iso no Ourense Envialia quixeron que a súa “primeira equipación fose unha homenaxe á nosa forza da tempada pasada, a todas e cada unha das persoas que “sufriron” e traballaron con nós para superarla… GRACIAS”.

O tempo transcurrido nos meses que durou a campaña 2020-21 foi unha espazo de tempo que puxo a proba a toda sociedade por ter coincidido cun momento álxido da pandemia de COVID-19.

Para o deporte, como para outras actividades, foi unha tempada do máis inusual, accidentada e chea de incertezas. No caso do Ourense Envialia, o curso deportivo puxo aínda máis a proba se cabe a fortaleza do grupo como colectivo. No club falan exactamente neses termos “unha tempada que nos puxo a proba”, pero da que tamén din que saíron “vitoriosas”.

“Se cae unha, está a outra”. A que fala é Laura Uña que se expresa así no vídeo no que explican os motivos que deron lugar a sacar a camiseta #AForzaDoLobo.

Como apuntan no vídeo “A manda é un conxunto de individuas unidas en favor da protección de cada unha delas”.

Iria Saeta: “A forza do grupo está por encima de todo”

O certo é que aquí neste bloque que adestra desde hai anos Gonzalo Iglesias, Morenín, non hai alfa que se impoña ao resto. Nin sequera Marta Figueiredo a gran capitá. Unha muller con calidade futbolística contrasdada, chea de carisma, entusiasmo, enerxía, vitalidade e unha alegría que contaxia grazas ao seu sorriso sempre presente. Non. Tampouco ela é máis ca manda.

“A forza do grupo sempre estivo por encima de todo”, explica Iria Saeta. “As que se lesionaban sempre estaban aí, apoiando”, di a futbolista galega. A cancerbeira Vane Barberá insiste na idea base que queren transmitir con esta camiseta: “sabemos o importante que é a fortaleza do grupo”.

Teño para min que unha manda é moi diferente dun rebaño. Na manda hai individuas que toman decisión por si mesmas e optan por ser fortes dentro do grupo sen perder a súa personalidade. Nesta manda do Ourense Envialia, por exemplo, respírase sororidade, resiliencia e amizade. Son fortes por separado, pero xuntas, moito máis e deciden xuntarse.

O LCA do demo!

Non foron poucas as lesións coas que o club ourensá tivo que bregar o pasado curso. O batacazo máis forte foi, seguramente, a lesión da capitá, Marta Figueiredo. A muller do eterno sorriso tamén foi baixa. Nada menos que unha rotura do ligamento cruzado anterior (LCA) e o menisco externo. Aló foi o xeonllo e a tempada un mal día do mes de marzo. “Ninguén quería seguir xogando ese partido

Outra que tivo que pasar por quirófano foi Sara Moreno, tamén por mor do LCA. E esa misma lesión petou á porta de Andrea Feijóo. A escena repetíase coma nun día da marmota fatídico e as xogadoras ían caendo lesionadas de longa duración mermando as forzas sobre a pista dun grupo que quedou moi curto de rotacións. Foi aí cando o poder da manda, do grupo, foi fundamental para resistir e sacar adiante a tempada.

Unha camiseta con mensaxe e doazón

Agora que xa sabedes a mensaxe que se agocha tras #AForzaDoLobo queremos contarvos que detrás da venta desta camiseta hai máis que paixón por unhas cores, as do Ourense Envialia, neste caso. O club anuncia que mercar esta elástica deseñada por Bea Seijas Diseño Gráfico supón unha “colaboración activa” xa que de cada venta se realizará unha doazón á protectora Arume do Carballiño”. Segundo fai saber a entidade 5 euros dos pagados pola camiseta se adicarán a este fin.

 

“Cremos que é unha boa causa e axuda a xente que fai unha labor tan boa de xeito altruísta. Fan unha labor impagable con animais abandoados ou con problemas intentando axudarlles e reubicalos en fogares dándolles así unha vida mellor”, explica desde o Ourense Envialia.

Explican tamén que case na súa totalidade a prenda está fabricada “con tecido sostible”. Emprégase tecido Dryclim que é un tipo de material de poliester reciclado a partir de botellas de plástico. Non é a primeira vez que o Ourense Envialia opta por este material para así aportar o seu grao de area ao coidado do medio ambiente.

Se logo de coñecer a súa historia, ti tamén queres ser parte da manda e ter a túa camiseta, podes entrar na tenda online do Ourense Envialia e adquirir a túa. Como explicamos ao mercala colaboras coa Protectora Arume do Carballiño (Ourense). 

TENDA ON LINE OURENSE ENVIALIA

Etiquetas A forza do lobo está na mandacamisetafútbol salaourense envialia
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

O Poio Pescamar, campión da Copa de Galicia 2022 de fútbol sala / RFGF

O Poio Pescamar levanta a Copa Galicia 2022

por Redacción As Nosas
18/05/2022
0

  As futbolsitas do Poio Pescamar son as novas Raíñas de Copa de Galicia. O conxunto poiense proclamouse este martes...

O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego, e as capitás do equipo laranxa de Primeira, Peque e Bea Mateos, na renovación do Convenio Colectivo de Xogadoras Profesionais / BURELA FS

Manolo Blanco, presidente do Burela: “Manterse durante tantos anos na elite supón moitos sacrificios para as xogadoras e para todos os membros do club”

por Redacción As Nosas
08/05/2022
0

  “O que fan estas deportistas non é nada doado, manterse durante tantos anos na elite supón moitos sacrificios para...

Pescados Rubén Burela, campión da Copa da Raíña 2022 / RFEF

Burela loita polo campionato de Copa 2022 ata os penaltis e acada o título

por Redacción As Nosas
08/05/2022
0

  O   Pescados Rubén Burela FS volve coroarse campioas da Copa da Raíña, nesta ocasión da súa edición do ano 2022. ...

O Burela festexa o seu pase á final da Copa da Raíña 2022 / RFEF

Pescados Rubén Burela logra imporse ao Arriva AD Alcorcón e xogará a final co Futsi Atlético Navalcarnero

por Redacción As Nosas
07/05/2022
0

  Pescados Rubén Burela e Futsi Atlético Navalcarnero xogaranse mañá, domingo 8 de maio, ás 12:00 horas no Pavillón Paco...

ENCE Marín Futsal vs STV Roldán, na Copa da Raíña FSF 2022 / RFEF

O ENCE Marín Futsal, eliminado da Copa da Raíña polo STV Roldán (1-3)

por Redacción As Nosas
07/05/2022
0

  Un STV Roldán en gran estado de forma converteuse un óso demasiado duro de roer para un ENCE Marín...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Madó González é coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e membro da Xunta Directiva da División de Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte do Consello Xeral de Psicoloxía / CLARA CARREIRA

Madó González: “A competición debe ser un contexto de aprendizaxe e diversión na que se fomente e valore o esforzo independentemente do resultado”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Madó González é coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e membro da Xunta Directiva da División de Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte do Consello Xeral de Psicoloxía / CLARA CARREIRA

Madó González: “A competición debe ser un contexto de aprendizaxe e diversión na que se fomente e valore o esforzo independentemente do resultado”

19/05/2022
A central Mame Diouf ficha polas Loitadoras / CV ARENAL EMEVÉ

Mame Diouf ficha polo Arenal Emevé

19/05/2022
Torneo Balonmán Feminino Letras Galegas do Bm. Culleredo

Letras Galegas e balonmán dánse cita un ano máis en Tarrío

18/05/2022
O Poio Pescamar, campión da Copa de Galicia 2022 de fútbol sala / RFGF

O Poio Pescamar levanta a Copa Galicia 2022

18/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.