• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Ourense Envialia contra Pescados Rubén Burela FS abrirá a tempada de fútbol sala

A Primera División Femenina de fútbol sala comezará con este duelo galego | O Viaxes Amarelle visitará Alcorcón, o Poio Pescamar xogará contra o Roldan Futsal Femenino e o Cidade de As Burgas contra o Leganés

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/09/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Foto Nacho Rego / Ourense Envialia contra Burela na xornada 9

Nacho Rego @nachorego

1
COMPARTIDOS
105
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O pasado venres, 18 de setembro, coñecíase o calendario de Primeira División Feminina de Fútbol Sala. O duelo galego entre o Ourense Envialia FSF e o Pescados Rubén Burela FS abrirá a tempada 20/21, que estará marcada pola situación sanitaria.

Nesa primeira xornada, que se disputará o fin de semana do 17 de outubro, o recente ascendido Viaxes Amarelle FSF e o Cidade de As Burgas FS viaxarán a Madrid para xogar contra Alcorcón FSF, un dos participantes da ‘final-four’ disputada en xuño, e Leganés FS respectivamente, mentres que o Poio Pescamar visitará Murcia para enfrontrarse ao Roldan Futsal Femenino.

Así serán os cruces galegos durante a tempada 20/21

  • Xornada 1/18 (17 de outubro/6 de marzo) Ourense Envialia – Pescados Rubén Burela

Jenny Lores estrease co Envialia contra o seu antigo equipo, no que estivo unha única campaña.

  • Xornada 2/19 (24 outubro/13 de marzo): Viaxes Amarelle – Ourense Envialia

Primeiro duelo galego do Viaxes Amarelle despois de volver á máxima categoría será como local.

  • Xornada 3/20 (31 de outubro/20 de marzo): Pescados Rubén Burela – Viaxes Amarelle 

As campioas de ligas reciben na casa ao recente ascendido.

  • Xornada 5/22 (14 de novembro/31 de marzo): Ourense Envialia – Poio Pescamar 

Iria Saeta enfrontarase ao seu ex-equipo, despois de que o conxunto pontevedrés anunciase que non contaba con ela o pasado maio.

  • Xornada 6/23 (21 de novembro/3 de abril): Poio Pescamar Pescados – Pescados Rubén Burela 

O Poio Pescamar terá que xogar dous partidos consecutivos contra dous dos aspirantes ao título a pasada campaña.

  • Xornada 7/24 (28 de novembro/10 de abril): Viaxes Amarelle – Poio Pescamar

A última fichaxe das coruñesas, Anna Escribano, xogará contra o conxunto no que militou a pasada tempada.

  • Xornada 9/26 (8 de decembro/24 de abril) Ourense Envialia – Cidade de As Burgas

O derbi ourensá xogarase na ponte de decembro, cos equipos xa totalmente metidos na dinámica competitiva.

  • Xornada 10/27 (12 de decembro/8 de maio): Cidade de As Burgas – Pescados Rubén Burela

O conxunto de Codeso enfrontarase contra o campión na casa xusto antes do parón de Nadal.

  • Xornada 11/28 (16 de xaneiro/15 de maio): Viaxes Amarelle – Cidade de As Burgas 

O equipo ourensá enlazará, con este, tres encontros consecutivos sen saír de Galicia para xogar.

  • Xornada 14/31 (6 de febreiro/3 de xuño): Cidade de As Burgas – Poio Pescamar 

Na penúltima xornada, as pontevedresas visitarán Ourense e Os Remedios.

 

O Pescados Rubén Burela buscará defender o título conseguido en Murcia

O 28 de xuño o Pescados Rubén Burela conseguía o título ligueiro tras gañar ao Alcorcón FSF na final dun play-off ata o de agora inédito e motivado polo parón provocado polo COVID-19. A non presentación do CD Futsi, líder invicto con 23 vitorias en vitorias, alegando que non podía preparar os partidos nas mesmas condicións ao estar Madrid en diferentes fases da desescalada, marcou esta fase final.

As de Julio Delgado pasaron directamente ao encontro polo título, que solventaron cun 3-2 ao equipo madrileño. O equipo lucense afronta esta nova tempada coas baixas de Luci Gómez, Ana Romero e Jenny Lores, coa que se enfrontará no primeiro partido de liga contra o Ourense Envialia.

Pescados Rubén Burela, campión de Liga 2019-20 / BURELA FSF
Pescados Rubén Burela, campión de Liga 2019-20

O equipo ourensá tamén estivo presente no play-off disputado en xuño, pero correu unha sorte diferente. Caeu nas semifinais contra o Alcorcón FSF, nun encontro no que remontaron un 3-1 pero no que finalmente caeron na tanda de penaltis. A incorporación da xogadora do Pescados Rubén Burela é un dos cambios que presenta con respecto ao plantel do ano pasado. As ourensás contan con reforzos de peso como Iria Saeta, Jenny Lores e Andrea Feijóo.

O Ourense Envialia intentará conseguir uns resultados como a anterior campaña
O Ourense Envialia intentará conseguir uns resultados como a anterior campaña

O Poio Pescamar foi o primeiro clasificado “do resto da liga” ao quedar no quinto posto, a 12 puntos do Alcorcón FSF. O plantel estará conformado por dez caras coñecidas no equipo pontevedrés e catro fichaxes, entre os que destacan as últimas en chegar ao equipo, internacionais arxentinas, Julia Paz e Chiesa.

plantilla Poio Pescamar
O Poio Pescamar mantivo a columna vertebral do plantel da pasada tempada

A tempada do Cidade de As Burgas non foi para o recordo. 11 puntos en 23 partidos e antepenúltimas na clasificación era o balance das de Codeso no momento do parón. O equipo ourensá renovou á maior parte dos seus piares e ademais incorporou África Pazos, Fara Antonlín e Sol Pedrera.

O Cidade das Burgas buscará mellorar a clasificación do ano pasado
O Cidade das Burgas buscará mellorar a clasificación do ano pasado

O Viaxes Amarelle volve á máxima categoría do fútbol sala feminino tras gañar o play-off de ascenso ao Valdetires FSF. As coruñesas foron as que máis cambiaron o plantel con respecto ao ano pasado. Inés Suárez, Reneé Huizinga e Irune Santaesteban abandoaron a disciplina de Basanta, pero reforzándose ben coas fichaxes de Anna Escribano, Laura Doce, Cristiana Loures, Candela Soria, Leti Rojo e a volta da canteirana Sofía Rodríguez. 

Final do playoff de ascenso a Primeira División Feminina de Fútbol Sala entre o Amarelle e o Valdetires
O Viaxes Amarelle volve á máxima categoría do fútbol sala feminino español despois de gañarlle ao Valdetires FSF a final polo ascenso / Íñigo Rolán

 

Etiquetas cidade de As BurgasFSFfútbol salaourense envialiaPescados Rubén Burelapoio pescamarPrimera División Femeninaviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Gonzalo Iglesias, Morenín, adestrador do Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

Morenín: “Os tres puntos saben a gloria logo de todo o que nos está pasando”

por Silvia Carregal
17/01/2021
0

  Ao final do cruce entre Viaxes Amarelle FSF e Ourense Envialia (2-3), os técnicos, Jorge Basanta e Morenín, facían...

Sedes dos cursos adestradora / RFGF

Xa están en marcha 22 cursos de primeiro nivel na Escola de Adestradores da RFGF

por Redacción As Nosas
17/01/2021
0

A labor formativa desempeña un papel extraordinariamente importante dentro da Federación Galega de Fútbol (RFGF), e por extensión no fútbol...

Segundo gol do Viaxes Amarelle FSF ante o Ourense Envialia (2-3) / SABELA MOSCOSO

O Ourense Envialia lévase o duelo entre galegas diante dun correoso Viaxes Amarelle (2-3)

por Redacción As Nosas
17/01/2021
0

  Ourense Envialia e Viaxes Amarelle FSF ofreceron un gran espectáculo de cinco contra cinco que puido seguirse a través...

Penya Esplugues vs Cidade de As Burgas / CIDADE DE AS BURGAS TW

Aprázase o Cidade de As Burgas vs Penya Esplugues por un positivo

por Redacción As Nosas
16/01/2021
0

  Un positivo por COVID-19 motiva o aprazamento dun novo partido no deporte galego. O Paco Paz ía acoller esta...

Valdetires Ferrol Futsal vs FSF Castro / VALDETIRES FERROL FSF FB

As galegas dominan o grupo 1A da Segunda de futsal

por Carmen G. Mariñas
15/01/2021
0

  O futsal galego trunfa en Primeira División e na Segunda. O subgrupo 1A agrupa a sete equipos da zona...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
AD La Curtidora vence 3-1 ás ourensás do Aceites Abril / CLUB VOLEIBOL OURENSE

O Aceites Abril Club Voleibol Ourense cae derrotado en Avilés diante de La Curtidora

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
AD La Curtidora vence 3-1 ás ourensás do Aceites Abril / CLUB VOLEIBOL OURENSE

O Aceites Abril Club Voleibol Ourense cae derrotado en Avilés diante de La Curtidora

18/01/2021
Gonzalo Iglesias, Morenín, adestrador do Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

Morenín: “Os tres puntos saben a gloria logo de todo o que nos está pasando”

17/01/2021
Ciclistas en ruta / RFEC

Sabes cando remata o prazo para pedir á DXT permiso para probas de atletismo ou ciclismo en ruta?

17/01/2021
atletismo - FGA

O atletismo galego xa ten calendario de inverno

17/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.