• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Ourense Envialia e Morenín anuncian a marcha do adestrador de cara á campaña 2022-23

Queda un último partido esta tempada, será fóra da casa, mañá sábado 11 a partir das 18:30 horas, diante do Joventut d'Elx FS

Silvia Carregal por Silvia Carregal
10/06/2022
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Gonzalo Iglesias, Morenín, adestrador do Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

Gonzalo Iglesias, Morenín, adestrador do Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

127
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A Morenín tócalle despedirse do banco do Ourense Envialia nun último partido fóra da casa. Unha mágoa por que seguro que o adestrador, en terras ourensás, recibiría o cariño dun público que sabe que o técnico é un home da casa. Gonzalo Iglesias, Morenín, e o club anunciaban que o adestrador pecha este curso a súa segunda etapa á fronte do corpo técnico do Ourense Envialia, e saben club e adestrador que esto non é un adeus. Como moito un ata logo, porque estamos ante un preparador que, logo de recargar forzas, seguro que estará á disposición da entidade cando os seus servizos volvan ser reclamados.

O Joventut d’Elx FS é o último rival desta tempada para o Ourense Envialia. O encontro terá lugar en Elche ás 18:30 horas de mañá sábado. Será unha última parada para Morenín, que afronta o partido co equipo que prepara na 9ª praza da táboa clasificatoria. Enfronte estará o colista.

Péchase unha etapa de catro tempadas moi complicadas nas dúas últimas con pouquísima sorte nas lesións e moitísimo traballo en equipo dun bloque forte que tivo no que elas mesmas chaman #AForzaDaManda a súa maior forza.

Esa Forza do lobo que está na manda, no grupo, precisa dunha persoa que saiba ser propiciadora de que precisamente o grupo sexa o máis importante. As persoas que o conforman, e os seus valores, son tamén imprescincibles, sábeno ben no Ourense Envialia un club que leva anos incidindo na importancia da educación en valores. Pero sábese que nos deportes de equipo, a xestión do grupo e tan importante como os coñecementos técnicos e tácticos ou a preparación física. Morenín, aportou e moito, na táctica, na preparación e tamén na xestión do grupo, na forza da manda.

Remátase así un período de catro anos que foi xa a súa segunda etapa á fronte do banco do Ourense Envialia. E Gonzalo Iglesias, Morenín, despedíase con estas palabras:

“Chegou o momento de poñer punto e final a esta segunda etapa no club, que sen dúbida é a miña casa e do que me considero parte, pero todos os proxectos, sobre todo no deporte profesionalizado como o noso, teñen as súas etapas e ésta, ten concluído logo de catro anos nos que temos compartido experiencias e viviencias que para sempre levarei comigo.

Está claro que houbo momentos marabillosos como os play-offs polo título, as fases finais de Copa da Raíña, as finais da Copa de Galicia pero tamén momentos duros e difíciles que temos vivido e que sen dúbida nos teñen feito máis fortes a todos/as e que nos forneceron como grupo, pero, aínda que todo iso é marabilloso, o que máis me levo son os momentos que temos compartido e vivido.

Tamén toca dar as grazas a todos/as as persoas que rodean ao club e que axudan no día a día para que todo funcione nun deporte que cada día é máis esixente por iso desde aquí quero dar as grazas ás xogadoras, empregados do club, patrocinador e directiva polo seu traballo e dedicación.

Ademais de modo moi especial, quero agradecer a todo o meu corpo técnico todo o traballo, dedicación e profesionalidade que puxeron sempre en cada unha das tarefas e traballos que temos feito, de verdade: GRAZAS.

Por último, quero dicir ata logo, estou certo de que VOLVEREI (xa sabedes que son moi cinéfilo)

MORENÍN

No club anunciaban esta baixa de cara á tempada 2022-23 para o equipo de Primeira División do FutSalFem RFEF confirmándolle Morenín que o cariño é mutuo e que a casa ourensán “sempre será a túa casa”.

O pasado sábado o técnico cumplía nada menos que 200 partidos á fronte dun banco no que non se sentará a vindeira tempada.

HASTA PRONTO 😉 https://t.co/GDpmPZWbtH pic.twitter.com/YEdFFQQLeP

— Morenín (@gmorenin23) June 8, 2022

Último partido de Morenín, co colista

Aínda que o partido sexa fóra da casa, o rival, o Joventut d’Elx FS, é o pechacancelas e está descendido. Así que o conxunto ourensá ten unha ocasión fantástica para despedir a Morenín cunha vitoria que deixe bo sabor de boca ao técnico e poña fin a unha serie de resultados que non acompañan con triunfo desde que a principios de abril o Ourense Envialia vencía a o Universidad de Alicante (4-0). Foi a xornada 22ª e rematamos coa 30ª.

Demasiada mala sorte para que continúe tamén esta última xornada. Este ata logo merece tres puntos. A por eles!

Etiquetas baixafútbol salafutsalGonzalo IglesiasJoventut D'ElxMorenínourenseourense envialia
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

por Redacción As Nosas
13/07/2025
0

  O Poio Pescamar FS leva tempo dándolle forma e corpo ao grupo de xogadoras que na tempada 2025-26 estarán...

Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

por Redacción As Nosas
11/07/2025
0

  A nova adestradora do Burela FS, Belén Feal, afronta o reto de adestrar ás Guerreiras Laranxas con ilusión: “Para...

CD Burela FS recibirá apoio da Xunta de Galicia a través dun patrocinio de Turismo de Galicia / CD BURELA FS

Turismo de Galicia apoia ao Burela FS cun contrato de patrocinio de 30.000 €

por Redacción As Nosas
08/07/2025
0

    "Esta colaboración, a través de Turismo de Galicia, contribúe á estabilidade económica do club e enmárcase na aposta...

Futbolistas do Burela FS logo de quedar eliminadas na quenda de penalties das semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO - CD BURELA FS

O Burela FS cae nos penaltis (4-4 e 6-7) nas semifinais da Liga Iberdrola FS co Futsi Atlético Navalcarnero

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  As mariñás do Burela FS lograron igualar un 0-4 no segundo tempo, pero non foron capaces de remachar a...

Selección Española futsalfem, campioa nos Xogos Sordolímpicos coas galegas Candela Soria e Eva Dios/ FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES PARA SORDOS

Candela Soria e Eva Dios acudirán coa Selección Española de fútbol sala ao Campionato do Mundo para persoas xordas

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  Dúas fútbolistas galegas, Candela Soria e Eva Dios, repiten coa Selección Española de fútbol sala para persoas sordas que...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

13/07/2025
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

12/07/2025
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.