• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Ourense Envialia lévase o derbi gañando pola mínima ao Viaxes Amarelle na Coruña (0-1)

O partido foi bastante parello de forzas coas coruñesas á procura do gol de xeito insistente na segunda metade e as ourensás moi ordenadas e aplicadas en tarefas de contención defendendo un solitario gol que lles deu os tres puntos e que estivo rodeado de polémica por unha posible man

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/11/2022
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE

70
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF afrontaba esta fin de semana un novo derbi galego na Primeira Federación Futsal Feminina, recibindo a un Ourense Envialia FSF, que a pesar de ocupar unha posición menos na xeral que as herculinas, opta á zona nobre por bloque de xogadoras cheo de experiencia na categoría. En xogo estaba quen quedaba por diante la clasificación e o premio foi para as da Cidade das Burgas.

Saúdo inicial entre Viaxes Amarelle FSF e Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE
Saúdo inicial entre Viaxes Amarelle FSF e Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE

As herculinas expuñan un partido moi serio, e a pesar de que a primeira parte tivo un maior dominio a escuadra ourensá. A segunda metade foi para as locais. O Viaxes Amarelle contou ata con tres balóns que acabaron estrelándose nos paus da meta visitante. Pero a recompensa do gol non chegou.

Dada a igualdade vivida na Sagrada Familia o máis xusto tería sido un reparto de puntos, pero neste deporte mandan os goles e as ourensás acadaban o éxito neste apartado cun solitario tanto que subía ao electrónico do pavillón coruñés no tramo final da primeira parte.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE

O partido empezaba con dous equipos que se coñecen ben, e que aínda hai pouco máis de dous meses que disputaron o seu último duelo na Copa Galicia Feminina de fútbol sala. Nesa competición as herculinas conseguiron o pase a semifinais tras unha dura quenda de penaltis.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE

Xa na liga o encontro entre Viaxes Amarelle e Ourense Envialia empezaba con accións ofensivas para ambas as  dúas escuadras. Quen parecía que estaba a ter algo máis de chegada nesta primeira parte, eran as visitantes que non atinaban coa meta defendida por Leti Rojo.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE

As herculinas tampouco desaproveitaban as súas opcións e xeraban ocasións perigosas. Ocasións había polo tanto polas dúas bandas. Pero o gol non chegaba para ningunha das dúas escuadras. Os minutos ían correndo no luminoso, ata que a falta de algo menos de dous minutos para o descanso chegou o gol que desequilibraría o marcador e con el a polémica.

Un gol marcado pola polémica que deu o partido ao Ourense Envialia

Cris Lourés recupera un balón e busca o pase á compañeira elevando o balón. A traxectoria do esférico córtaa María Arias tocando o balón coa man, segundo defenden as herculinas e parece apreciarse no vídeo do partido. Pero o equipo arbitral non ve nada na xogada. O balón cáelle ao pé e toca cara a Jenny Lores, que vira na liña de área e anota o 0-1 no marcador. A polémica, con esa posible man que precede ao gol visitante, está servida.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE

As visitantes atópanse con vantaxe no marcador, e toca seguir remando para as herculinas, e buscan a igualada no último minuto e medio da primeira metade, aínda que sen fortuna.

Logo do paso por vestiarios, o Viaxes Amarelle FSF toma a iniciativa no xogo e envórcase en ataque para tentar igualar a contenda. Pola contra, o Ourense Envialia FSF céntrase máis en tarefas defensivas para tratar de manter a vantaxe obtida na primeira metade.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE

As ocasións empezan a sucederse para o conxunto herculino, pero non termina por finalizar con contundencia entre os tres paus, aínda que envía varios avisos con balóns que van directos aos paus da portería defendida por Uxía.

O Viaxes Amarelle FSF estaba a levar a batuta e o peso do partido, e a pesar de que conseguía chegar arriba, non terminaba de finalizar as súas ocasións. Fallaba o último disparo. Nas filas do Ourense Envialia as futbolistas que adestra Mondo buscaban afastar o balón da súa portería con balóns en longo ao pivot, para tentar ampliar distancias, pero sen perigo para a defensa local.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE

Os minutos pasaban, e co marcador igual no 0-1. Con este escenario, o técnico local, Jorge Basanta, opta por sacar o xogo de cinco no tramo final do partido. Froito desa decisión chegan un par de ocasións aínda máis claras para conseguir a igualada no marcador.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE

Case acontece o contrario cando nunha recuperación da gardameta Uxía, manda un balón a portería baleira. O traveseiro termina por salvar o que sería o segundo gol visitante. As locais tentárono ata o último segundo, pero o gol non terminaría por chegar, e os tres puntos terminarían sendo para un Ourense Envialia FSF, que con este triunfo adianta na clasificación ás herculinas.

Banco do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE
Banco do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE

No caso das coruñesas, a disputa da Primeira RFEF FutsalFem volve coa novena xornada da competición. O Viaxes Amarelle FSF xogará o sábado 19 de novembro de 2022, a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal Gabriel Pérez Sánchez (Torre-Pacheco) contra do STV Roldán FSF.

Banco do Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE
Banco do Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE

Para as ourensás, a liga regresa tamén o sábado 19/11/22 e tamén ás 17:00 horas pero en Ourense e recibindo ao LBTL Futsal Alcantarilla, cuarto clasificado.

Logo da disputa desta oitava xornada o Ourense Envialia marcha 8º na clasificación da Primeira RFEF FutsalFem con 9 puntos e o Viaxes Amarelle 11º con oito.

FICHA TÉCNICA

0) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Laura Rivas, Lau Doce, Tety, Cláudia Lobo (cinco inicial), Èlia Gullí, Cris Lourés, Carol Agulla, María Gómez, Marta Hermo, Carlita.

1) OURENSE ENVIALIA: Uxía, Chiky, Jenny Lores, Marta, Candela Soria (cinco inicial), Clara Fernández, Vero, María Arias, Sara Moreno, Zaide.

GOLES: 0-1 Jenny Lores (min. 18).

EQUIPO ARBITRAL: José Manuel Carreira Romero e Javier Menéndez Nistal, do Comité Técnico de Árbitros da Coruña e A Mariña. Arbitro Asistente: Alejandra Bujía Piñeiro-Varela do Comité Técnico de Árbitros de Ferrol. Mesa: Berta García Vázquez do Comité Técnico de Árbitros da Coruña. Amonestaron ao adestrador das coruñesas, Jorge Basanta, con cartón amarelo nas filas do Viaxes Amarelle FSF. No bando do Ourense Envialia CF viu cartón amarelo a autora do gol, Jenny Lores.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á oitava xornada da Primera División da RFEF de Fútbol Sala Femenino disputado no Pavillón Municipal da Sagrada Familia na cidade da Coruña. Derbi galego.

Etiquetas A Coruñaderbifútbol salafutsalourenseOurense Enviliaviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

por Redacción As Nosas
10/09/2023
0

  Na mañá de onte, sábado 9 de setembro, o fútbol e a solidariedade déronse a man na I Xornada...

Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

por Redacción As Nosas
09/09/2023
0

  Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA compareceu na previa do inicio de competición na sala de prensa de Abegondo...

Carlota Suárez celebra gol co Dépor ABANCA na Primera Federación / RCD

Todo listo para que a redonda empece a rodar na Primera Federación Iberdrola co Dépor ABANCA como claro aspirante a subir

por Redacción As Nosas
08/09/2023
0

  O balón empeza a rodar nos terreos de xogo da Primera Federación Iberdrola. A liga iníciase o sábado 9...

I Xornada solidaria AFAC

O fútbol como ferramenta de solidariedade da man da AFAC cun torneo no que participan persoeiros da vida pública da cidade

por Redacción As Nosas
07/09/2023
0

  Fútbol e solidariedade van da man na I Xornada Solidaria AFAC 'Facendo Cidade' que organiza a Asociación de Fútbol...

A 'Volta a Oza' está dentro do circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Xa hai preto de 2.000 persoas inscritas na carreira popular da Volta a Oza na Coruña

por Redacción As Nosas
29/08/2023
0

  Máis de 1.800 persoas xa están inscritas na décima edición da Volta a Oza, unha das sete probas incluídas este...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

09/09/2023
Vero Boquete / AS NOSAS

Vero Boquete sobre Rubiales: “Pensei que era un vídeo de intelixencia artificial”

08/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.