• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

O Ourense Envialia cae nos penaltis ante o Viaxes Amarelle que accede ás semifinais da Copa Galicia de FSF

As actuais subcampioas decían así adeus á competición nos cuartos de final nun partido tan igualado que tivo que dirimirse na lotaría dos penaltis

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/09/2022
en Fútbol Sala, Máis FutSal
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia nun derbi na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF

102
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Tan parello de forzas e acertos foi o choque da Copa Galicia entre Viaxes Amarelle FSF e Ourense Envialia que tivo que ser a lotaría dos penaltis a que decidise quen seguía adiante na Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala da RFGF. O premio foi para as coruñesas. O conxunto que prepara Jorge Basanta accede así ás semifinais do torneo do KO galego eliminando nada menos que as actuais subcampioas.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF
Trío arbitral e as capitás Marta, do Ourense Envialia, e María do Viaxes Amarelle FSF nos cuartos de final da Copa Galicia / VIAXES AMARELLE

A igualdade sobre a pista foi unha das tónicas do partido no que se puido ver como o Ourense Envialia, que este curso prepara Mondo, era quen de finalizar máis cas herculinas, pero que tivo enfronte a unha enorme defensa laranxa. As coruñesas puxeron sobre a pista da Sagrada Familia un excelente traballo defensivo que facía que as ofensivas ourensás non culminasen tanto como poderían. Outro dos puntos a favor das coruñeses foi a actuación de Leti Rojo baixo paus.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF

O tempo regulamentario chegaba ao seu fin cun empate a un gol entre os dous equipos (1-1). Todo quedaba por decidirse finalmente na quenda de penaltis. Leti Rojo paraba un dos penaltis, e grazas a que as herculinas foron capaces de transformar todos os tiros penais en gol, o Viaxes Amarelle FSF certificaba a súa clasificación para as semifinais da XVI Copa Galicia Feminina de Fútbol sala da RFGF.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF

O partido empezaba con dous equipos que non se amedrentaban e exercían unha presión alta de balón sobre o seu rival. Ambos os dous conxuntos galegos buscaban finalizar contra a portería contraria para adiantarse no marcador. Aínda que, como indicamos previamente, as visitantes dispoñían de máis finalizacións, o certo é que o Viaxes Amarelle FSF, cunha defensa concentrada e organizada, así como cunha boa actuación de Leti Rojo baixo paus, mantiña a súa porta a cero.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF

As herculinas tamén tiñan as súas ocasións de perigo, pero o gol tamén se lles resistía e ambos os equipos irían ao tempo de descanso sen goles (0-0) no pavillón coruñés do barrio da Sagrada Familia.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF

Logo do tempo de descanso o partido entre herculinas e ourensás continuaba unha dinámica moi similar á que discorreu no primeiro período. Os dous equipos executando unha presión alta de balón, e tratando de roubar en primeira liña para sorprender co gol. Foi precisamente así como chegaba o 1-0 para o equipo que prepara o adestrador galego Jorge Basanta. O gol que abría a lata para o Viaxes Amarelle FSF chegaba a falta de 11 minutos para o final do encontro. As laranxas miraban esperanzadas o electrónico.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF

Parecía que o máis difícil estaba feito para as herculinas, pero o certo é que ata que soa a bucina, todo está por decidir, como así foi. Quedaba moito tempo por diante e as visitantes, dispostas a vender cara a súa pel, apenas deron ocasión a gozar do gol as locais. O Ourense Envialia respondía uns segundos máis tarde do 1-0 cun gol de Marta, que volvía poñer a igualdade no marcador (1-1). Volta a empezar.

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia na Copa Galicia / VIAXES AMARELLE FSF

Dez minutos por diante cun partido totalmente aberto e un sitio nas semifinais da Copa de Galicia en xogo. As visitantes cada vez angustiábanse máis en ataque. Era un querer e non poder. Frustrante. O Viaxes Amarelle FSF apuraba as súas opcións defensivas e trataba de saír rápido á contra, para poñerse por diante, pero os goles non chegaban de ningunha das maneiras, e o partido chegaba ao seu final co 1-1 no marcador.

Banco do Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE FSF
Banco do Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE FSF

Os penaltis decidiron o pase a semifinais da Copa Galicia

Coa igualada no marcador á finalización do tempo regulamentario tocaba a lotaría dos penaltis. Todo por decidirse con cinco disparos para cada equipo na quenda de penaltis. Empezaba tirando o cadro visitante e Leti Rojo estivo moi preto de atallar o balón, pero terminou coándose ao fondo da rede.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Respondía María Gómez con gol no seu disparo para poñer o 1-1. Nova oportunidade para o Ourense Envialia e Vero tamén anotaba o gol, con Leti Rojo rozando o balón, faltando pouco para desvialo. Èlia Gullí devolvía o 2-2 ao marcador, e nova ocasión para as visitantes que volvían tomar vantaxe co gol de Judith.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Pero o Viaxes Amarelle FSF estaba a ser letal desde o punto de penalti, e Cris Lourés poñía o 3-3 no marcador. María Estévez tiña a oportunidade para o Ourense Envialia FSF, e foi aí cando Leti Rojo atallaba o disparo. O Viaxes Amarelle FSF tiña a oportunidade de poñerse por diante na quenda de penaltis, e Clàudia Lobo subía o 4-3 ao marcador.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Último tiro para cada equipo, Candela Soria non fallaba para o Ourense Envialia FSF, e poñía o 4-4 no marcador.

Jorge Basanta no banco do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Jorge Basanta no banco do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Carol Agulla tiña nas súas botas a clasificación, disparo ao medio, que toca no brazo da porteira Vane Barberá, pero termina ao fondo da rede (5-4). Con ese disparo desde o punto de penalti finalizaba a eliminatoria de copa co conxunto herculino conseguindo o pase para as semifinais da XVI Copa Galicia Feminina Fútbol Sala.

Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE FSF
Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE FSF

Tras a Copa Galicia, as herculinas, listas para retornar á elite do futsalfem nuns días

Tras este último duelo de pretemporada, o conxunto herculino terá de descanso a xornada do domingo, pero o luns retoma os adestramentos, e faio coa vista posta no inicio da competición ligueira a próxima fin de semana.

A Primeira División Feminina da RFEF  comeza a semana próxima. A primeira xornada da competición terá lugar o sábado 10 de setembro de 2022. No caso das coruñesas o seu regreso á elite do futsalfem estatal está fixado a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal dos Cantos (Alcorcón). Alí o Viaxes Amarelle FSF que adestra Jorge Basanta visitará ao Arriva Alcorcón FSF.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

FICHA TÉCNICA

1) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Cris Lourés, Carol Agulla, Èlia Gullí e Clàudia Lobo – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Daryna Tkachenko, María Gómez, Marta Hermo e Laura Rivas.

1) OURENSE ENVIALIA: Vane Barberá, Chiki, Judith Pedreira, Clara Fernández e Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Marta Figueiredo, Vero, Jenny Lores, María Arias e Carla.

GOLES: 1-0 Èlia Gullí (min. 29); 1-1 Marta (min. 29). Penaltis: 0-1 María Arias; 1-1 María Gómez; 1-2 Vero; 2-2 Èlia Gullí; 2-3 Judith; 3-3 Cris Lourés; 4-3 Clàudia Lobo; 4-4 Candela Soria; 5-4 Carol Agulla.

EQUIPO ARBITRAL: Ramón Javier Bujía Piñeiro e Juan Ramón Juan Moura do Comité Técnico de Árbitros de Ferrol. Mesa: Roberto Pena Porta do Comité Técnico de Árbitros de Ferrol. Amosaron cartón amarelo ás futbolistas do Viaxes Amarelle: Cris Lourés e Leti Rojo, mentres que nas filas do Ourense Envialia recibía a mesma sanción: María Arias.

INCIDENCIAS: Partido correspondente a cuartos de final de XVI Copa Galicia Feminina FS disputado o sábado 3 de setembro de 2022 no Pavillón Municipal de Sacra Familia (A Coruña) entre o Viaxes Amarelle FSF e o Ourense Envialia FSF.

 

1 de 7
- +
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Banco do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

1. Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF COPA GALICIA FESTEJO FELICIDAD FUTBOL SALA FUTSA

2. Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF COPA GALICIA FESTEJO FELICIDAD FUTBOL SALA FUTSA

3. Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF COPA GALICIA FESTEJO FELICIDAD FUTBOL SALA FUTSA

4. Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF GOL FESTEJO SAGRADA FAMILIA

5. Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF COPA GALICIA FESTEJO FELICIDAD FUTBOL SALA FUTSA

6. Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF COPA GALICIA FESTEJO FELICIDAD FUTBOL SALA FUTSA

7. Banco do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Banco do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Etiquetas Copa Galiciafútbol salafutsalourense envialiaViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Futbolistas do Burela FS logo de quedar eliminadas na quenda de penalties das semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO - CD BURELA FS

O Burela FS cae nos penaltis (4-4 e 6-7) nas semifinais da Liga Iberdrola FS co Futsi Atlético Navalcarnero

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  As mariñás do Burela FS lograron igualar un 0-4 no segundo tempo, pero non foron capaces de remachar a...

Selección Española futsalfem, campioa nos Xogos Sordolímpicos coas galegas Candela Soria e Eva Dios/ FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES PARA SORDOS

Candela Soria e Eva Dios acudirán coa Selección Española de fútbol sala ao Campionato do Mundo para persoas xordas

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  Dúas fútbolistas galegas, Candela Soria e Eva Dios, repiten coa Selección Española de fútbol sala para persoas sordas que...

Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA

O Burela FS cae diante do Futsi (4-1) no segundo partido dos ‘play-offs’

por Redacción As Nosas
04/06/2025
0

  O Burela FS cae en Navalcarnero diante do Futsi (4-1) e encoméndase a Vista Alegre para lograr o pase...

Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

O Burela FS faise co primeiro punto da semifinal en Vista Alegre diante do Futsi Atlético Navalcarnero (4-2)

por Redacción As Nosas
31/05/2025
0

  As mariñás do Burela FS foron superiores no primeiro tempo ás deportistas do Futsi Atlético Navalcarnero, marcharon ao descanso...

A Selección Galega feminina Sub-10 de fútbol sala proclámase campioa de España / RFGF

A Selección Galega Sub-10 feminina, campioa de España de fútbol sala

por Redacción As Nosas
12/05/2025
0

  Éxito da Selección Galega Sub-10 de futsalfem ao facerse co Campionato de España baixo da batuta de Belén Feal....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

20/06/2025
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

18/06/2025
Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

18/06/2025
Presentación da fase final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo / XUNTA DE GALICIA

Presentouse a final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo

18/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.