A pasada fin de semana dúas galegas tiveron a oportunidade de participar no Campionato Absoluto e Junior de inverno de Madrid: Paula Otero e Carla Carrón. Ambas lograron grandes resultados nesta competición.
Invitadas pola súa condición de nadadoras do Equipo Nacional, as dúas galegas quedaron entre as primeiras das probas nas que competiron.
Paula Otero, do Club Natación Arteixo, foi a primeira clasificada nas probas 200 libre, 400 libre e 200 bolboreta, e segunda en 100 libre.
Pola súa parte, Carla Carrón, do Club Natación Arzúa, quedou detrás de Otero no 200 libre, cun tempo 2:05.99 e logrou dous terceiros postos en nivel junior en 50 libre e 100 libre.
Coa vista posta no Open
A seguinte cita competitiva será do 24 ao 28 de marzo en Sabadell, no Campionato de España Open. Este torneo será unha oportunidade para lograr as marcas mínimas necesarias para participar no Campionato de Europa Junior.