• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Otero e De Valdés volven con medalla do Campionato de Longa Distancia de natación

Paula Otero bateu o récord nacional e María de Valdés logrou a súa segunda mellor marca personal | O CN Ponteareas logrou a cuarta posición final na clasificación conxunta

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/02/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
María de Valdés e Paula Otero volveron con medallas do Campionato de España de longa distancia de natación / CN LICEO e CN ARTEIXO

María de Valdés e Paula Otero volveron con medallas do Campionato de España de longa distancia de natación / CN LICEO e CN ARTEIXO

91
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Os podios Júnior e Sénior do XII Campionato de España de Longa Distancia tiveron acento galego. Dúas das nadadoras da nosa comunidade que competiron neste torneo, celebrado na localidade catalá de Sant Cugat, volveron con medalla: Paula Otero (ouro en 5.000 m libres de Júnior 1) e María de Valdés (prata en 5.000 m libres Sénior).

Na clasificación por clubs do feminino absoluto de natación, o equipo de Paula Otero, o CN Arteixo, logrou a cuarta posición e empatado a puntos quedou o CN Ponteareas. Na oitava posición quedou o CN Liceo e na décimo terceira o Club del Mar. O CN Galaico ocupou a 26ª posición do ránking por equipos.

Paula Otero, medalla e récord

A nadadora Júnior do CN Arteixo, Paula Otero, sumou a pasada fin de semana máis logros ao seu palmarés. A medallista partía xa nunha boa posición, tendo o segundo mellor rexistro entre as inscritas, pero sobre a distancia de 3.000 metros e non nos 5.000 metros nos que competiu.

Paula Otero foi quen de superar á súa máxima rival nesta competición, pero compañeira no Equipo Nacional: Ángela Martínez. Nos primeiros metros, a coruñesa foi aumentando a distancia con Martínez ata chegar a superala cunha gran diferenza, que lle permitiu colgarse a medalla de ouro.

A nadadora do Club Natación Arteixo rematou os 5.000 metros libres en 58:20, case nun minuto menos que a súa rival. Este tempo supón unha nova mellor marca nacional de 17 anos, un récord que Paula Otero xa posuía na de 16 anos, cun rexistro de 57:46.02.

Nesta mesma proba competiu Alicia Bouzas, do CN Galaico, quedando en novena posición cun tempo de 01:02:16.34.

Ao remate deste campionato, Paula Otero viaxou a Las Palmas para formar parte da concentración do Equipo Nacional Junior, Plan 2024. O obxectivo deste grupo da Real Federación Española de Natación (RFEN) é formar aos mellores nadadores españois de categoría júnior de cara aos próximos Xogos Olímpicos. Tamén está convocada a galega Carla Carrón, do Club Natación Arzúa.

Paula Otero / CN ARTEIXO
A nadadora arteixá Paula Otero / CLUB NATACIÓN ARTEIXO

María de Valdés bate a súa propia marca

María de Valdés, deportista do Club Natación Liceo, tamén chegaba á competición nunha boa posición. Partía como a segunda nadadora con mellor rexistro antes da disputa deste campionato. E tamén quedou segunda ao remate deste, por detrás de Jimena Pérez.

A gañadora desta proba Sénior superou o récord de Mireia Belmonte, cun tempo de 55:34.81. Pola súa parte, a nadadora do Liceo asinou un tempo lixeiramente maior, cun 56:55.97. Esta medalla de prata dálle fol a De Valdés, que segue loitando por un posto nos Xogos Olímpicos de Toquio 2021.

O Club Natación Ponteareas volve de Cataluña con éxito

Por parte do Club Natación Ponteareas, tres nadadoras competiron en categorías Infantil e Júnior 2. Na categoría de menor idade, a nadadora Iria Lemos quedou na novena posición, cun tempo de 38:30.86 e a súa compañeira Sofía Carballo foi quinta, cunha marca de 37:54.31.

Na categoría Júnior 2, Andrea Domínguez quedou sexta, cun tempo de 1:03:53.33. Ademais, neste club destacou tamén a actuación do nadador Pablo Cabana, que acadou a medalla de ouro nos 5.000 metros libres Júnior 1 masculino.

Nadadoras do CN Ponteareas / CN PONTEAREAS
Nadadoras do Club Natación Ponteareas / CLUB NATACIÓN PONTEAREAS

O Club del Mar acadou bos resultados

Tres nadadoras do Club del Mar de San Amaro competiron tamén neste Campionato de España de Longa Distancia. Qin Dosil participou en categoría Júnior 2 e logrou unha novena posición, cun tempo de 1:07:07.43. Nesa mesma posición quedou Nerea Alvite, cun tempo de 1:05.47.58 entre as Sénior.

Tamén en categoría Sénior competiu, representando ao club coruñés, Ana Veiga, que rematou en oitava posición, cunha marca de 1:05.47.58.

Podes consultar nesta ligazón o listado completo de resultados do Campionato de España de Longa Distancia de Natación (RFEN).

 

Etiquetas Ana VeigaAndrea DomínguezCampionato de España de longa distanciaClub del MarCN ArteixoCN GalaicoCN LiceoCN PonteareasIria LemosMaría de ValdésNATACIÓNNerea AlvitePaula OteroQin DosilSofía Carballo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Travesía da Costa / CONCELLO DA CORUÑA

A VIII edición da Travesía da Costa da Coruña contará con probas de 1.000, 5.000 e 10.000 metros de natación en augas abertas

por Redacción As Nosas
25/09/2025
0

Este domingo A Coruña acollerá a sexta proba do circuíto Travesía da Costa 2025, o que será, ao mesmo tempo...

Noa Borrazás, vencedora da Travesía a Nado na Enseada de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

Lucas Costa e Noa Borrazás álzanse coa vitoria na Travesía a Nado na Enseada de San Amaro

por Redacción As Nosas
21/09/2025
0

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios da Travesía a Nado na Enseada de San Amaro...

Travesía a Nado na Enseada de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

Lucas Costa e Noa Borrazás álzanse coa vitoria na Travesía a Nado na Enseada de San Amaro, que contou coa participación de 200 deportistas

por Redacción As Nosas
21/09/2025
0

  Unhas 200 persoas participaron esta mañá de domingo na Travesía a Nado na Enseada de San Amaro, unha das citas...

Travesía a nado de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

A Travesía a Nado de San Amaro posponse por mor da desfavorable previsión meteorolóxica desta fin de semana

por Redacción As Nosas
29/08/2025
0

A 84ª edición da Travesía a Nado de San Amaro, prevista este domingo 31 de agosto, será finalmente posposta ante a previsión...

Travesía a nado de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

A Travesía a Nado á Enseada de San Amaro volve este domingo ao mar cunha participación de 300 deportistas

por Redacción As Nosas
26/08/2025
0

A praia de San Amaro acollerá este domingo, 31 de agosto, a celebración da LXXXIV edición da Travesía a Nado á Enseada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

10/12/2025
Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

10/12/2025
AD Cortegada, LF2/ AD CORTEGADA IG

Os equipos galegos deixan o seu selo na LF2 coas vitorias do Maristas (77-65) e o Cortegada (70-64) e a derrota do Arxil (77-68)

09/12/2025
O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO X

O Celta Femxa Zorka supera ao La Cordá de Paterna NB no encontro da 11ª xornada (60-70)

09/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.