• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

Óscar Lara: “Non queríamos ser un club de rugby estándar”

A paixón polo deporte oval cultívase no norte de Galicia grazas á Escola Rugby Asterix de Viveiro | O seu equipo feminino sub14 foi campión de Galicia nesta tempada

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
24/06/2021
en Rugby, Máis Deporte
Rapazas da Escola Rugby Asterix Viveiro o 8M / CEDIDA

Rapazas da Escola Rugby Asterix Viveiro o 8M / CEDIDA

683
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Hai cousa de dous anos e medio, o rugby rexurdiu en Viveiro, unha aldea galega poboada, non por irreductibles galos, senón apaixonados do deporte oval. Hai máis de dúas tempadas, renaceu o Asterix Viveiro, desta vez en forma de escola, e cunha meta clara: “Non queríamos ser un club de rugby estándar”.

Así o explica Óscar Lara, director deportivo do club, que xurdiu a raíz dun grupo de pais coa inquedanza de “ofrecer unha alternativa de deporte que non fora o tradicional fútbol ou ximnasia rítmica, que semellaba o predestinado para as nenas e nenos de Viveiro”.

Lara era un deses pais que se esforzan para achegar á rapazada ao rugby, e a súa descendencia herdou o seu amor por este deporte. A súa filla Mariña foi unha das campioas galegas sub14 e o seu fillo Teo participa activamente nas categorías inferiores.

Cun interese no deporte oval máis que demostrado na localidade, o obxectivo destes galos é “establecer a practica de rugby en Viveiro e arredores. Crear unha especie de tecido social de apoio a nenas e nenos”. 

Equipo M14 coa canterana Ceci Anello (M16) cedida no equipo de Oviedo / ASTERIX CLUB CEDIDA
Equipo M14 coa canterana Ceci Anello (M16) cedida no equipo de Oviedo / ASTERIX CLUB CEDIDA

Un club coa vista posta na base

O Asterix non é un club de rugby ao uso, senón que se centra na súa función de Escola. Porén, traballan por non deixar a ningunha nena ou neno fóra por non poder pagar as cotas, polo que se subvencionan a través de pequenos patrocinadores privados e os abonos familiares dos membros do equipo.

“Queremos que cada vez haxa máis nenos e nenas que o contemplen como un deporte máis, non queremos que deixen de facer outros deportes por facer rugby. Compartimos nenos e nenas co baloncesto, remo, piragüismo… E iso apórtanos valor. Que sexa unha alternativa máis, que poidan recorrer a ela, queremos que os nenos queiran vir, non que se vexan obrigados”, apunta Lara.

Óscar Lara: “Compartimos nenos e nenas co baloncesto, remo, piragüismo… E iso apórtanos valor”

No inicio, tiñan nenos de entre 8 e 12 anos, e agora abranguen dos 6 aos 15. A Escola Rugby Asterix comezou coa idea de ter equipos sub8, sub10 e sub12, todos eles mixtos, pero as nenas van medrando e con elas o club. “Queremos ver ata onde podemos chegar, non poñemos límites”, explica Lara.

A Escola Rugby Asterix Viveiro / CEDIDA
A Escola Rugby Asterix Viveiro / CEDIDA

Herdeiras do rugby de Viveiro

A orixe deste club xorde co rugby de Ribadeo como inspiración, cunha escola propia que despuntaba. Entón, Óscar Lara, partindo dos seus vinte anos de experiencia como xogador, propuxo estender a práctica do rugby na rapazada viveirense.

Óscar Lara: “Mantiñemos o nome, pero non queríamos ser un club estándar, senón unha escola para fomentar o deporte”

Á hora de escoller nome, non houbo complicacións. “Aproveitamos a nomenclatura que tiña o antigo club de rugby que houbera en Viveiro a finais dos 80, que se chamaba o Asterix. Pareceunos un detalle manter o nome de Asterix, e era moi cómodo; xa estaba feito e non tiñamos que pensar. Mantiñemos o nome, pero non queríamos ser un club estándar, senón unha escola para fomentar o deporte entre os pequenos, e as pequenas, claro”, explica o director deportivo.

Equipo sub12 e sub 10 con Alejandro Cardeli na derradeira concentración de febreiro 2020 / ASTERIX CLUB CEDIDA
Equipo sub12 e sub 10 con Alejandro Cardeli na derradeira concentración de febreiro 2020 / ASTERIX CLUB CEDIDA

Elas serán leoas

Esta tempada, a Federación Española de Rugby lanzou a campaña “Yo seré Leona“, coa intención de fomentar o rugby feminino e manter ás nenas vinculadas a este deporte. En Viveiro, o programa chegou grazas a Maitane, xogadora do CRAT orixinal da localidade lucense.

Adestramento levado a cabo pola nosa madriña Elsa Porto, xunto ca comadriña Maitane e compañeiras do CRAT / ESCOLA RUGBY ASTERIX CEDIDA
Adestramento levado a cabo pola madriña do Asterix Elsa Porto, xunto ca comadriña Maitane e compañeiras do CRAT / ESCOLA RUGBY ASTERIX CEDIDA

O club solicitou a Elsa Porto, xogadora do equipo coruñés, como madriña. Desde entón, ela e a súa compañeira viveirense acuden a adestramentos para facer obradoiros co Asterix, mentres que as pupilas viaxan á Coruña para ver partidos do CRAT, antigo club do propio Lara.

Un equipo de campioas sub14

En Viveiro, hai futuro no rugby feminino. O seu equipo sub14 proclamouse esta tempada campión de Galicia. Martina, Pauli, Carmen , Andrea e Mariña foron as mellores no campionato organizado pola Federación Galega de Rugby.

Ser vencedoras permitiulles acudir ao Campionato estatal, onde se enfrontaron ás mellores xogadoras de España, “unhas rivais durísimas”. Finalmente, estas galas rematarno sétimas, pero de volta a Viveiro non se levaron o resultado, senón a “experiencia vital”.

Presenza feminina máis aló do campo

A Escola Rugby Asterix conta con xogadoras femininas e masculinas, nun porcentaxes moi igualados: “Temos en torno a 43 fichas de xogadores e diria que  máis do 40% son femininas. Non están distribuidas uniformemente, sub14 e sub8 son case todas nenas, sub10 está igualado, pero sub12 son mais nenos”, apunta Óscar Lara.

A clave da difusión está no “boca a boca, unha vez que unha nena vén e esta contenta fala coa compañeira de clase e lévaa. Unha vez vencidas as reticencias iniciais dos pais, que adoitan a ser bastantes, anímanse e normalmente quedan”, engade.

Óscar Lara: “A directiva é fundamentalmente feminina”

Porén, a presenza feminina non se limita ao campo, e a directiva é “fundamentalmente feminina”. Tanto a presidenta como a tesoureira son mulleres, así como varias vogais, un total de oito dos once compoñentes.

Desde o comezo, as mulleres involucráronse con este novo club de rugby. “A presidenta é Paula Cortizo, que estivo desde o primeiro momento disposta a participar e facerse cargo das responsabilidades“, recorda Lara. 

M14 da Escola Asterix e M16 de Vigo no campeonato de España / ASTERIX CLUB CEDIDA
M14 da Escola Asterix e M16 de Vigo no campionato de España / ASTERIX CLUB CEDIDA

Rugby social

Nos postos de dirección “a presenza feminina é abrumadora”, porén, o director deportivo apunta que “falta que se presten a adestrar”. A Escola Rugby Asterix non conta con ningunha técnica, aínda que semella que isto seguirá así por pouco tempo.

“Este ano a Federación Galega de Rugby sacou varios cursos de monitor de rugby e adestrador e moitas das nais fixeron este curso. A miña idea deste ano próximo é incorporalas nestas labores”, explica Lara.

O seu compromiso polo deporte oval vai máis aló, e pretenden tamén traballar no rugby adaptado e inclusivo. “O xerme inicial viu porque unha asociación, Camiña de Burela, que quixo facer un día de rugby na praia. Fixemos unha xornada lúdica moi divertida e espertou o gusanillo para facer o curso de adestrador e mover a roda. Agora con Aspanane, que é a asociación máis forte de Viveiro, queríamos comezar obradoiros de rugby e incorporar equipos, tanto con eles como cos pais. Pero dependemos de como evolucione o tema da COVID”, sinala.

Co éxito que está a ter o club, semella que este grupo de irreductibles viveirenses xa atoparon a súa poción máxica: o rugby.

Etiquetas CRATCRAT Residencia RialtaElsa PortoEscola Rugby Asterix ViveiroFederación Galega de RugbyFerugbyÓscar LararugbyViveiro
Comparte3Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.