- Teresa Abelleira, Adrián Ben, Melania Rodríguez, Rodrigo Corrales, Jorge Prado, Susana Rodríguez, Judith Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Gustavo Dacal, Martín de la Puente, Damián Ramos e Juan Antonio Saavedra destacan entre os galardoados máis importantes dos Premios Deporte Galego 2023 e 2024.
A Secretaría Xeral para o Deporte, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de resolver o acordo do xurado cualificador dos premios do Deporte Galego dos anos 2023 e 2024 que será publicado este venres no Diario Oficial de Galicia. A gala de entrega dos galardóns celebrarase o mércores 10 de setembro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD).
Desde a Xunta de Galicia consideran que cómpre destacar “a dificultade das propostas e decisións do xurado dos premios que tiveron en conta a realidade do deporte galego durante estes últimos dous anos nos que o deporte galego ratificou a súa posición como referente nacional e internacional”.
Nesta ocasión, os premios que recoñecen aos máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia, distinguen a 25 premiados nas 19 categorías de 2023, así como 23 nas mesmas categorías de 2024.
Deportistas Premio Deporte Galego 2023
- Mellor deportista feminina: Teresa Abelleira Dueñas (fútbol)
- Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Susana Rodríguez Gacio (tríatlon) e Adiaratou Iglesias Forneiro (atletismo)
- Mellor deportista masculino: Adrián Ben Montenegro (atletismo)
- Mellor deportista masculino con discapacidade: Gustavo Dacal Martínez (atletismo)
- Mellor deportista revelación feminina (ex aequo): Laura Vázquez Fernández (judo) e Helena García Suárez (taekwondo)
- Mellor deportista revelación masculino: Jaime Wizner Pérez Lafuente (vela)
- Mellor equipo feminino (ex aequo): Celta Femxa Zorka – CD Bosco e Club Universitario Baxi de Ferrol (baloncesto)
- Mellor equipo masculino: Selección Galega UEFA (fútbol)
- Mellor equipo inclusivo: Club Deportivo Delikia (tríatlon e atletismo)
- Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Patinaxe Artística Gondomar (patinaxe artística)
- Mellor adestrador ou adestradora (ex aequo): Jonatan Giráldez Costas (fútbol) e Pablo Clemente Hinójar Rey (ximnasia)
- Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Nagore Valle Benito (judo)
- Mellor labor informativo: DxT Campeón
- Mellor evento deportivo (ex aequo): Karate 1 Youth League (A Coruña) e Final das Series Mundiais Tríatlon (Pontevedra)
- Mellor patrocinio deportivo: Aceites Abril
- Premio ao xogo limpo: Florina Valentina Medrea (baloncesto)
- Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa (ex aequo): Concello de Abegondo e Concello de Arteixo
- Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: BeOne
- Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: IES Xograr Afonso Gómez (Lugo).
Deportistas Premio Deporte Galego 2024
- Mellor deportista feminina: Melania Rodríguez Muñoz (ximnasia)
- Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Judith María Rodríguez Menéndez (esgrima) e Susana Rodríguez Gacio (tríatlon)
- Mellor deportista masculino: Rodrigo Corrales Rodal (balonmán) e Jorge Prado García (motociclismo)
- Mellor deportista masculino con discapacidade (ex aequo): Damián Jaime Ramos Sánchez (ciclismo), Martín de la Puente Riobó (tenis) e Juan Antonio Saavedra Reinaldo (tiro olímpico)
- Mellor deportista revelación feminina: Daniela Suárez Fernández (natación artística)
- Mellor deportista revelación masculino: David Mella Boullón (fútbol)
- Mellor equipo feminino: Club Deportivo Burela Fútbol Sala (fútbol sala)
- Mellor equipo masculino: Club Básquet Leyma Coruña (baloncesto)
- Mellor equipo inclusivo: equipo español Barco Dragón DB10 200 metros (piragüismo)
- Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Emevé (voleibol)
- Mellor adestrador ou adestradora: Daniel Brage Casteleiro (piragüismo)
- Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Dolores Rojas Suárez (atletismo)
- Mellor labor informativo: Soltando Estacha (CRTVG)
- Mellor evento deportivo: Campionato do Mundo de Motocrós MXGP Lugo
- Mellor patrocinio deportivo: Abanca
- Premio ao xogo limpo: equipo cadete da Sociedade Deportiva Burela (fútbol)
- Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Ribadeo
- Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Carreira Alternativa (AGAXEDE)
- Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: IES As Lagoas (Ourense).




































