• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Máis Basket

Miguel Ángel Ortega: “Son moi optimista e confío moito no equipo”

O Ensino loitará por estar na EuroCup xogando a eliminatoria no Pazo ante o Magnolia Campobasso | Ortega: "Temos que saír a gañar, gañar ou gañar, non hai outra"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/09/2021
en Baloncesto, Máis Basket
Miguel Ángel Ortega, adestrador do Ensino / ENSINO

Miguel Ángel Ortega, adestrador do Ensino / ENSINO

144
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Durán Maquinaria Ensino afronta esta semana unha cita histórica no calendario. O Pazo acollerá este xoves 30 a eliminatoria entre o equipo de Miguel Ángel Ortega e o italiano Magnolia Campobasso. O adestrador das galegas é consciente das dificultades, pero afirma contundente que “son moi optimista e confío moito no equipo”.

O cadro das lucenses tivo un comezo de pretempada accidentado, cargado de lesións que impiden que o grupo adestre ao completo. “O plantel non está nas mellores condicións posibles. Tivemos unha pretempada complicada e estamos a ter un inicio da mesma maneira”, apunta o preparador.

Neste sentido, a afección aínda non poderá ver a Alba, unha das xogadoras máis destacadas da ida, e a Tamara no Pazo, “pero son cousas que pasan cos equipos. Hai que afrontalo como equipo e sabendo que hai que multiplicarse e facer un esforzo extra”.

O Campobasso, un rival máis coñecido

Despois de ter xogado a ida en terras italianas ante o Magnolia Campobasso, as lucenses do Ensino xa non terán que facer fronte a un rival descoñecido e aos nervios de estrearse na competición europea.

“Agora temos unha idea moito mellor do partido”, apunta Miguel Ángel Ortega. “Loxicamente, unha vez compites as coñeces moito mellor e na medida na que as vas coñecendo tes unha idea máis clara de como enfocar o partido”, engade.

O Ensino perde pola mínima a ida ante o Campobasso (65-64)

Malia as ausencias que terá no seu banco, Ortega asegura que está tranquilo xa que o seu conxunto “como podedes ver é un equipo que ten moita ambición, moita ilusión e hai unha entrega máxima, unha boa cohesión de equipo. Ás veces, se non podemos estar todas hai que agarrarse a estas cousas”, explica.

Nesta liña, o adestrador admite que a falta de referentes na pista como Alba pode modificar a idea de xogo, pero “todas son importantes”. Por ese motivo, o adestrador quixo ter unhas palabras de admiración ás súas pupilas, citando nomes como Helena Oma, María Eraunzetamurgil ou Sofia da Silva, “que están xogando moitos partidos mermadas porque arrastran pequenas lesións e están facendo moi bo traballo”.

Miguel Ángel Ortega: “As xogadoras que non se borran cando non están nas mellores condicións creo que son moi importantes para un equipo”

“Hai que darlle valor. Para min ten máis importancia o feito de que non se borren, dicir non estou ben e ao mellor non podo adestrar ben, pero o día do partido estou. Estas xogadoras son xogadoras ás que hai que darlle moito valor e importancia. As xogadoras que non se borran cando non están nas mellores condicións creo que son moi importantes para un equipo. É un exemplo moi grande”, asegurou.

No partido de ida do clasificatorio da EuroCup, a defensa do Ensino foi clave para impedir que o Campobasso collera ritmo e se marchara no marcador. O muro das galegas permitiu rozar a remontada e rematar finalmente o encontro só un punto por debaixo.

Miguel Ángel Ortega: “Mantivémonos xuntas en defensa e iso faime sentir moi ben”

Adaptándose a un novo reto

Porén, Miguel Ángel Ortega recoñece que “o plan inicial non foi o mellor”. Do partido en Campobasso recorda que “unha vez pasamos por vestiarios fixemos unha serie de cousas que axudaron ao equipo, non hai que dar moitas pistas, pero enfocamos o partido doutra maneira e creo que o equipo cambiou radicalmente e iso vénnos mellor. Imos intentar ver que respota teñen elas e seguir ese camiño”, expón de cara ao duelo de volta.

Ortega: “Temos que saír a gañar, gañar ou gañar, non hai outra”

Malia estar a só un punto por debaixo, o míster sinala a importancia de dalo todo e non confiarse: “Cando viñamos da volta falabamos dalgunhas experiencias que tivera eu, cando nunha eliminatoria, unha vez sacamos un resultado favorable unha diferenza de 11 puntos e nun momento dado do partido estás pensando en máis cinco, menos cinco… E iso ás veces afecta moitísimo. Agora iso non o imos ter, porque sabemos que temos que ir a gañar. Non hai mal que por ben non veña, xa non temos a tontería de estar pensando nisto. Este tema se acaba e nós mañá temos que saír a gañar, gañar ou gañar, non hai outra”.

O efecto Pazo

Para lograr esa ansiada vitoria, o Ensino estará arroupado pola súa afección no Pazo. O adestrador tamén recordou a importancia do público nos partidos, lembrando que o equipo tivo “un apoio incondicional, cando peor estiveron”.

Como é habitual, sinala, “o público empúrrate, presiona a arbitraxe e iso é moi imoprtante loxicamente”. A isto engádese “a alegría de que cada vez poidamos volver a unha normalidade. Ver en Campobasso o pavillón practicamente cheo, non é que te alegre, pero dis, isto volve a ser o que foi”.

Miguel Ángel Ortega: “É un acontecemento moi bonito de vivir. O seu apoio vainos axudar moitísimo”

Ortega tamén lanzou unha mensaxe á afección, subliñando que o partido “é un acontecemento moi bonito. Tocounos vivir un momento histórico neste equipo, neste club que está en crecemento. Conseguiu o ascenso e seguiu medrando en liga feminina e agora está enr Europa. Pasamos á historia do club. É un acontecemento moi bonito de vivir. O seu apoio vainos axudar moitísimo”, rematou.

Este será un partido especial para o Ensino e para Lugo, que verá como un dos equipos da súa cidade se mide ante outro dos mellores clubs de Europa.

Manuel Durán: “O Ensino está facendo un gran esforzo para levar o nome de Lugo e Galicia por Europa”

Etiquetas baloncestobasketDurán Maquinaria EnsinoEnsinoEuroCupLugoMagnolia CampobassoMiguel Ángel Ortega
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Presentación do Games Series Galicia en Lugo / XUNTA DE GALICIA

Lugo acolle o domingo o Circuíto Games Series Galicia

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

O circuíto Games Series Galicia desenvolverase nas pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera da capital lucense o vindeiro domingo, 12...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.