• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Ruth Ortega: “Estamos contentas, pero por outra parte tristes por non ter podido rematar”

Un dos coches do Melmac Rally Factory caeu no tramo de Coirós, mentres que o outro vehículo si puido finalizar a competición no 25 Rallye A Coruña

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
03/06/2021
en Máis Deporte, Sobre rodas
O coche de Ruth Ortega do Melmac Rally Factory non puido finalizar o 25 Rallye A Coruña / CEDIDA

O coche de Ruth Ortega do Melmac Rally Factory non puido finalizar o 25 Rallye A Coruña / CEDIDA

328
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O 25 Rallye A Coruña rematou con sentimentos encontrados para as compoñentes do Melmac Rally Factory. O coche de Ruth Ortega non rematou a competición, pero si o fixo o de Leti López. A primeira delas declara que “estamos contentas, pero por outra parte tristes por non ter podido rematar”.

Leti López debutou na proba acadando a 78ª posición da competición e a primeira na Open Gadis Donas. Pola outra banda, Esther Gutiérrez finalmente non puido participar no campionato, polo que a copiloto Laura González ocupou o seu lugar xunto a Ruth Ortega.

O tramo de Coirós, a cruz do Melmac Rally Factory

O 206 de Ortega caeu no tramo de Coirós, como xa temía a propia piloto na previa da competición. “É un tramo moi complicado, técnico, pero tamén considero que é perigoso”, explicaba a galega antes da proba.

Ruth Ortega: “Víao vir e é certo que a medida que pasábamos o tramo víamos coches en cada sitio tirados e rotos”

Cando ela e a súa copiloto Laura González corrían neste treito, a caixa do coche rompeu. “Víao vir e é certo que a medida que pasábamos o tramo víamos coches en cada sitio tirados e rotos. Para nós era moi difícil rematar ese tramo, foi unha zona rápida que estaba moi rota. Arrisquei e igual non tiña que telo feito, pero son cousas que pasan. Esas caixas son de serie e son moi delicadas e supoño que non será nin a primeira, nin a última”, explica a piloto.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de (@ruutortega)

Claros e escuros no 25 Rallye A Coruña

Non todo foi negativo na proba coruñesa. Laura González corría por primeira vez como copiloto de Ortega e malia as dificultades de competir sen ter adestrado, “fíxoo moi ben. Ata que o coche non deu ningún problema fumos moi contentas”.

Entre os treitos que si puideron disputar está o de Aranga, o máis especial para a galega, xa que é o máis achegado á súa casa. “Fixemos a primeira pasada e moi ben, moi contentas. Aí foi onde probamos o coche. De feito, foi o único tramo que conseguimos facer enteiro e moi ben”, recorda.

No outro coche do Melmac Rally Factory, conducido por Leti López e con María Martínez no asento de copiloto, a penúltima posición da táboa non quita mérito ao debut da piloto.

Ruth Ortega: “Leti estivo con altibaixos todo o rally. Os nervios son moi complicados nun rally tan difícil e o coche non ía como tiña que ir tampouco”

“Leti estivo con altibaixos todo o rally. Os nervios son moi complicados nun rally tan difícil e o coche non ía como tiña que ir tampouco. O importante é conseguir rematar un rally difícil, así que está moi ben”, declara Ruth Ortega sobre a súa compañeira.

O coche de Ruth Ortega do Melmac Rally Factory non puido finalizar o 25 Rallye A Coruña / CEDIDA
O coche de Ruth Ortega do Melmac Rally Factory non puido finalizar o 25 Rallye A Coruña / CEDIDA

O tramo espectáculo disputouse en Bens

Neste 25 Rallye A Coruña non houbo competición nocturna, habitual noutras edicións. Este tipo de percorridos son moi bonitos para o público, pero máis perigosos para as deportistas. “A min persoalmente non me gusta nada correr de noite, pero é certo que é moi bonito. O que fan en Ferrol está moi ben”, recorda Ruth Ortega.

O que si houbo foi tramo espectáculo, que tivo lugar en Bens. Por parte do Melmac Rally Factory só o coche de Leti López circulou polo treito, mentres que o resto do equipo agardaba na asistencia. “Non puidemos ir ao tramo espectáculo a velo porque estabamos agardando a Leti, xa que era a única que tiña esperanzas de rematar. Pero dixéronme que estivo moi ben”, explica a piloto.

🏎️ Achégase a segunda pasada ao tramo espectáculo de Bens que poñerá fin ao 25 #RallyeACoruña‼️
Lembra: sigue as indicacións da organización, con distancia de seguridade interpersoal e máscara. E broooooom!!🏁@RallyeACoruna#RallyeDeACoruña pic.twitter.com/aOLYfS0L9W

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) May 29, 2021

Coa vista posta na seguinte proba

Ruth Ortega volverá a poñerse ao volante en dúas semanas, no Rally de Pontevedra, entre o 18 e o 19 de xuño: “É a segunda proba do campionato galego, na que puntuamos no Volante FGA, Beca e Open Gadis Donas“.

O coche de Ruth Ortega do Melmac Rally Factory non puido finalizar o 25 Rallye A Coruña / CEDIDA
O coche de Ruth Ortega do Melmac Rally Factory non puido finalizar o 25 Rallye A Coruña / CEDIDA

A piloto galega ten clara a súa meta: “A miña idea é que o coche aguante, intentar levarme o premio Donas e facelo o mellor posible, aínda que hai moitísimo nivel este ano”.

Etiquetas A CoruñaAutomobilismoMelmac Rally FactorymotorRallyRallye A CoruñaRallye da CoruñaRuth Ortega
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentacion Autocross Carballo / XUNTA DE GALICIA

A 18.ª edición do Autocross Carballo terá lugar do 10 ao 12 de xullo

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Presentouse a 18.ª edición do Autocross Carballo, terceira cita do Campionato de España de Autocross (CEAX Loterías). A proba vaise...

Imaxe de arquivo do programa Coruña en Forma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello converte a cidade nun ximnasio ao aire libre cunha nova edición de “Coruña en forma”

por Redacción As Nosas
27/06/2026
0

A Coruña volverá facer do deporte un dos grandes protagonistas do verán cunha nova edición de Coruña en forma, o programa...

Gala da AFAC en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Un milleiro de futbolistas de base celebran o remate da tempada 2025/2026 na Gala da AFAC

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Palacio Municipal dos Deportes de Riazor acolleu esta tarde a gala de entrega de trofeos das competicións de fútbol-8...

Cea do Deporte da Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Cea do Deporte da Coruña recoñece a 15 deportistas e entidades polos seus éxitos e traxectoria

por Redacción As Nosas
29/05/2026
0

ExpoCoruña acolleu esta noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña. Esta tradicional celebración foi recuperada no...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.