As augas coruñesas acolleron a IV Bandeira Cidade da Coruña, sen participación galega na competición feminina. Nesta primeira competición da tempada da Liga Euskotren, a embarcación do Orio Orialki alzouse campioa das traiñeiras.
Segundo informa a Euskolabel Liga na súa web, Orio Orialki conquistou a IV Bandeira Cidade da Coruña, con 5” sobre Arraun Lagunak, 12” sobre Hondarribia Bertako Igogailuak e 13” sobre Donostiarra Lacturale. Deste xeito, Arraun Lagunak colócase líder por diante das Aguiluchas, con 6 puntos. Donostiarra Lacturale conta con 5 tantos e Hondarribia Bertako Igogailuak con 2.
🚣♂️Orio, campioa da IV Bandeira Cidade da Coruña da Liga Euskotren coa súa patroa, Nadeth Agirre, coma mellor patroa. Unha bandeira da que Arraun Lagunak saíu líder. Os concelleiros de Turismo e Deportes, Juan Ignacio Borrego e Mónica Martínez, entregaron os premios pic.twitter.com/CTOe1OVq21
— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) July 4, 2021
A patrona do Orio Orialki, Nadeth Agirre, marcha primeira na clasificación de patronas do 2021, con catro puntos. E nsegunda posición vai Andrea Astudillo, do Donostia Arraun Lagunak, con Miren Garmendia, do Hondabirria, como terceira e Nerea Pérez do Lacturale, como cuarta
🙌🏻 Moitas grazas @CorunaTurismo! Até a próxima! #EuskoLabelLiga #EuskotrenLiga pic.twitter.com/Tv7hzSKiIB
— Eusko Label Liga (@actraineras) July 5, 2021