• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Cris Oreiro: “Vivímolo con moito traballo, pero con moita ilusión, intentando mellorar cada semana”

O Victoria CF que adestra a coruñesa pasou á segunda fase empatadas coas líderes do grupo 1A e agora loitan por un posto no 'play-off' de ascenso

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
15/04/2021
en Primeira División Nacional Fútbol, Fútbol
Victoria CF / CEDIDA

Victoria CF / CEDIDA

243
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Nesta tempada 2020/2021, as cebras do Victoria CF estrearon corpo técnico, capitaneado por Cris Oreiro, e os éxitos non deixan de chegar. Clasificadas como segundas empatadas co líder, o Viajes Interrías, as coruñesas pasaron á segunda fase na loita no grupo 1C por un posto no play off de ascenso a Reto Iberdrola.

Con 37 puntos e só un empate e tres derrotas, as coruñesas asinaron unha primeira parte de tempada para enmarcar e afrontan a segunda con ilusión e ganas. A súa adestradora incide no esforzo realizado, e na importancia de ir partido a partido: “Vivímolo con moito traballo, pero con moita lusión, intentando mellorar cada semana”.

Esta segunda fase, previa ao play-off de promoción, comezou con premio para o Victoria CF que venceu en casa cun 2-1 ao Gijón FF, con goles de Alba e Paloma.

O Victoria vence en casa ante o rival máis forte do grupo 1B

O traballo sen descanso é a clave detrás do éxito do Victoria de Cris Oreiro

Agora, pode verse sobre o céspede a un Victoria consolidado, un equipo serio, que vence e convence e moi ben posicionado para o ascenso. Porén, hai moito traballo detrás desde que Oreiro colleu as rendas do equipo A do club herculino.

“Desde que comezamos a ilusión e a meta era meternos entre as tres primeiras porque o seguinte grupo ía ser moi difícil. Xógaste o descenso con máis equipos e tes que facer máis viaxes. Ao final todos os equipos queriamos estar entre os primeiros, non só por xogar a promoción de ascenso, senón porque é un grupo máis livián que o do descenso”, explica a técnico sobre a planificación da presente tempada.

Coa meta de estar na cabeza do grupo galego en mente, o estreo das cebrar non puido ser mellor. As futbolistas albinegras visitaron ao Sárdoma, un “campo difícil”, e marcharon de alí cunha vitoria no minuto 93. “Comezas a pensar que é o teu primeiro ano, porque cambiou corpo técnico e plantel, e gañas nun campo difícil, non pode ser casualidade”, recorda Oreiro.

Como un golpe de efecto, os seguintes duelos caeron tamén do bando coruñés: “Gañamos tamén o segundo e o terceiro. Ao final non é soñar por soñar, pode ser unha realidade estar entre os tres primeiros. Segundo pasaban as semanas víamos que era unha realidade, que si traballabamos podiamos estar entre os tres primeiros e foi ao que nos aferramos”.

Corpo técnico do Victoria CF / CEDIDA
Corpo técnico do Victoria CF / CEDIDA

Vendo que o esforzo daba os seus froitos, o corpo técnico do Victoria CF decidiu aumentar os adestramentos a catro días por semana, cun día de adestramentos desde a casa. “Non paramos nin en Nadal nin nos paróns de festivos. Era ese o noso legado, traballar porque a fin de semana estase vendo recompensado”, explica a adestradora.

Porén, as cebras sufriron un revés e perderon dous partidos seguidos, ante o Victoria FC e a UD Mos, pero a sensación de vitoria non tardou en regresar e as herculinas finalizaron a primeira volta con seis de oito partidos gañados. O obxectivo para a segunda volta pasou a ser superar os números da primeira. “Foi o que fixemos, ir partido a partido. Intentando mellorar resultados da primeira volta. Complicóusenos co Umia e despois o Interrías ganounos”. Isto non desanimou ao Victoria CF, que mantíñase optimista.

No segundo derbi entre Victorias, o trunfo caeu para as coruñesass, no que foi o “mellor partido da tempada” para Oreiro. “A partir de aí fixemos inco vitorias seguidas. E gañamos en Abegondo, que fumos o único equipo en gañar alí”, recalca a adestradora.

Victoria CF en Abegondo / CEDIDA
Victoria CF en Abegondo / CEDIDA

Unha tempada “ilusionante”

Se Cris Oreiro tivera que resumir o seu estreo á fronte do primeiro equipo do Victoria CF, a palabra sería “ilusionante”. “Creo que había méritos deportivos de sorba para ter a oportunidade e o que quería facer era demostrar que a oportunidade era por algo, porque viron como traballamos no B e que podiamos facelo ben no A”, recorda.

Porén, o que non esperaban neste novo corpo técnico era ter tan bo nivel de resultados, pero Oreiro prefire resaltar o día a día: “Estou máis contenta do que contaba con estar. Precisamente por iso, porque no día a día coas xogadoras está sendo recíproco o traballo. Traballamos para que o noso modelo de xogo e as nosas ideas se leven a cabo pero elas están enchufadas e van a morte coas nosas ideas. Ao final, que non sexas só ti a que traballas, senón que sexa recíproco, está sendo moi bonito. Espero que remate a tempada así, á marxe dos resultados”.

Cris Oreiro: “Traballamos para que o noso modelo de xogo e as nosas ideas se leven a cabo pero elas están enchufadas e van a morte coas nosas ideas”

As cebras atopan a motivación extra da segunda fase

Unha vez superados á meirande parte de equipos galegos, as coruñesas pasaron ao grupo 1C, no que compiten con Oviedo B, Racing Féminas B e Gijón, e non se cruzan cos xa coñecidos Viajes Interrías e Dépor ABANCA B. O feito de cruzarse con conxuntos do grupo asturiano – cántabro supón un motivo extra de motivación para Cris Oreiro.

A adestradora admite que é difícil estudar a un rival que non coñeces. “Tes vídeos, hai moitos do Gijón e do Racing, pero do Oviedo non hai moitos. Xogas co hándicap de non ter moitísima información da rival, pero estas a pre porque eles tampouco teñen información túa. É un hándicap no que estás igualado”, conclúe.

Cris Oreiro: “Xogas co hándicap de non ter moitísima información da rival, pero estas a pre porque eles tampouco teñen información túa”

Para a coruñesa, analizar a estes “novos” equipos “é como volver a empezar. “É esa motivación de dicir teño que coñecer ao rival e ver moitos vídeos del porque se lle quero dar información ao equipo pois teño que traballar máis”, declara.

Cris Oreiro, adestradora do Victoria CF / CEDIDA
Cris Oreiro, adestradora do Victoria CF / CEDIDA

En palabras da técnica do conxunto coruñés, “afrontamos con moita ilusión esta segunda fase porque todo é motivante, son seis partidos, porque queremos quedar de primeiras, son rivais novos, aínda que os coñecíamos doutros anos, e ao final por tema da COVID que cortasen así as Ligas é máis motivador. Nunha liga regular normal a estas alturas estas xogándote non descender ou ser primeiro. Pero se estás xa na metade é como bueno, unha tempada máis. Pero esta está a ser moi emocionante e motivante para todos os equipos. Está a ser bonita”, resume.

Cris Oreiro: “Esta liga está a ser moi emocionante e motivante para todos os equipos. Está a ser bonita”

As cebras só se miran a si mesmas

Dentro deste grupo, ao que accederon como cuartas e xa ocupan a terceira posición tras vencer na primeira xornada, o Victoria prefire centrarse en si mesmo e non pensar no que farán o resto de equipos. Sobre todo tendo en conta que pasaron ao grupo 1C empatadas co Interrías, pero por detrás das de Luís Treviño.

“Non lle damos importancia. Sabemos que non dependemos de nós salvo que o Interrías falle, pero non estamos pendentes diso. Para nós ter 37 puntos ao final da primeira fase foi a bomba, para nós foi grande e non nos comparamos co Viajes Interrías, porque o proxecto de club non é o mesmo polo tanto nunca nos comparamos con elas”, explica. Para Cris Oreiro e as cebras, “os nosos 37 puntos, a pesar de ser segundas é todo un éxito. Agora máis do mesmo, non miramos se o Interrías vai gañar ou non. Sabemos que para ser primeiras temos que gañalo todo”.

Desta forma, a rivalidade que se está a crear coas veciñas do sur “poder ser un incentivo”, xa que ambas trunfaron na primeira xornada, “pero sabemos que se gañamos todo dependemos de nós mesmas incluso para ser mellores segundas” e así pasar de fase.

A teoría é clara e lévase á práctica. “A ilusión do grupo segue intacta. É algo que dixemos desde o principio, non miramos os resultados do rival. Se perde ben, pero se nós non gañamos da igual”, engade.

Victoria CF / CEDIDA
Victoria CF / CEDIDA

O Viajes Interrías, o máximo rival

Con todo, Oreiro non evita admitir que o Interrías é o máximo rival das cebras. As de Portonovo foron o último equipo que puido vencer ás coruñesas, cun 1-3 a favor das primeiras. Neste encontro, a adestradora albinegra sinala ao nerviosismo polo tipo de partido como explicación á actuación do seu conxunto. “Se gañábamos estabamos líderes, un factor psicolóxico imporante. Elas viñeron a morte e competiron moi ben e nós non tivemos o día”, recorda. Para a adestradora este foi un partido emocionante, xa que considera que o respecto é recíproco.

Malia que polo golaverage as de Luís Treviño seguen por diante, Cris Oreiro considera ao seu propio equipo como o favorito para o ascenso. O primeiro reto, superar ao Gijón, o equipo “máis difícil, porque ten xogadoras veterás que coñecen a liga, que veñen do Sporting, de xogar a un nivel máis profesional e polo tipo de plantel, ao ser máis veterana, a priori é o equipo máis forte”, está conseguido.

O reto maior para ascender á Reto Iberdrola non está nos rivais, senón no propio formato da competición “É moi difícil. Somos moitos equipos. Falando do noso grupo só é inxusto que nós, que fixemos 37 puntos, pasemos con menos puntos que o rival. A priori parece subxectivo pero se ve que é obxectivo. O nivel dos dous grupos é diferente”, denuncia Oreiro.

Etiquetas A CoruñaCebrasCris Oreirofútbolplay-offPrimeira NacionalVictoria CF
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.