• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Cris Oreiro: “Estes premios son grazas ao traballo do ano pasado”

Os Premios Golsmedia deixan seis galardóns para o fútbol galego, tres deles para as cebras, dous para o Dépor ABANCA B e un para o Victoria FC

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
24/11/2021
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
O Victoria recibe tres galardóns na I Gala de Premios Globsmedia / VICTORIA CF

O Victoria recibe tres galardóns na I Gala de Premios Globsmedia / VICTORIA CF

443
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O fútbol galego obtén recoñecemento estatal na I gala de Premios Golsmedia. O Victoria CF, equipo adestrado por Cris Oreiro, foi o máis galardoado no G1 da Primera Nacional, con ata tres premios distintos.

Pola súa parte, Eva Dios, do Dépor ABANCA B, e Angy Nogueira, do Victoria FC, tamén recibiron outros tres premios no acto celebrado na sede da Real Federación Española de Fútbol.

A preparadora das cebras explicou a As Nosas, que estes premios “son grazas ao traballo do ano pasado”. Na pasada campaña, as coruñesas proclamáronse campioas da Primera Nacional. Os seus grandes resultados leváronnas a estar preto de lograr o ascenso a Reto Iberdrola, aínda que finalmente cederon o posto de promoción ante o Real Betis B.

Agora, nesta gala que valorou o traballo dos clubs na tempada 2020-2021, o Victoria CF levouse o premio á mellor adestradora da categoría para Cris Oreiro, a mellor porteiro para Álvaro Taboada e a mellor dianteira para Laura Cetina.

Seguen as alegrías na familia branquinegra, esta vez en forma de premios:
🥇Cris Oreiro como mellor adestradora
🥇Álvaro Taboada como mellor porteiro
🥇Laura Cetina como mellor dianteira
Primeira Edición Nacional dos Premios Golsmedia.
🔝🔝🔝👏👏👏👏
Parabéns!!! pic.twitter.com/XThSHxT61G

— Victoria Club Fútbol ⚽🦓 (@VictoriaCF1943) November 22, 2021

Unha gala “emotiva”

Nesta primeira edición dos Premios Golsmedia, ademais de salientar o fútbol profesional, tamén se lle prestou atención ás divisións inferiores e ao fútbol feminino. Por iso, Oreiro califica o evento de “emotivo”, subliñando que desde o club “estamos moi contentos de formar parte desta primeira gala e agradecidas polo interese do fútbol menos profesional a nivel económico”.

Porque aínda que a Primera Nacional non sexa considerada unha categoría profesional, o traballo diario de clubs como o Victoria CF di outra cousa. “Dicimolo sempre, non es profesional polo que cobras, senón polo que traballas. No noso ambiente, con todos os recursos, intentamos ser o máis profesionais posible e por iso ten tanto valor que ao final te premien tamén”, indica a adestradora.

Cris Oreiro: “Dicimolo sempre, non es profesional polo que cobras, senón polo que traballas”

A nivel individual, Oreiro quere resaltar que o galardón a mellor adestradora non é só para ela, senón que “é un premio de seis”. “Quería destacar que non é un premio individual, porque non hai premio a mellor adestrador de porteiros e preparador físico. O meu premio neste caso engloba a todos”, apunta.

Cris Oreiro: “Estou moi contenta por Ceti e Álvaro, porque levan no club desde infantís e é un premio á súa traxectoria no mesmo equipo”

E sobre as súas xogadoras, a preparadora mostrouse orgullosa delas. “Estou moi contenta por Ceti e Álvaro, porque levan no club desde infantís e é un premio á súa traxectoria no mesmo equipo”.

Eva Dios, mellor xogadora da Primera Nacional

O resto de galardóns do grupo 1 tamén tivo acento galego. Eva Dios, que na pasada tempada militaba no filial do Dépor ABANCA, compaxinando partidos co primeiro equipo, foi elixida como mellor xogadora do grupo, ademais de mellor centrocampista. Agora, a internacional sub20, compite co Dépor ABANCA na Reto Iberdrola.

Eva Dios, xogadora do Dépor ABANCA, ante o Granadilla Tenerife / CARMEN G. MARIÑAS
Eva Dios, xogadora do Dépor ABANCA, ante o Granadilla Tenerife / CARMEN G. MARIÑAS

No apartado de mellor defensa, o premio foi para Angy Nogueira, do Victoria FC de Santiago de Compostela.

A forza do fútbol galego

Este pleno do fútbol galego nos premios da categoría é mostra do alto nivel das nosas futbolistas. Cris Oreiro, do Victoria CF, apunta que “o grupo galego está sendo moi forte. O ano pasado tamén o foi. As xogadoras galegas cada vez son mellores, con máis talento, mellores físicamente e se está notando co nivel da liga. Incluso os equipos asturianos ou os de Castela que nos tocan saben que os equipos galegos son fortes”.

Cris Oreiro: “As xogadoras galegas cada vez son mellores, con máis talento, mellores físicamente e se está notando co nivel da liga”

Respecto ao presente curso, que leva xa dez xornadas da competición, a adestradora das cebras explica que a competición “está sendo bastante axustada. Os resultados pola nosa parte están sendo bastante irregulares pero en canto ao xogo estamos ben. Pero ao final o que contan son os resultados e aí debemos mellorar”.

Mirando aos rivais, a preparadora reflexiona que “respecto ao nivel da liga, está moi igualada, cada partido é un mundo, creo que todo o mundo pódelle sacar puntos a todo o mundo. A verdade é que está sendo moi bonita”.

O PM Friol faise co liderado do grupo 1 da Primera Nacional

Os Premios Golsmedia

Esta gala foi celebrada no Salón de Actos Luis Aragonés da sede da Ciudad del Fútbol de Las Rozas, premiando a xogadoras e adestradoras das principais divisións de fútbol feminino, así como de distintas categorías do fútbol masculino.

En total houbo 720 nominadas, dos cales as gañadoras foron elixidas polas votacións das adestradoras de cada grupo, dos lectores da web e das votacións da prensa especializada. O evento contou coa presenza do presidente da federación española, Luis Rubiales, e do director deportivo da organización, José Francisco Molina.

Etiquetas Álvaro TaboadaAngy NogueiraCris OreiroDépor ABANCAEva DiosLaura CetinaVictoria CFVictoria FC
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Alberto Rodríguez substúe a Fran Alonso no banco do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

O arteixán Alberto Rodríguez, novo adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2026-27

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27, segundo informa o...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
O Burela FS, campión por sétima vez da Copa da Raíña / RFEF

O pavillón da Raña, sede da fase final da Copa da Raíña de fútbol sala

09/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.