• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Olímpicas galegas, de Toquio 2020 a París 2024

Catorce foron as deportistas galegas en Toquio, cantas haberá en París?

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/01/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
As Nosas deportistas olímpicas galegas nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ

As Nosas deportistas olímpicas galegas nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ

480
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As Nosas nacía en 2020 coa ilusión de narrar, entre doutros momentos do deporte, a participación das deportistas galegas nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio. A pandemia de COVID-19 deu ao traste coa nosa idea inicial e adiou a gran cita co deporte ata o 2021. Con gran ilusión contámosvos entón os logros acadados por As Nosas deportistas nuns XX.OO. e XX.PP. atípicos. Neste arranque de 2023 poñemos nosa ollada non só nos desafíos nos que xa están inmersas as nosas deportistas olímpicas, se non que miramos máis aló no horizonte. O seguinte gran reto do deporte feminino galego sitúase en París no 2024. O ano 2023 será chave para facerse cun billete para competir alí.

Nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio 2020 Galicia contou con nada menos que 14 representantes femininas. As Nosas competiron en atletismo, piragüismo, vela, judo, baloncesto, balonmán e skateboarding, unha modalidade deportiva que debutaba en Toquio 2020 e que se mantén en París 2024. Estos son os seus nomes, modalidades e probas nas que competiron, así como os seus resultados nesa cita histórica:

  • Adiaratou Iglesias | 100ml T13 Ouro e 400ml T13 Prata
Adiaratou Iglesias, atleta galega participante nos Xogos Paraímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Adiaratou Iglesias, atleta galega participante nos Xogos Paraímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Susana Rodríguez Gacio | Tríatlon PTVI Ouro e 1.500m Diploma (5ª)
Susana Rodríguez Gacio, triatleta galega participante nos Xogos Paraímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Susana Rodríguez Gacio, triatleta galega participante nos Xogos Paraímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ

Teresa Portela | K1 200m Prata

Teresa Portela, padexeira galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Teresa Portela, padexeira galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Ana Peleteiro | Triplo salto Bronce
Ana Peleteiro, atleta galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Ana Peleteiro, atleta galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Antía Jácome | C1 200m Diploma (5ª)
Antía Jácome, padexeira galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Antía Jácome, padexeira galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Támara Echegoyen | 49er FX Diploma (6ª)
Támara Echegoyen, regatista galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Támara Echegoyen, regatista galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Tamara Abalde | Baloncesto Diploma (eliminadas en cuartos de final)
Tamara Abalde, xogadora de baloncesto galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Tamara Abalde, xogadora de baloncesto galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Raquel Carrera | Baloncesto Diploma (eliminadas en cuartos de final)
Raquel Carrera, xogadora de baloncesto galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Raquel Carrera, xogadora de baloncesto galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Desirée Vila | Salto de lonxitude T63 Diploma (6ª) e 100ml T63 (non entrou na final)
Desiré Vila, atleta galega participante nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Desiré Vila, atleta galega participante nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Vicky Alonso | Baloncesto en cadeira de rodas Diploma.
Vicky Alonso, xogadora galega de baloncesto en cadeira de rodas participante nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Vicky Alonso, xogadora galega de baloncesto en cadeira de rodas participante nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Belén Toimil | Lanzamento de peso (non entrou na final)
Belén Toimil, atleta galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Belén Toimil, atleta galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Alicia Fernández | Balonmán (eliminadas na primeira fase)
Alicia Fernández, xogadora de balonmán galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Alicia Fernández, xogadora de balonmán galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • María Bernabéu | Judo (eliminada na primeira fase)
María Bernabeu, judoca galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
María Bernabeu, judoca galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
  • Julia Benedetti | SkateboardingPark 16ª
Julia Benedetti, skater atleta galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ
Julia Benedetti, skater atleta galega olímpica en Toquio 2020 / SAMANTHA PÉREZ

As olimpíadas de París 2024, máis curtas do habitual

Toquio 2020 foi atípico en todo por mor da pandemia de COVID-19. Para empezar nin se celebraron os XX.OO. e os XX.PP. no 2020 se non no 2021. O feito de adiar a celebración da gran festa olímpica do deporte fai que, de rebote, os Xogos de París 2024 se vexan tamén afectados nos tempos. Estamos vivindo un ciclo olímpico estrano por non ter a duración acostumada para unhas olimpíadas. Pero mantéñense intactos os esforzos e a ilusión das deportistas que soñan con competir en Francia e, por que non, colgar un metal do pescozo, algunhas por primeira vez e outras, repetindo éxitos e consolidándose como referentes internacionais na súas disciplinas.

Boa parte das deportistas que estiveron nos anteriores Xogos teñen en mente volver a acadar a súa clasificación para París 2024. Nalgúns casos como o de Teresa Portela, que soña con competir nos seus sétimos Xogos Olímpicos, a idea é participar noutra proba.

A incombustible padexeira galega ven de ser prata no K2 500m no Mundial xunto con Sara Ouzande. E asinou nesa mesma competición un cuarto posto integrada no K4 500m feminino español xunto con Carolina García, e prata co mesmo bloque e distancia na Copa do Mundo 2022. Por certo, o de Carolina García é outro nome que sumar á lista de galegas que aspiran a ser olímpicas.

Teresa Portela xa entrou por méritos propios na historia do deporte galego e tamén no español. A Cangas foi a primeira muller española en competir en seis Xogos Olímpicos. Se, como todo apunta, se clasifica para participar en París 2024, tumbará o seu propio récord.

️Ella es la mujer española con más participaciones en unos Juegos Olímpicos. #Sidney2000 ➡️ #Atenas2004 ➡️ #Pekín2008 ➡️ #Londres2012 ➡️ #Río2016 ➡️ #Tokyo2020

@teriportela / @RFEPiraguismo pic.twitter.com/g4JeQ5tDZB

— Comité Olímpico Español (@COE_es) June 11, 2022

A súa traxectoria olímpica tiña varios diplomas, cinco para ser exactas, pero non foi ata Toquio 2020 que a do Morrazo acadou o tan ansiado e pelexado metal. A súa foi unha prata que todo o deporte galega sentiu como propia, froito do esforzo, do traballo e da constancia, olimpiada tras olimpiada, para acadar un soño. O seu é un exemplo de espíritu olímpico de superación que fai dela un referente absoluto non so no piragüismo, se non deporte galego e español en xeral.

Sen deixar o piragüismo atopamos a outra aspirante a repetir en París 2024: Antía Jácome. A padexeira galega sumaba dous ouros no Mundial Sub-23, un en solitario (C1 200) e outro facendo parella mixta con Diego Domínguez (C2 500). No Europeo de Munich 2022, a padexeira pontevedresa cruzou a meta na regata C1 200m  en primeira posición con 0.629 de vantaxe sobre Liudmyla Luzan, a ucraína que foi segunda. Nesa cita continental, a olímpica galega foi prata xunto coa madrileña María Corberó no C2 200 metros. Antía Jácome pasou xa de firme promesa a realidade auténtica do piragüismo estatal e galego.

¡LA REINA HA VUELTO! @antiajacc conquista Europa sobre su canoa en el C1 200.

La gallega consigue una medalla de oro más para el #CanoESP. #SomosPalistas pic.twitter.com/5JGnylGN7I

— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) August 21, 2022

Unha galega que conoce a que sabe un ouro olímpico é Támara Echegoyen. O éxito máximo chegoulle en Londres 2012 coa tamén galega Sofía Toro e Ángela Pumariega. Foi na clase Elliott 6m cun sistema de competición, o match race, tan atípico na vela como vistoso de cara ao público. Nos últimos xogos competiu nun barco de dúas tripulantes, o 49er FX, polo que sigue apostando nestas novas olimpiadas. Daquela foi sexta, volverá a subir ao podio en terras francesas?

A regatista fai parella sobre as ondas con Paula Barceló, de novo abordo, como decíamos, dun 49er FX. Xuntas asinaron o bronce no Mundial de 2022, o primeiro do ciclo olímpico.

⛵️ @TEchegoyen vén de conquistar a medalla de bronce 🥉 no mundial 🇨🇦 e comeza o ciclo olímpico.

😃Támara recupera o sorriso tras o paso por Toquio 🇯🇵

🎙️”Estamos moi contentas. Estar todos os días en posicións de podio é unha sensación que necesitabamos para recargar as pilas” pic.twitter.com/2YhYtOb90q

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) September 20, 2022

Sempre á procura de novos retos, Támara Echegoyen está tamén inmersa noutro reto deportivo: forma parte da tripulación do Guyot Team Europe na Ocean Race 2022-23.

Spanish sailor @TEchegoyen joins #GuyotTeamEurope for the upcoming The Ocean Race 2022-23 🇪🇸

The team, which is co-skipped by @BDutreux and Robert Stanjek, adds experience with the Olympic gold-medalist who was part of Mapfre in the 2017-18 edition.

Read more 👇#TheOceanRace

— The Ocean Race (@theoceanrace) December 12, 2022

Atletas olímpicas galegas

A triplista Ana Peleteiro remataba 2022 feliz coa nova da súa maternidade e moi mentalizada e comprometida con estar a tope de cara a París 2024. Durante todo o seu embarazo a deportista do Barbanza mantivo a actividade física ata onde era posible. Compartiu nas súas redes coa súa comunidade de seguidores todo o traballo que facía de xeito regular. Adicarlle un novo metal á súa pequena, Lúa, seguro que é un aliciente máis para a triplista.

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de ANA PELETEIRO BRIÓN (@apeleteirob)

Tras acadar un merecidísimo ouro paralímpico, Susana Rodríguez Gacio non para nin no deporte, nin na vida. Ademais de seguir colleitando éxitos nas canchas, a deportista preside o Club Delikia, e vén de regresar ao exercicio da súa profesión como médico na sanidade pública galega hai pouco.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Susana Rodriguez Gacio (@susirodriguezgacio)

No transcurso deste ano 2022 Susana Rodríguez Gacio asinaba o seu quinto mundial de Triatlón. Aí é nada!  Non foi doado este ouro. A deportista galega lograba o seu quinto título Mundial da modalidade na categoría PTVI en Abu Dabi acompañada da deportista de apoio Sara Loehr. A deportista de Vigo tivo un contratempo o día previo e non as tiña todas consigo. Tampouco dominou en todas as disciplinas, pero no cómputo global foi a mellor unha vez máis. E colgou o ouro do pescozo. A mellor!

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Susana Rodriguez Gacio (@susirodriguezgacio)

Adi Iglesias continúa a competir en probas para persoas con discapacidad e tamén sen ela. Foi un ano de adaptación. A lucense adestra agora no CAR de Madrid. Este ano foi sexta no Campionato de España Absoluto nos 200ml, a súa marca nesta proba supúxolle asinar o récord galego absoluto.

O Mundial no que este ano 2023 poderá clasificarse para París 2024 celébrase, xustamente, na Cidade da Luz. Estase centrando nas distancias de 100ml e 200ml. Recordemos que Toquio 2020 foi ouro nos 100ml e prata nos 400ml. Deste xeito, Adi Iglesias céntrase nas probas máis veloces.

Belén Toimil progresa baixo ás ordes técnicas de Carlos Burón. A lanzadora de Mugardos rematou o ano 2022 adestrando en Los Realejos coa RFEA. A galega é a mellor española na súa discipina. Así o valida o seu Campionato de España en 2022.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Belén Toimil (@belentoimil)

Con todo, neste ciclo olímpico aínda está lonxe das marcas que aspira a acadar. Seguro que o traballo neste último ano cara a París 2024 fai que a atleta olímpica volva achegarse aos 19m. O seu mellor lanzamento en competición oficial está en 18.80m, unha marca que fai que ostente o récord de España.

🥇🥇BELÉN TOIMIL CAMPIOA DE ESPAÑA ABSOLUTA🥇🥇
A plusmarquista nacional olímpica, proclámase novamente Campioa de España no concurso de peso cun mellor lanzamento no seu terceiro tiro de 17.80 m.
PARABÉNShttps://t.co/MGz5w1QylV pic.twitter.com/F0fnQXTdZw

— Atletismo Galego (@atletismogalego) June 24, 2022

No Mundial de atletismo 2022 celebrado en Oregón, Belén Toimil, situábase como a 21ª lanzadora de peso, e no Europeo 2022, foi décima.

Desde febreiro empezan as citas para as nosas atletas con Nacional de pista cuberta. Para marzo está fixado o Europeo de pista cuberta. Haberá citas de importancia en maio como Doha ou Rabat, ou en xuño en Roma e París, todas dentro da Diamond League, pero sen dúbida os pratos fortes serán en xullo cun novo campionato estatal e probas da Diamong League en Estocolmo, Chorzow, Mónica e Londres. En agosto será o Mundial, e as probas de Shenzhen e Zurich. Setembro agarda en Bureslas e Eugene.

Desi Vila estivo estudando e adestrando en Estados Unidos durante o primeiro semestre de 2022. Concretamente en Oswego. Non puido participar no Campionato de España 2022 por un problema no tendón de Aquiles.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Desirée Vila Bargiela (@desivila98)

A deportista galega está tamén pendente de saber se a dolencia cardíaca que padece de xeito crónico puidera facela pasar por quirófano. Segundo ela mesma explicaba en La Voz de Galicia esa intervención sería para substituir unha válvula do corazón que fai que o sangue non se bombee tan ben como debera.

Deportes de grupo

As Guerreras, teñen en abril a eliminatoria contra Austria para entrar no Mundial de Dinamarca, Noruega e Suecia do ano 2023. Na lista de Frades sigue a contar Alicia Fernández, aínda que a de Valdoviño non entrou nas últimas convocatorias por estar recuperándose dunha lesión de longa duración no menisco. A xogadora do Rapid de Bucaret tivo que ser operada e traballa na súa recuperación.

En baloncesto, España está clasificada para o Eurobasket 2023. O seleccionador, Miguel Méndez, está a incluír a Raquel Carrera (Valencia BC) nas súas convocatorias, nas que tamén está a viguesa María Araujo (Spar Girona) e a ourensá Paula Ginzo (Durán Maquinaria Ensino).

Vicky Alonso está xogando nas filas do UCAM Murcia e continúa entrando nas convocatorias da Selección Española de baloncesto en cadeira de rodas.

Retirada de María Bernabeu da alta competición

A olímpica María Bernabeu comunicaba no mes de outubro deste ano 2022 que se retiraba da alta competición. A judoca empeza unha nova etapa na que o deporte e o judo están moi presentes pero como emprendedora.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Maria Bernabeu (@mariabernabeu70)

A Real Federación Española de Judo e deportes asociados lembraba nesa despedida que no palmarés de María Bernabeu están hitos como:

  • Dobre medallista mundial.
  • Olímpica en Toquio 2020.
  • Diploma olímpico en Río 2016.
  • Gañadora de Grand Prix.
  • Gañadora de Grand Slam.
  • 10 veces Campioa de España.

Benedetti, a París sobre rodas

A coruñesa Julia Benedetti é a máis nova das 14 deportistas galegas que estiveron nos Xogos de Toquio 2020. Practica o skateboarding na modalidade de park.

Para clasificarse para os próximos XX.OO. ten que figura no Ranking Olímpico Mundial de Skateboarding (OWSR, polas súas iniciais en inglés) a partir do 24 de xuño de 2024. A lista aínda non está disponible.

Para ese ránking OWSR vanse ter en conta varias competiciones e os cinco niveis de eventos a partir dos que se atribúen puntos ás skaters son os seguintes:

  • Campeonato Mundial
  • Serie de Clasificación Olímpica (ver artículo en inglés)
  • Pro Tour
  • Eventos 5 estrellas
  • Eventos 3 estrellas

Como non podía ser doutro xeito, a selección española de skateboarding xa ten a mirada posta en París 2024. O adestrador español, Alain Goikoetxea, mantén a confianza en Benedetti. De feito, en poucos días (do 8-13 de xaneiro) está previsto que unha lista de riders, entre os que está a galega Julia Benedetti, adestren no Aldja Skatepark Complex de Sharjah (Émiratos Árabes). Este mismo escenario será sede dos  Mundiais de Street e Park que se celebrarán do 29 de xaneiro ao 12 de febreiro. Como indicamos antes, esta é unha proba puntuable para estar nos Xogos Olímpicos de París 2024.

Galegas aspirantes a debutar nuns Xogos

Na lista de posibles olímpicas en París 2024 hai que sumar nomes de máis deportistas galegas que non estiveron en Toquio 2020 como os de Arlet Ortiz, Alma Pérez e Tania Castiñeira, na modalidade de taekwondo; Paula Otero e Carla Carrón, na natación; Carolina García, en piragüismo; no caso dos deportes de grupo están entrando nas convocatorias da Selección Española de Fútbol Teresa Abelleira e Nuria Rábano; en baloncesto xa falamos de que María Araujo e Paula Ginzo están contando para Miguel Méndez. 

Tamén asoman a cabeza como novos valores do atletismo español as marchadoras Antía Chamosa (15ª no Europeo) e Carmen Escariz, aínda que posiblemente a cita de París sexa un pouco cedo para elas na súa progresión internacional. Ambas as dúas formaron parte do equipo de España no Campionato Mundial de Marcha de 2022: Antía Chamosa na distancia de 20 km e Carmen Escariz na de 35 km.

Etiquetas Adi Iglesiasalicia fernándezAna PeleteiroBelén ToimilDESIREÉ VILAJulia BenedettiMaría BernabeuOlímpicaRaquel CarreraSusana Rodríguez GacioTamara AbaldeVicky AlonsoXogos OlímpicosXogos Paraolímpicos
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Deporte Lugués en Feminino - Axenda Deportiva tempada 2026 -27 / DEPUTACIÓN DE LUGO

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo edita a axenda “Deporte lugués en feminino”

por Redacción As Nosas
03/07/2026
0

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentará o vindeiro luns (6 de xullo, ás 17.00 horas) a publicación “Deporte lugués...

Susana Rodríguez Gacio e Sara Pérez sobre a bici na proba de Montreal, terceira das Series Mundiais / CSD

Susana Rodríguez Gacio vence nas series de Montreal 

por Redacción As Nosas
28/06/2026
0

  A terceira das citas das Series Mundiais de paratríatlon celebrouse esta fin de semana en Montreal (Canadá). Alí a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.