Dos trece atletas de Galicia que van competir esta fin de semana no Campionato de España Sub16 oito o fan en categoría feminina. As atletas Antía Pernas, Ainhora Raparaz, Xela Martínez, Lucía Blanco, Adriana Rial, Lisa Vosberg, Enma Sihuang e Carlota Salgado forman parte da expedición galega.
O total de atletas participantes neste estatal é de 261. A cita vaise desenvolver nas instalacións cubertas do Gallur madrileño nove meses despois da celebración da última proba baixo tellado. Tal e como informa a Federación Galega de Atletismo, “a ela acuden os e as nosas representates logo dun ano atípico onde lonxe dos resultados, o importante será a celebración da volta a actividade cuberta”.
Así, baixo estritas medidas de seguridade e amplos protocolos de prevención do contaxio da COVID-19, acudirán a tomar parte nesta competición de atletismo, entre outras galegas, a velocista do Lucus Caixa Rural Antía Pernas no sector de velocidade, onde acude co quinto mellor rexistro das participantes o que a fai entrar na loita polas medallas.
Recomendamos prestar especial atención á campioa galega absoluta sobre os 100 m. de aire libre Ainhora Raparaz do Val Miñor quen vai disposta a desenvolver un bo campionato.
Na proba dos 600 m. poderemos ver as evolucións do coruñés do Marineda Atlético Jorge Vázquez así como a do pontevedrés Jemal Samson do Rías Baixas
Xela Martínez da Atlética Lucense centrará boa parte dos focos de atención deste Campionato de España Sub16ao chegar ca mellor marca das participantes e de ser a priori clara favorita ao título dos 3.000. A sensación lucense quere rematar este 2020 imbatida, sumando un novo título nacional que engadir ao acadado ao aire libre en Granollers sobre a mesma distancia.
Na categoría masculina estará sobre o tartán ao atleta independente Víctor Ramos co obxectivo de baixar dos 9:22.
Nos valos o campión galego indoor Sub16 Pablo Cudeiro do Ourense Atletismo intentará estar na final da proba, obxectivo polo que tamén loitarán tanto Lucía Blanco do Ria Ferrol como Adriana Rial do Samertolameu na categoría feminina
No concurso de saltos Daniel Loureiro de A Silva loitará por estar por riba dos 6.26 m. cos que se achega á final de lonxitude.
Duelo entre dúas galegas en salto de altura
No concurso de altura é onde a medallista de bronce no nacional de Granollers, Enma Sihuang da Atlética Lucense, así como Carlota Salgado do A.F. Celta manterán unha interesante disputa que, sen lugar a dúbidas, beneficiará a ambas saltadoras.
Por último, na proba de pértega será a campiona galega tanto de aire libre como de pista cuberta Sub16 Lisa Vosberg do AVA quen intente estar por riba dos 3.10 m. neste Campionato de España.