• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

O Xogos do Eixo Atlántico, unha cita entre culturas en Compostela

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/07/2026
en Máis Deporte, Atletismo
Xogos do Eixo Atlántico / CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xogos do Eixo Atlántico / CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

28
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

As pistas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleron onte a celebración da XVI edición dos Xogos do Eixo Atlántico, unha cita deportiva de referencia no ámbito transfronteirizo que reuniu a un total de 37 equipos baixo a organización e control técnico da Federación Galega de Atletismo.

Na clasificación por equipos, o conxunto de Lugo, na categoría feminina, proclamouse campión tras sumar 78 puntos, mentres que na categoría masculina o triunfo foi para o equipo de Braga, cun total de 71 puntos. Completaron os postos de podio, na competición feminina, os equipos de Ourense e Braga, mentres que na masculina fixérono Lugo e VN de Formaliçao, confirmando o alto nivel competitivo dunha edición marcada pola igualdade e o bo ambiente entre todas as delegacións participantes, segundo informan desde a Federación Galega de Atletismo.

A xornada desenvolveuse en dobre sesión, cun programa deportivo que combinou as probas de pista pola mañá coa carreira en ruta pola tarde. Durante a primeira parte do día, as instalacións compostelás foron escenario das distintas disciplinas atléticas, nas que os equipos foron sumando puntos decisivos para a clasificación final.

Xa pola tarde, a actividade dos Xogos do Eixo Atlántico trasladouse á Alameda de Santiago, onde se celebrou a tradicional proba en ruta, sobre unha distancia de 2 quilómetros para a categoría feminina e 2,5 quilómetros para a masculina.

Na carreira feminina, a vitoria foi para Lía Núñez, do equipo de Lugo, que se impuxo cunha sólida actuación. O segundo posto foi para Claudia Álvarez, de Monforte de Lemos, que cruzou a meta a 11 segundos da gañadora, mentres que a terceira praza foi para María Fernández, tamén de Lugo, a 16 segundos do primeiro posto.

Na categoría masculina viviuse unha chegada especialmente emocionante, cun desenlace moi axustado no que apenas houbo un segundo de diferenza entre os primeiros clasificados. O triunfo correspondeulle a Alejandro Casal, de Carballo, por diante de Gabriel Nogueira, de Santiago, mentres que o terceiro posto foi para Sergio Cobas, do equipo de Lugo.

A entrega de premios dos Xogos do Eixo Atlántico presidida pola Concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, e polo Presidente da Comisión Xestora da FGA, Iván Sanmartín, puxo o broche desta edición 2026.

Orixe e finalidade dos Xogos do Eixo Atlántico

Os Xogos do Eixo Atlántico celébranse desde o ano 1995 e naceron coa finalidade de promover o deporte base, favorecer a convivencia entre a mocidade e fortalecer os vínculos entre a cidadanía de Galicia e do norte de Portugal. Trátase dun evento de carácter bienal, consolidado co paso dos anos como unha das grandes citas do deporte de base no espazo eurorrexional.

A competición constitúe ademais un evento deportivo transfronteirizo único en Europa, tanto pola súa dimensión como polo seu espírito integrador, reunindo en cada edición entre 1.500 e 2.000 deportistas procedentes das cidades e municipios que forman parte do Eixo Atlántico.

A súa celebración representa unha oportunidade para impulsar os valores do deporte, o intercambio cultural, a cooperación institucional e o sentimento de pertenza a un territorio compartido.

Con esta nova edición dos Xogos do Eixo Atlántico, Santiago converteuse de novo no escenario dunha xornada de atletismo, convivencia e intercambio, na que o rendemento deportivo foi da man do compañeirismo e da participación, dous dos sinais de identidade que definen os Xogos do Eixo Atlántico desde a súa creación.

  • Consulta os resultados dos XVI Xogos do Eixo Atlántico
Etiquetas atletismoXogos do Eixo Atlántico
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.