O Victoria CF da Coruña acadou o ascenso a 2ª Federación logo de superar ao Zaragoza nunha gran eliminatoria. Con este logro Galicia mantén tres equipos nesta categoría malia o descenso do Atlético Villalonga. As cebras do Victoria CF compartirán categoría o vindeiro curso 2026-27 co Dépor B e As Celtas.
O equipo coruñés xa gañara na cidade aragonesa e rematou a faena nun ateigado campo de da Leyma na Coruña gañando por un resultado de 2-1.
O Victoria CF, terceiro equipo galego na 2.ª RFEF
As cebras súmase na terceira categoría do fútbol feminino estatal a outros equipos galegos como ás Celtas e Depor B, ocupando así o lugar deixado polo descendido Atlético Villalonga. Deste xeito Galicia mantén tres equipos na categoría da Segunda RFEF feminina.
O presidente da Comisión Xestora da RFGF, Pablo Prieto, e o director de fútbol feminino, Abraham Yáñez acompañaron ao club neste partido compartindo con eles un momento histórico para a entidade herculina.





















