• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Viaxes Amarelle recurta distancias sobre a bucina pero perde 1-2 na casa

A calidade do STV Roldán FSF tira por terra o traballo levado a cabo polas coruñesas que loitaron por arañar puntos, ata o último segundo de partido, literalmente

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/11/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Viaxes Amarelle apoiando a campaña contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia / VIAXES AMARELLE

Viaxes Amarelle apoiando a campaña contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia / VIAXES AMARELLE

44
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Viaxes Amarelle FSF, que adestra o técnico Jorge Basanta, afrontaba un complicado duelo recibindo a visita do STV Roldán FSF. Pese a facer un gran partido sobre a cancha e aguantar o tipo diante dun rival moi complicado, o partido fóiselle ás galegas que, así e todo, loitaron por puntuar ata o último suspiro do encontro.

Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE

Pero por segunda semana consecutiva, o último minuto do partido quíxose facer decisivo para o Viaxes Amarelle. Nesta ocasión, o conxunto murciano adiantábase con dous goles no partido, mentres que as herculinas metían presión anotando o 1-2 a falta de 20 segundos. Buscaron o punto ata que o partido agonizou pero non foron quen de anotar o segundo tanto que lles tería dado un merecido punto as laranxas.

O partido iniciábase cun Viaxes Amarelle sacando de centro e buscando desde o primeiro minuto a portaría contraria. Aínda que segundo pasaban os minutos, o STV Roldán FSF íase facendo coa posesión do balón e xerando o xogo. Mentres, a escuadra herculina buscaba sorprender á contra ou con balóns longos ao pivote.

As coruñesas que prepara Jorge Basanta metíase nunha presión a media cancha que conseguía roubar o balón na transición, e xerar contras perigosas, pero sen conseguir finalizar coa suficiente claridade.

Sen cambios no electrónico ao final do primeiro tempo

O partido íase igualando segundo pasaban os minutos, e as ocasións repartíanse para ambas as escuadras; e algunhas das máis claras chegaban nos últimos minutos coa presión forte a media cancha das locais; pero o partido iríase ao tempo de descanso co 0-0 inicial.

Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE

Logo do paso por vestiarios, o conxunto murciano saía coa intención de mover rápido o balón e sorprender con velocidade para chegar pronto á portaría contraria. Pero as herculinas facíanse fortes en defensa e non deixaban entrar con facilidade ás visitantes a disparar á portaría de Leti.

Á súa vez, o conxunto de Jorge Basanta críase forte na pista, e seguía roubando en primeira liña, e xerando contras perigosas, que non se conseguían finalizar.

Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE

Os minutos pasaban, e o 0-0 mantíñase no luminoso, cun Viaxes Amarelle FSF que estaba a chegar cada vez con máis perigo. Pero finalmente as visitantes tiraban de calidade e nunha xogada de córner a falta de pouco máis dun minuto. Ángela puña o 0-1 no marcador nunha volea espectacular axustada ao pau.

María Gómez, Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE
María Gómez, Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE

Aínda quedaba tempo por diante, e as coruñesas non dubidaron en saír co xogo de cinco e buscar igualar a contenda, pero un fallo na defensa a pouco máis de 50 segundos, e sen porteira, facía que Alba Gandía case sen ángulo, puxese un 0-2 no marcador que resultou practicamente definitivo.

Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE

A pesar dos dous goles de vantaxe para as visitantes, o Viaxes Amarelle FSF seguíao tentando co xogo de cinco. A falta de 20 segundos para o final, nunha transición rápida de 5 para 4, terminaba coa finalización ao segundo pau de Yaiza.

Unha falta e un segundo para soñar co empate do Amarelle

Quedaba pouco, pero nada imposible, e as herculinas non desistiron en ningún momento. A pouco menos de 4 segundos, roubaron un balón en cancha contraria, e cunha falta a sete metros, a menos dun segundo para o final do partido propiciaba unha oportunidade complicada para as herculinas pero que facía soñar co empate. Martita terminaba por estrelar o balón na barreira murciana. Con iso remataba o partido e os puntos puñan rumbo a Murcia.

Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE

Foi, con todo, nun partido moi traballado das galegas. As futbolistas coruñesas mereceron un empate que sería un premio diante dun rival deste nivel que, tras medirse coas galegas, segue invicto nesta tempada.

O Viaxes Amarelle FSF volverá aos adestramentos este luns, tras o preceptivo descanso que tomarán mañá domingo as xogadoras. Xa esperando o próximo fin de semana que toca partido contra un rival directo na Primeira División Nacional Feminina. O o cadro coruñés disputará a sétima xornada do Subgrupo A, o sábado 28 de novembro de 2020 ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Sagrada Familia da Coruña recibindo ao Gran Canaria FSF Teldeportivo que empataba co Cidade de As Burgas.

Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle vs Roldán FSF / VIAXES AMARELLE

FICHA TÉCNICA

VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Martita, Yaiza, Lau Doce, Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Patri Corral, María Gómez e Cris Lourés.

STV ROLDAN FSF: Almudena, Mariángeles, Lola, Alba Gandía, Noelia Montoro – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Ángela, Marta Pelegrín, Cristina García, Marta de los Riscos, Andrea Marín, Cristina e Consuelo.

GOLES: 0-1 Ángela (min. 39); 0-2 Alba Gandía (min. 40); 1-2 Yaiza (min. 40).

ÁRBITROS: Gallo Suárez e Hevia Campa do Colexio de Árbitros de Asturias. Mesa: Verónica Fernández do Colexio de Árbitros de Asturias. Amonestaron con cartón amarelo a Mari Ángeles e Ángela do STV Roldán FSF.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á sexta xornada do Subgrupo A da Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala da RFEF disputado no Pavillón Municipal da Sagrada Familia na Coruña.

Etiquetas A Coruñafútbol salafutsalRoldán STVSTV Roldán FSFviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

HC Borbolla vs Cerdanyola / SABELA MOSCOSO

As colistas visitan en Monte Alto a un HC Borbolla que non pode fallar

por Silvia Carregal
27/02/2021
0

  O HC Borbolla coruñés non pode fallar ante o Areces Ecopilas Asturhockey, colista do grupo pola permanencia da Ok...

Unha das andainas será polo parque escultórico de Torre / CONCELLO DA CORUÑA

Apúntaste a descubrir o parque escultórico da Torre de Hércules a trote?

por Redacción As Nosas
27/02/2021
0

  A andainas serán de balde, son para alumnado das Escolas Deportivas Municipais que sexa maior de 18 anos, hai...

Amarelle - Teldeportivo / AMARELLE FS

Partido chave na loita pola permanencia para o Amarelle

por Redacción As Nosas
26/02/2021
0

  O conxunto galego do Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, ten este sábado un dos partidos máis importantes...

Ourense Envialia - Leganés | David Pereda

Loita na metade da táboa entre o Envialia e o Leganés

por Carmen G. Mariñas
26/02/2021
0

  A competición na máxima categoría do futsal español está moi reñida. No Grupo A, dous equipos dividen a metade...

Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

O Cidade visita ao segundo clasificado do Grupo A

por Carmen G. Mariñas
26/02/2021
0

  O tempo esgótase na Primeira División de fútbol sala e o Cidade de As Burgas GLS ten xa poucos...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
A Selección Española de Rugby XV, as Leonas, campioas de Europa por oitava vez con Paula Medín e Mónica Castelo no equipo / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE RUGBY

Octacampioas de Europa!

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Española de Rugby XV, as Leonas, campioas de Europa por oitava vez con Paula Medín e Mónica Castelo no equipo / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE RUGBY

Octacampioas de Europa!

27/02/2021
Formacióndo Dépor ABANCA, As Nosas, en Abegondo / RCD

Abegondo volve abrir as súas portas para ver As Nosas aínda que só a 150 persoas

27/02/2021
Banco do BAXI Ferrol que se medirá ao Barakaldo / UNIVERSITARIO FERROL

Proba de lume para o BAXI se quere obter a vixésimo segunda vitoria consecutiva

27/02/2021
aforo Baxi Ferrol - Movistar Estudiantes Liga Feminina 2 Baloncesto / WYKAZSZKOWSKI

Unha APP para controlar o aforo nas instalacións deportivas

27/02/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.