• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Tres puntos colleitados ante o Joventut D’Elx que colocan ao Viaxes Amarelle FSF máis preto da permanencia (4-1)

Unha fractura no nariz deixa fóra da tempada a Carol Agulla | As galegas remontaron o partido tras recibir un gol de Peque no minuto 6

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/05/2023
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Viaxes Amarelle FSF vs Joventut D`Elx / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF vs Joventut D`Elx / VIAXES AMARELLE FSF

77
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O triunfo colleitado polo Viaxes Amarelle FSF na Sagrada Familia sitúa ás coruñesas máis preto de manterse na elite do futsalfem estatal. Os otres puntos son ouro puro para as futbolistas que adestra Jorge Basanta que remontaron o partido ante o Joventut D’Elx ata vencer por 4-1.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

O equipo herculino afrontaba a súa penúltima xornada da tempada en casa, e facíao recibindo a un rival xa descendido, o Clínica Blasco Visitelche Joventut D’Elx. As galegas sabían que as ilicitanas non ían vender baratos os tres puntos, e de feito as visitantes adiantáronse no marcador e conseguiron irse ao descanso cunha vitoria parcial por 0-1.

Viaxes Amarelle FSF vs Joventut D`Elx / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF vs Joventut D`Elx / VIAXES AMARELLE FSF

Pero as futbolsitas do Viaxes Amarelle FSF non cesaron nunca no seu empeño de conseguir a vitoria, e nunha meritoria segunda parte, de loita e decoro, conseguiron dar a volta ao partido e impoñerse por un marcador de 4-1, con goles de Cláudia Lobo, Tety e Estelita, que deixa ás herculinas a un paso de certificar, matematicamente, a permanencia.

Viaxes Amarelle FSF vs Joventut D`Elx / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF vs Joventut D`Elx / VIAXES AMARELLE FSF

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF apostado en media cancha, esperando que as visitantes xogasen o balón, e poder buscar de xerar perigo á contra, pero as galegas non conseguían sorprender; e as visitantes cunha defensa moi pechada, facía moi complicado, que as herculinas conseguisen meterse no partido.

Aos cinco minutos de xogo, as visitantes sorprenden, adiantando á súa porteira para mover o balón en xogo de cinco, e nunha destas ocasións, Peque, cun potente disparo exterior cruzado e axustado ao pau, consegue poñer o 0-1 no marcador.

Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF dando instrucións no banco / VIAXES AMARELLE FSF
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF dando instrucións no banco / VIAXES AMARELLE FSF

O partido poñíase pronto costa arriba para a escuadra herculina, pero non decaía nas súas opcións de buscar a portería contraria e tratar de conseguir un gol que devolvese a igualada no marcador.

Susto para Carol Agulla que foi trasladada ao hospital

As galegas tentaríao de todas as maneiras, pero o gol non chegaba, e o tempo da primeira metade íase esgotando, e cando xa parecía que todo se ía ao descanso co marcador no 0-1, un balón longo á área, é pelado por Carol Agulla, que recibe un impacto da meta visitante no salto, e cae ao chan.

Viaxes Amarelle FSF vs Joventut D`Elx / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF vs Joventut D`Elx / VIAXES AMARELLE FSF

Quedaba pouco máis dun segundo, que se finiquitaba co 0-1. Pero Carol Agulla tería que ser trasladada a un centro hospitalario, onde tras realizar un TAC, descartábase nada do golpe na cabeza, pero confirmábase unha fractura no nariz, que lle impedirá terminar a tempada sobre a cancha.

Na continuación, a escuadra herculina partía coa baixa de Carol Agulla. As compañeiras seguiron no seu empeño de buscar os tres puntos, e no primeiro minuto de xogo Cláudia Lobo cun potente disparo exterior de 6 metros poñía o 1-1 no marcador.

Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Aínda quedaba partido por diante, e a escuadra dirixida por Jorge Basanta, buscaba dar a volta ao partido dunha vez por todas; e na medianía do período, Èlia Gullí combina unha gran xogada por banda e finaliza cun disparo exterior, que repele Teresa, e Tety desde dentro da área non perdoa, para subir o 2-1 ao marcador.

As galegas conseguían dar a volta ao partido, e seguían coa presión alta sobre o seu rival, e gozarían doutra ocasión moi clara, tras un roubo de Estelita, en primeira liña, que toca a Cláudia Lobo, pero o balón vaise por alto. E a sete minutos do final, Cris Lourés executa un saque de esquina, onde mete o balón á área e leste impacta en Eli, que termina metendo o balón en propia porta; e subindo o 3-1, a favor das coruñesas no marcador.

As visitantes esgotaban nos últimos minutos as súas ocasións co xogo de cinco, e o Viaxes Amarelle FSF  conseguía roubar algún balón e probaba fortuna desde cancha propia, chegando a mandar un balón ao pau da portería ilicitana; e a falta de pouco máis de 50 segundos para o final, Estelita desde cancha propia pon o 4-1, que ao cabo sería definitivo para dar tres puntos de ouro ao conxunto galego, na súa loita pola permanencia.

O Ourense Envialia pode dar a permanencia ao Viaxes Amarelle FSF

Nestes momentos o conxunto herculino, mantén unha renda de 7 puntos sobre o Sala Zaragoza FSF, que mañá disputa o último partido desta xornada 28ª da competición contra o Ourense Envialia FSF; e no caso, de que as galegas se impoñan ás mañas, o conxunto herculino podería certificar a súa permanencia de maneira matemática.

O Viaxes Amarelle FSF tamén mantén unha renda de 4 puntos sobre Rayo Majadahonda Afar4 FSF, que é o equipo que actualmente marca a permanencia, cando só restan 6 puntos por xogarse. Esta vitoria é unha bolsa de osíxeno, que pode valer unha permanencia; pero haberá que seguir pelexando estas dúas xornadas, en caso contrario, para poder certificalo matematicamente, canto antes.

Tras este novo duelo oficial da tempada, o conxunto herculino volverá aos adestramentos o luns, e prepararase en visitar a cancha do actual primeiro clasificado da competición a próxima fin de semana. A Primera RFEF Futsal Femenina afrontará a vixésimo oitava xornada da competición, nun partido que terá lugar o sábado 20 de maio de 2023, a partir das 18:00 horas no Pavillón Municipal da Estación (Navalcarnero), onde o Viaxes Amarelle FSF visitará ao Futsi Atlético Navalcarnero, líder.

FICHA TÉCNICA

4) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Lau Doce, Èlia Gullí, Tety e Clàudia Lobo – cinco inicial -. Tamén xogaron: Estelita, Carol Agulla, Carlita, María Gómez, Laura Rivas, Cris Lourés e Laura Rivas.

1) CLÍNICA BLASCO VISITELCHE JOVENTUT D`ELX: Teresa, Peque, Eli, Judit e Aitana – cinco inicial -. Tamén xogaron: Bianca, Lydia e Sara.

GOLES:  0-1 Peque (min. 6); 1-1 Clàudia Lobo (min. 21); 2-1 Tety (min. 30); 3-1 Eli (propia puerta) (min. 33); 4-1 Estelita (min. 39).

EQUIPO ARBITRAL: Borja Darriba Villamor e Miguel Jesús Rodríguez Pontanilla do Comité Técnico de Árbitros de Lugo e Pontevedra. Arbitro Asistente: Mayra Araujo Camila del Comité Técnico de Árbitros da Coruña. Mesa: Iván Enríquez Fontenla do Comité Técnico de Árbitros da Coruña. Amonestaron con cartón amarelo a Lau Doce do Viaxes Amarelle FSF. Teresa, Bianca e Peque do Clínica Blasco Visitelche Joventut D’Elx tamén foron sancionadas cun cartón amarelo cada unha.

INCIDENCIAS: Partido correspondiente á vixésimo oitava xornada da Primera RFEF Futsal Femenina disputado no pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña).

Etiquetas Clínica Blasco Joventut D’Elxfútbol salafutsalViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

por Redacción As Nosas
13/07/2025
0

  O Poio Pescamar FS leva tempo dándolle forma e corpo ao grupo de xogadoras que na tempada 2025-26 estarán...

Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

por Redacción As Nosas
11/07/2025
0

  A nova adestradora do Burela FS, Belén Feal, afronta o reto de adestrar ás Guerreiras Laranxas con ilusión: “Para...

CD Burela FS recibirá apoio da Xunta de Galicia a través dun patrocinio de Turismo de Galicia / CD BURELA FS

Turismo de Galicia apoia ao Burela FS cun contrato de patrocinio de 30.000 €

por Redacción As Nosas
08/07/2025
0

    "Esta colaboración, a través de Turismo de Galicia, contribúe á estabilidade económica do club e enmárcase na aposta...

Futbolistas do Burela FS logo de quedar eliminadas na quenda de penalties das semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO - CD BURELA FS

O Burela FS cae nos penaltis (4-4 e 6-7) nas semifinais da Liga Iberdrola FS co Futsi Atlético Navalcarnero

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  As mariñás do Burela FS lograron igualar un 0-4 no segundo tempo, pero non foron capaces de remachar a...

Selección Española futsalfem, campioa nos Xogos Sordolímpicos coas galegas Candela Soria e Eva Dios/ FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES PARA SORDOS

Candela Soria e Eva Dios acudirán coa Selección Española de fútbol sala ao Campionato do Mundo para persoas xordas

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  Dúas fútbolistas galegas, Candela Soria e Eva Dios, repiten coa Selección Española de fútbol sala para persoas sordas que...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

13/07/2025
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

12/07/2025
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.