O próximo sábado, 28 de novembro, o Viaxes Amarelle FSF recibirá ao Teldeportivo ás 19:00 horas para un novo encontro da Primeira División Feminina de Fútbol Sala.
Os números non están acompañando ao Viaxes Amarelle esta tempada, que tras cinco partidos soamente foi quen de gañar un, deixándoo así na sétima posición con tres puntos. As coruñesas non lograron iniciar unha racha de vitorias despois de gañar ao Cidade de As Burgas na quinta xornada.
Malia pelear ata o final polos tres puntos, as xogadoras ás ordes de Jorge Basanta caeron en casa fronte a un rival forte, o STV Roldán FSF. As futbolistas presionaron durante todo o partido ao segundo clasificado. O duelo iniciouse cunha vantaxe de dous tantos para as murcianas, que adiantáronse pronto no marcador. Pero o Viaxes Amarelle non deu descanso e logrou anotar un gol a 20 segundos do final. Porén, as perigosas xogadas de ataque coruñesas non foron suficientes e finalmente non puideron rascar o punto do empate.
Pola súa banda, o Teldeportivo ven de empatar co Cidade de As Burgas no que foi o primeiro punto para ambos conxuntos. Ancorados na parte baixa da táboa, a cita prevíase como un duelo ente rivais da mesma liga que terminaron por demostrar a súa igualdade no terreo de xogo.
Así, para esta xornada, a escuadra coruñesa xogará previsiblemente coa lixeira vantaxe de estar facendo unha mellor tempada, pero non se descarta que o Teldeporte de a sorpresa. O aforo para este partido será moi limitado polas restricións sanitarias, así que o equipo coruñés habilitou ata o mércores 25 un formulario na súa web para reservar praza para acudir ao encontro.
📽💪⚽️ CONTRA UN RIVAL DIRECTO ‼️
Las herculinas tratarán de estrenar el casillero de locales en #PrimeraRFEFfutsal
⚽️ @amarellefsf – @Teldeportivo
🗓 Sábado 28/11/2020
⏰ 19:00 h
📺 Streaming en https://t.co/58xEikehzJ#FutsalFemenino #jornada7 #vamosNaranjas pic.twitter.com/hGqvemC6vp— Viaxes Amarelle FSF (@amarellefsf) November 26, 2020