• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

O Viajes Interrías recibe o 2022 con vitoria

O ano novo mantén sen cambios o podio da Primera Nacional, co Friol en segunda posición e o Sárdoma na terceira

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
10/01/2022
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
Viajes InterRías FF / VIAJES INTERRÍAS FF

Viajes InterRías FF / VIAJES INTERRÍAS FF

185
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Novo ano, mesmo podio na Primera Nacional. O fútbol galego segue dominando o grupo 1 da categoría de bronce do fútbol español, co Viajes Interrías no máis alto da táboa.

En segunda posición marcha o PM Friol, quen mantén a prata malia non gañar desde novembro. O bronce, polo de agora, é para o Sárdoma, quen caeu derrotado pero está a dous puntos das lucenses.

A clasificación dos clubs galegos continúa co Dépor ABANCA B en quinta posición, o Umia CF como sexto clasificado, o Victoria CF sétimo, a UD Mos undécima, e o Victoria FC e o SD Villestro pechando a clasificación nos postos de descenso.

Primeira vitoria do 2022 para o Viajes Interrías, vencendo ao filial branquiazul

O conxunto dirixido por Treviño continúa no 2022 co bo traballo e dinámica do 2021, iniciando o ano cunha vitoria ante o Dépor ABANCA B.

O Interrías visitaba Abegondo cun plan de partido que pasaba polo control férreo do balón. As visitantes fixéronse co dominio do xogo desde os primeiros minutos, aínda que tería que achegarse o ecuador de partido para que as de Portonovo abriran a lata.

No minuto 39 Andrea Villadeamigo anotou o primeiro gol da tarde, afianzando a vitoria visitante.

Na segunda parte, as de Treviño seguiron sendo superiores ante as herculinas, destacando especialmente nas tarefas defensivas. O segundo gol non se faría agardar tanto como o primeiro, e no minuto 61 Nati asinaría o 0-2 tras unha xogada por banda.

No tramo final de partido, o equipo de Kevin Cabado loitou por facer dano ás visitantes, sen éxito. As líderes aproveitaron a súa oportunidade para aumentar a distancia co resto de equipos da categoría. Ademais, nos últimos minutos a nova xogadora do Interrías, Alba Jiménez, puido debutar.

Luis Treviño: “Non podes vivir nin da casa nin do que consigas fóra”

O Friol raña un punto ante o Gijón FF

En Friol, as de Covi Regueiro recibían para estrear o ano ás asturianas do Gijón FF, equipo da parte inferior da táboa pero que soubo estar ao nivel das galegas.

O encontro desenvolveuse como un pulso tenso entre ambos conxuntos, que mantivo a igualdade durante toda a primeira parte, deixando o resultado aberto na segunda.

Pouco despois da reanudación, as asturianas golpearon primeiro, cun gol obra de Irene Martínez. As do Friol recompuxéronse para rascar un punto no tramo final.

No minuto 89, Oliva Leon foi quen de anotar o primeiro gol das galegas, que poñía o 1-1 no marcador, co que remataría o partido. Con este resultado, as lucenses son aínda segundas, pero suman outra semana sen gañar desde o 2-3 ao Sárdoma na undécima xornada.

Covi Regueiro (PM Friol): “A Primera Nacional sorprendeunos”

O Victoria FC gaña o seu segundo partido da tempada ante o Sárdoma CF

A sorpresa da xornada estivo no partido que enfrontaba ao terceiro clasificado, o Sárdoma CF, co antepenúltimo, o Victoria FC. As compostelás capaces de facerse co duelo, sumando así a súa segunda vitoria da tempada e manténdose na loita por saír do descenso.

O Sárdoma estreaba o ano en casa, xogando como local malia que a súa especialidade está nos partidos lonxe das Relfas. Unha vez máis, xogar como local pasoulle factura ás de David Ferreiro, que viron como os tres puntos se escapaban na primeira parte.

O único gol do encontro chegaría no minuto 44, pero xa desde o comezo as vermellas mostraron a súa intensidade, mantendo a raia ás locais.

Sárdoma vs Victoria FC / VFC
Sárdoma vs Victoria FC / VFC

Con varios tiros desde a frontal da área, as santiaguesas xeraban perigo na porta do Sárdoma, que porén non eran capaz de chegar á meta contraria. O gol do Victoria chegaría tras un pase de Laurita a Ana López, quen non fallou cun tiro lexano, colándose pola esquina da portería viguesa.

Na segunda parte, as de Ferreiro loitaron por coller o mando do encontro, pero a presión das visitantes bastou para manter a raia ás locais. O Victoria gozou de máis ocasións que non chegou a materializar, sumando finalmente os tres puntos á fin do duelo.

David Ferreiro (Sárdoma CF): “É importante gañar cando estás ben e tamén cando non”

Vitoria para o UD Mos ante o Victoria CF

O último encontro para as galegas, xa que o duelo entre o Villestro e o Umia tivo que ser adiado, foi o que enfrontou ao UD Mos ante as cebras do Victoria CF.

Neste encontro directo, entre dous equipos da zona morna da táboa, ambos conxuntos deron mostra dunha igualdade máxima na primeira metade.

O partido non se rompeu ata a segunda parte, cando as locais do UD Mos aproveitaron as súas oportunidades. Uns minutos despois da reanudación, no minuto 50, Lucía colleu o esférico tras unha perda das coruñesas para batir a Álvaro e anotar o primeiro gol.

O Victoria intentou reaccionar, pero as locais foron superiores marcando o segundo tanto no minuto 78, desta vez obra de Miriam. Con este 2-0 final, o Mos volve ao camiño da vitoria, despois de estar sen gañar desde o 1-2 ao Villestro do 31 de outubro.

Etiquetas Dépor ABANCA BfútbolPM FriolPrimeira NacionalPrimera NacionalSárdoma CFSD VillestroUD MosUmia CFViajes InterríasVictoria CFVictoria FC
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.