• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

O Viajes Interrías marcha ao parón de Nadal líder

O PM Friol vai segundo, seguido polo Sárdoma e Dépor ABANCA B

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
13/12/2021
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
O Viajes Interrías marcha ao parón de Nadal líder / INTERRÍAS FB

O Viajes Interrías marcha ao parón de Nadal líder / INTERRÍAS FB

74
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Coa primeira volta da Primeira Nacional xa rematada, tres equipos galegos seguen a liderar a táboa do grupo 1. O Viajes Interrías é o mellor posicionado, marchando ao parón de Nadal en primeira posición. Ségueo de preto o PM Friol, segundo, e o Sárdoma CF, terceiro.

Xa en cuarta posición chegan as filiais do Dépor ABANCA. O seguinte conxunto galego na clasificación é o Umia CF, actualmente sexto clasificado, por riba do Victoria CF. Na zona baixa atópanse UD Mos, 12º, co Victoria FC e o SD Villestro en postos de descenso.

O Interrías vence ao Avilés para descansar líder

Con tres puntos máis no casilleiro, o Viajes Interrías volve ao máis alto da táboa clasificatoria. As galegas visitaban a casa do Avilés, un equipo da zona baixa da clasificación.

Con todo, o partido presentouse complicado para as xogadoras adestradas por Luis Treviño. No primeiro cuarto de hora, as asturianas impoñíanse xa por un 2-0 de vantaxe. O Interrías acusaba a desconcentración en defensa, cedéndolle oportunidades de ouro a Gloria Campoamor e a Carmen Peñalver de penalti.

Tardou en chegar a reacción visitante, pero no 24 Andrea Villadeamigo anotaría o primeiro gol para as galegas encamiñando a remontada. Esta non se materializaría ata a segunda metade, na que as de Treviño tiveron que empregarse a fondo para anotar o empate.

As táboas chegarían no 68, cun gol de Vanessa Da Silva, que igualaría o marcador. Finalmente, houbo que agardar ata o último minuto de partido para que o esforzo das galegas tivera premio: tres puntos máis que valen un liderado.

O PM Friol cae ante o filial do Real Oviedo

Na outra cara da moeda, o PM Friol foi derrotado polo Real Oviedo B e superado na táboa da Primera Nacional polo Interrías, que lle arrebatou a primeira posición. As lucenses xogaron en casa ante o filial asturiano, perdendo por un 1-2.

No encontro, as visitantes anotaron primeiro, abrindo o marcador pasada a primeira media hora de xogo, mediante un gol no 32 de Rocío Muñiz. A presión do Oviedo B era superior ás galegas, que viron como as rivais aumentaban distancias dous minutos despois cun gol de Paula Martínez.

O descanso chegaría con este 0-2 no marcador e a complicada tarefa da remontada para o equipo de Covi Regueiro. Malia o esforzo, o primeiro gol das galegas non se produciría ata o minuto 67, obra de Blanca Cros. Porén, o primeiro tanto das lucenses, quenes melloraron o seu  xogo defensivo nesta segunda parte, non foi suficiente para remontar, perdendo na Reigosa por un 1-2.

O Sárdoma imponse ao Gijón FF

Outro equipo galego que pecha a primeira volta da Primera Nacional con vitoria foi o Sárdoma CF, quen se impuxo ao Gijón FF en casa para sumar tres puntos e manterse no podio da clasificación.

Na primeira metade do duelo, ambos conxuntos medirían forzas, nun xogo máis igualado do que mostra a táboa, impedindo que os goles subiran ao marcador. Non foi ata a segunda parte cando as xogadoras adestradas por David Ferreiro abrirían o electrónico.

Minutos despois da reanudación, Irene Fernández anotaría o seu primeiro tanto da tarde no minuto 48 a pase de Paula. Pouco despois, a xogadora branquiazul metería o segundo, no minuto 56, cun gran disparo despois dun erro das asturianas. Xa no 63, seguiríaa a súa compañeira Noelia Pereira, faría o terceiro, certificando a vitoria local.

O Dépor ABANCA B vence e golea ao Umia CF

En Abegondo, as filiais do Dépor ABANCA déronse un festín de goles ante outro club galego, o Umia CF, co que comparten zona na táboa. As locais venceron por un 7-0, sumando unha vitoria que lle permite adiantar ás súas rivais na clasificación.

Desde o comezo, o grupo adestrado por Kevin Cabado dominou o encontro, golpeando xa no minuto 6, co primeiro gol de tres de Tatiana Barcia. Para o segundo tanto deportivista houbo que agardar vinte minutos máis, co segundo dunha Barcia inspirada en ataque.

Entón, abriuse a veda das herculinas, que chegaron ao 5-0 antes do descanso con goles de Barcía (hat-trick), Carmen Carballada e Paula Monteagudo. Tras a reanudación, o dominio local seguiu sendo total, cun forte conxunto branquiazul que deixaba sen opcións ao Umia.

Co duelo xa resolto, o Dépor ABANCA B quixo máis na segunda metade, na que o acerto goleador foi menor, pero deixando dous goles, un de Uxía Cabada e outro de María Calvo.

Reparto de puntos entre o UD Mos e o Victoria FC

En Mos, a UD Mos recibía ao Victoria FC nun duelo da zona baixa da clasificación con dous rivais igualados. O nivel similar de ambos conxuntos deixou un reparto de puntos co empate no 1-1.

Nos primeiros intres de partido as vermellas mostrábanse activas con ocasión para Sara de anotar, pero o primeiro gol de partido sería para as locais, cun tanto desde fóra da área anotado por Lidia Varela antes dos cinco primeiros minutos de partido.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Victoria F.C. Féminas (@victoriafcfem)

Pouco a pouco, o Victoria fíxose co dominio do esférico, e pasada a primeira media hora de partido, Sara anotaba o empate co 1-1 no marcador a pase de Carla. Na segunda metade, a igualdade mantívose como tónica do encontro, con ocasións de decantar o partido para ambos bandos, pero sen cambios no electrónico.

As cebras do Victoria CF golean ao colista, o SD Villestro

O colista da clasificación, o SD Villestro, recibiu en casa ás cebras do Victoria CF, que aproveitou a última xornada do ano para golear 0-9 e marchar de vacacións cun triunfo.

O festival de goles coruñés deu comezo co gol de Andrea Díaz no minuto 8, seguida por Alba Suárez e Miriam Garabato e Raisa Méndez, antes do descanso. Na segunda parte, as de Cris Oreiro eran as claras dominadoras do partido, que se encargaron de afianzar con goles de Díaz, Raquel Duro, Abla, e un dobrete de Candela Vázquez para despedir o duelo e o 2021.

Etiquetas Dépor ABANCA BfútbolPM FriolPrimeira División NacionalPrimera División NacionalSárdoma CFSD VillestroUD MosUmia CFViajes InterríasVictoria CFVictoria FC
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Presntación da exposición ‘Eume Fontecelta : O berce do fútbol feminino eumés’

Pontedeume lembra ás pioneiras do futfem da súa comarca coa exposición “Eume Fontecelta: O berce do fútbol feminino eumés”

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  O Concello de Pontedeume organiza a exposición ‘Eume Fontecelta: O berce do fútbol feminino eumés’. Trátase dunha lembranza ao...

Dépor ABANCA vs RCD Espanyol en Abegondo / RCD

Tropezo fatal do Dépor ABANCA ante o Espanyol (1-2)

por Redacción As Nosas
30/04/2022
0

  Perder, e facelo na casa nun partido clave, non gusta a ninguén. Pero pasa. Aconteceulle hoxe ao Dépor ABANCA...

Viajes InterRías celebrando o ascenso / FUTGAL

O Viajes InterRías  acompaña ao Friol á Terceira RFEF

por Hugo Hernández
26/04/2022
0

  Rematou a Primeira Nacional Feminina tras 26 xornadas de competición. O Viajes InterRías FF mantivo a segunda praza que...

Un gol temperán castiga ao Dépor ABANCA / RCD

Un gol temperán castiga ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
25/04/2022
0

  O Dépor ABANCA sumou unha nova derrota lonxe de Abegondo, desta vez en Valladolid, onde as branquiazuis xogaban ante...

Antía Mayo e Paula Novo están na Selección Galega de fútbol Sub-17 / RFGF

Antía Mayo e Paula Novo estarán desde mañá coa Selección Española Sub-17

por Redacción As Nosas
17/04/2022
0

  As futbolistas galegas Paula Novo (RC Deportivo ABANCA B) e Antía Mayo (Victoria FC) están nun momento doce. Non...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Sandra Arenas cruzou a meta do GP Cantóns de marcha da Coruña 2021 en primeiro lugar / GP CANTONES

A marcha internacional dase cita no Gran Premio Marcha Cantóns da Coruña 2022

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sandra Arenas cruzou a meta do GP Cantóns de marcha da Coruña 2021 en primeiro lugar / GP CANTONES

A marcha internacional dase cita no Gran Premio Marcha Cantóns da Coruña 2022

28/05/2022
CR Chapela / CR CHAPELA

Chapela, favorita no 75 Campionato de España de Traiñeiriñas

28/05/2022
A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO / RFEC

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO

27/05/2022
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.