O judo de base coruñes vive hoxe domingo 28 de novembro co o Trofeo Miguelito un dos seus días de festa máis importantes do ano. A cita alcanza a súa 33 edición en modo físico logo de que o pasado ano se celebrase en liña por mor da COVID-19.
Precisamente o protocolo de medidas anti-COVID marcan a edición deste ano do prestixioso Trofeo Miguelito. A pandemia obrigaba o pasado ano a que este clásico do calendario do deporte herculino se realizase en liña, pero nesta edición de 2021, a cita regresa ao seu entorno habitual, o recinto do Coliseum da Coruña. Curiosamente o pasado curso, coa edición en liña, foi a primeira vez que o Trofeo Miguelito foi internacional.
Trátase dun gran acontecemento do Judo Infantil Gallego que para esta ocasión xuntará a máis de 1.000 pequenas e pequenos judokas da provincia da Coruña de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, segundo informan desde a Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra e Artes Marciales Fene, que unirán a esta festa do Judo a casi 150 nenas e nenos chegados de todas as súas sedes.
🥋 Miguelito volve con forza🤗
Ambientazo no @coliseumcoruna para o regreso deste trofeo coruñés ‼️ @galiciajudo pic.twitter.com/Y1r8ApshIS— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 28, 2021