O temor á COVID chega á LF2 que non arrancará esta fin de semana, nin o fará coa primeira xornada. A FEB comunicaba esta decisión que afecta aos equipos galegos de baloncesto feminino: AD Cortegada, CB Arxil, Baxi Ferrol, Maristas Coruña e Celta Zorka Recalvi.
A Federación Española de Baloncesto decidiu aprazar a disputa da primeira xornada da Liga Feminina 2 que debía disputarse este fin de semana pospondo unha semana o seu inicio, coincidindo coa xornada 2 de competición. Descoñécese cando se xogará a primeira xornada.
Segundo explica a FEB: “este adiamento vén derivado da falta de garantías sanitarias para que as deportistas e os diferentes participantes do mesmo poidan desenvolver o seu labor sen risco de contaxio”.
Nun comunicado publicado na súa web, a federación estatal explica eses temores: “Ante a falta de garantías sanitarias existentes e co fin de non pór en risco a saúde tanto das xogadoras como dos diferentes axentes que compoñen a competición, a Federación Española de Baloncesto decidiu o adiamento da primeira xornada de competición que debía disputarse os próximos 3 e 4 de outubro”.
Explica a FEB: “Ante a falta de garantías sanitarias existentes e co fin de non pór en risco a saúde tanto das xogadoras como dos diferentes axentes que compoñen a competición, a Federación Española de Baloncesto decidiu o adiamento da primeira xornada de competición que debía disputarse os próximos 3 e 4 de outubro”.
Deste xeito, a competición pospón o seu inicio unha semana polo que o seu inicio oficial terá lugar o próximo 10 de outubro, coincidindo coa disputa da segunda xornada de Liga.
Os encontros aprazados durante o presente fin de semana disputaranse proximamente, nunha data fixada para que a competición poida porse ao día e que será comunicada proximamente.
Aplazada la primera jornada de Liga Femenina 2 – Celta Femenino https://t.co/aLpMDbuTuk
— CELTA BALONCESTO 💙 #VoltanOsLatexos (@Celtabaloncesto) September 30, 2020