O club ciclista Team Farto anuncia este mércores a renovación da viguesa Carla Fernández Torres. A deportistas chegou ao equipo no 2021 e seguirá durante unha tempada máis.
Fernández cumprirá así o seu terceiro ano en UCI, modalidade na que o Team Farto competirá por segundo ano. Na pasada campaña, a ciclista ganou as metas volantes da Copa de España de Pontevedra, disputou a Challenge Vuelta e o Tour de l’Ardèche.
Ademais, recentemente foi convocada pola Federación Galega de Ciclismo para o Campionato de España CX Xàtiva na categoría sub23.
Unha decena de ciclistas coa Selección Galega para o Campionato de España CX Xàtiva
O Team Farto presenta o seu plantel UCI 2022
Así mesmo, o club galego comeza o ano presentando o seu plantel UCI 2022. En total, xunto a Carla Fernández, hai outras dúas galegas: Claudia García e Sabela Rey.
O equipo conta cun total de 12 ciclistas, que inclúen ás españolas Marta Romeu, Marta Rosillo, Pilar Jiménez e Marga Capellá, e as estranxeiras Marie-Soleil Blais, Azulde Britz, Antri Christoforou, Ariadna Gutiérrez e Lina Svarinska.
En total, o conxunto conta con dúas campioas nacionais, oito sub23 e suma 306 puntos UCI.