• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

Chiqui Barros (adestrador do Rosalía): “Será un partido complicado ante un dos mellores”

As galegas deberán plantarlle cara ao Osés Construcción Ardoi, o cuarto clasificado

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/12/2020
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Chiqui Barros, adestrador do Ulla Oil Rosalía / FEDESA

Chiqui Barros, adestrador do Ulla Oil Rosalía / FEDESA

0
COMPARTIDOS
39
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Sete puntos e oito posicións é o que separa ao Ulla Oil Rosalía do Osés Construcción Ardoi, rivais para a duodécima xornada de Liga Feminina 2. Ambos equipos mediránse na pista do Instituto Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, o sábado, 12 de decembro, ás 17:00 horas.

“Será un partido complicado, ante un dos mellores da competición, como o demostran os seus resultados”, sentencia o técnico galego, Chiqui Barros.

O Rosalía comezaba a despegar na categoría, deixando mellores sensacións sobre o parqué e incluso acadando dous triunfos, contra a AD Cortegada e o HGB Ausarta Barakaldo EST.

Chiqui Barros: “Levamos unha racha onde somos capaces de competir e aferrar os partidos, que é unha virtude moi grande”

“Levamos unha racha onde somos capaces de competir e aferrar os partidos, que é unha virtude moi grande, e ás veces de gañar e outras estando moi preto de facelo”, recorda o adestrador.

“Vimos de competir a un nivel moi alto, pese a non xogar ben no sentido de porcentaxes e acertos”, sinala. Isto ten “un mérito enorme”, en palabras de Barros, xa que “somos o equipo máis humilde da Liga, con moita diferenza”.

Pero esa inercia de bos resultados viuse obrigada a frear, ao non poder desputar o encontro contra o Magec Tías por un falso positivo no plantel canario.

A xornada de descanso forzado non foi o mellor para as pupilas de Chiqui Barros. Malia asinar unha boa actuación e loitar durante os 40 minutos de partido, o vitoria escapóuselles de entre os dedos ante o Agrupación Deportiva Baloncesto Avilés.

O rival do Rosalía, un equipo moi completo

Pola súa banda, os rivais galegos dánselle ben ás xogadoras do Ardoi. Os seus últimos dous duelos, contra o Maristas Coruña e o Celta Zorka Recalvi, remataron en vitoria. Incluso estiveron moi preto dela contra o BAXI Ferrol, o líder por excelencia da tempada, sendo o único que equipo que logrou acadar unha diferenza de só 10 puntos na súa derrota ante as ferrolás.

Rosalía Fedesa / ROSALÍA FEDESA
Rosalía Fedesa / ROSALÍA FEDESA

Barros xa califica ás xogadoras do BAXI como doutra liga e considera que, tras elas, o Ardoi é un dos mellores da LF2. “É un equipo moi ben estruturado, ben equilibrado, con bo xogo interior e moito físico na liña exterior. Ten xogadoras capaces de xogar de españdas, cun tiro exterior que lles equilibra moito”, apunta.

Unha das claves será “saber xogar” contra un rival cun “nivel defensivo moi alto e que non deixa segundos para atacar”. Unhas declaracións coas que coincide a número 5 do Rosalía. Nuria Chorén explica que o plantel é moi consciente “de que nos enfrontamos a un gran equipo, das que teñen que estar arriba”.

Nuria Chorén: “Teñen moito nivel e moi boas xogadoras, pero nós non temos por qué ser menos e imos dalo todo”

Segundo a xogadora, o Ardoi é moi agresivo, polo que será “un partido con moito contacto, con moito nivel defensivo”. Isto non mina a moral das locais, que teñen que “aproveitar a nosa boa racha e as boas xornadas de crecemento para seguir traballando, esforzándonos e non dando nada por perdido. Teñen moito nivel e moi boas xogadoras, pero nós non temos por qué ser menos e imos dalo todo”, declara contundentemente.

Sen dúbida, o conxunto navarro será un óso duro de roer para as compostelás, ás que a súa inexperiencia na competición pódelles xogar unha mala pasada contra un dos equipos establecidos da LF2.

O cadro compostelán irá a por todas no encontro, aínda que “todo o mundo pon na quiniela o 2, o cal é razoable”, declara Barros. “Nós imos intentar o de sempre: xogar un bo baloncesto, competir ao máximo nivel e ir a polo partido, porque non podemos desperdiciar ningunha oportunidade de xogar e competir ao máximo nivel”, engade.

Despois deste encontro, ao Rosalía espéralle unha semana intensa. O xoves, 17 de decembro, reciben ao Maristas para disputar o encontro adiado da primeira xornada. Dous días despois, o sábado 19, visitará ao BAXI na súa casa.

SÁBADO 12/12 – 17:00 H.
PABELLÓN INSTITUTO ROSALÍA

ULLAOIL @RosaliaFEDESA Vs
OSÉS CONSTRUCCIÓN @FNBardoi

Podrá seguirse en directo aqui:https://t.co/oaS9SYnu7Z…@deporte_galego @dxtSan @SomosABANCA @BaloncestoESP
#VamosRosa #LF2 pic.twitter.com/muK8aAGylY

— Rosalia FEDESA (@RosaliaFEDESA) December 11, 2020

Etiquetas baloncestobasketLF2liga feminina 2Osés Construcción ArdoiSantiago de CompostelaUlla Oil Rosalía
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Bineta Ndoye, ex xogadora do Arxil / ARXIL TW

Bineta Ndoye deixa o Arxil

por Redacción As Nosas
19/01/2021
0

  O CB Arxil deixa de contar con Bineta Ndoye para o que resta de tempada. A 30 verde rescinde o seu...

Arxil vs Rosalía / ROSALÍA FEDESA

O Arxil cae ante o Ibaizabal na recuperación da quinta xornada

por Redacción As Nosas
19/01/2021
0

  O CB Arxil non superou o difícil reto ao que se enfrontaba a pasada fin de semana. En menos...

Chiqui Barros, con dúas xogadoras do Rosalía / ROSALÍA FEDESA

Chiqui Barros: “O equipo competiu ata o final”

por Redacción As Nosas
19/01/2021
0

  O plantel do Ulla Oil Rosalía de Chiqui Barros é novato na Liga Feminina 2 e a súa falta...

Ulla Oil Rosalía. / ROSALÍA FEDESA

Unha derrota máis deixa ao Rosalía coa peor racha de LF2

por Redacción As Nosas
19/01/2021
0

  Superior na táboa e na pista, o GDKO Ibaizabal venceu cunha forte defensa ao Ulla Oil Rosalía, que malia...

Lino López, adestrador do Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI

Lino López: “O equipo necesitaba un partido a este nivel”

por Redacción As Nosas
18/01/2021
0

  Unha xornada máis, o BAXI Ferrol asignase os dous puntos da vitoria, aínda que desta vez o partido ante...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Dépor ABANCA / RCD

Adiado o encontro entre o Dépor ABANCA e Sporting Huelva

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA / RCD

Adiado o encontro entre o Dépor ABANCA e Sporting Huelva

20/01/2021
Irene Barbé, no seu debut coa SG Pontevedra / SG PONTEVEDRA TW

Irene Barbé debuta con éxito coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra

20/01/2021
PRC vs Barcelona Universitari Club (BUC) / PONTEVEDRA RUGBY CLUB

O Pontevedra Rugby Club segue mellorando na categoría de prata

20/01/2021
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado do secretario xeral técnico, Alberto Fuentes Losada, da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e do xerente do Sergas, José Flores Arias, informa en rolda de prensa dos asuntos tratados no comité clínico de Sanidade sobre a suspensión do deporte federado en Galicia / CONCHI PAZ - XUNTA

A suspensión da competición do deporte federado en Galicia non afecta as competicións estatais

19/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.