• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Rosalía queda a un tiro do triunfo

As galegas asinaron un bo partido contra a ADBA, que perderon finalmente por un 52-50

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/12/2020
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Xogadoras do Rosalia / ULLA OIL ROSALÍA IG

Xogadoras do Rosalia / ULLA OIL ROSALÍA IG

91
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Ulla Oil Rosalía compite mellor, pero aínda non remata os partidos. O parón motivado pola suspensión do encontro contra o Magec Tías deixou atrás a enerxía da vitoria para as compostelás. As galegas visitaban á Agrupación Deportiva Baloncesto Avilés, rival directo, nun encontro moi igualado pero que decantouse polo lado local cun 52-50.

O partido foi un vaivén de tantos, con oportunidades para ambos conxuntos, que cambiaban o liderato do encontro por momentos. Se nun cuarto dominaban as locais, noutro as visitantes adiantábanse. Finalmente, os últimos minutos foron decisivos para a vitoria que se lles escapou de entre os dedos ás galegas.

Con só un cambio no quinteto inicial do Rosalía respecto ao último partido, saíndo de inicio Maniviesa en lugar de Sara Corredoira, Chiqui Barros demostrou a confianza que ten no seu plantel, que viña dunha vitoria contra o Barakaldo.

Un vaivén de oportunidades para a ADBA e o Rosalía

A ADBA saiu con confianza e moi centrada á súa pista, dominando os primeiros minutos do encontro e logrando duplicar os tantos das visitantes no primeiro cuarto. As asturianas deron coa clave para frear a Leticia Soares por parte do Rosalía e impoñíanse cunha diferenza de nove puntos pasados os primeiros dez minutos.

Para o seguinte cuarto, as pupilas de Barros reaccionaron e marcaron o ritmo de xogo grazas ás actuacións desde a liña de tres de Clara Riera por partida dobre e de Sara Corredoira. Cun parcial de 0-9, o marcador sinalaba un resultado moi axustado dun 22-21 para o tempo de descanso.

A pausa serviu para que o conxunto local recuperase enerxías e, lideradas por Artémis Barbosa, lograron nos primeiros minutos da segunda parte nu parcial de 7-0, marcando a distancia no electrónico.

O ritmo do rival e a falta de solucións para frealo en defensa fixo que o adestrador compostelán solicitase un tempo morto. Tras esta pausa, as galegas invertiron o parcial, cun 0-7 ao seu propio favor, deixando unha vez máis o resultado do encontro completamente aberto.

Intensos minutos finais

O último cuarto, moi tenso, seguía sendo un interrogante sobre quen se levaría a vitoria. A falta de cinco minutos para o final, o Rosalía asinou un parcial 0-6, cunha canasta de Soares que fixo que o técnico rival, o ferrolán Sergio Cubeiro, pedise un tempo morto.

A vitoria era vital para ambos equipos, rivais directos pola permanencia, polo que cada segundo podía marcar o futuro das xogadoras. Durante a última metade do último tempo, ambos conxuntos tiñas problemas para chegar á zona contraria e o marcador quedou conxelado nun 44-44.

Da falta de efectividade fronte á canastra pasouse a unha alternancia constante de ocasións nos últimos dous minutos. O acerto de Corredoira a falta de vinte segundos, logrando un 49-50 no marcador non foi suficiente. De Sousa non desaproveitou a súa oportunidade para encestar os seus dous tiros libres tras unha falta. Como colofón para as locais, Fraile anotou un punto final por unha técnica do banco visitante.

As xogadoras do Rosalía voltaron a casa sen dous puntos cruciais, pero coa satisfacción de ter loitado ata polo último balón. O seguinte reto será en casa, contra o Osés Construcción Ardoi, o domingo ás 17:00 horas. Un óso duro de roer pola súa cuarta posición, pero ante o cal as galegas non poden ceder se queren alonxarse das colistas.

FICHA TÉCNICA

52) AGRUPACIÓN DEPORTIVA BALONCESTO AVILÉS: Artemis Barbosa (21), De Sousa (9), Sara Fraile (6), Laura Martínez (-) e Devon Brookshire (10) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Montalbán (-), Guimaraes (-), López (2) e Velasco (4).

50) ULLA OIL ROSALÍA: Carla García (-), Nuria Chorén (9), Maniviesa (2), Ángela González (2) e Leticia Soares (14) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Ana de Matías (-), Rivas (-), Corredoira (12), Alba Rama (-), Carro (2), Riera (7) e Liste (2).

PARCIAIS:  18-9, 4-12, 20-17 e 10-12

ÁRBITROS: Alejandro Pellitero e Omar González. Foi liminada do Rosalía Leticia Soares.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á undécima xornada da Liga Feminina 2 disputado no complexo deportivo Avilés.

Etiquetas Agrupación Deportiva Baloncesto AvilésbaloncestobasketChiqui BarrosLeticia SoaresUlla Oil Rosalía
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Presentación do XII Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket en Marín / FEGABA

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no “XII Torneo de Seleccións Autonómicas”

por Redacción As Nosas
11/02/2026
0

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas. Concello de Marín e Federación Galega...

canasta baloncesto

A FEGABA reactiva “Se protestas, non encestas”

por Redacción As Nosas
16/01/2026
0

"Se protestas, non encestas" é un proxecto pioneiro, que avaliou máis de 5.000 partidos na súa primeira edición, arrincará esta...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.