• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Rosalía aproveita a súa oportunidade para soñar coa permanencia (69-53)

As brancas logran deixar atrás a posición de descenso vencendo a un rival directo, a ADBA

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/03/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
Ulla Oil Rosalía vs Azkoitia Azpeitia / FEDESA

Ulla Oil Rosalía vs Azkoitia Azpeitia / FEDESA

101
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As pantasmas do descenso ameazaban ás xogadoras do Ulla Oil Rosalía, pero á primeira oportunidade o plantel branco foi quen de alonxalas. Cunha vitoria ante a ADBA (69-53), as galegas cámbianlle ás asturianas a posición na táboa, logrando momentaneamente a permanencia.

Estes dous puntos, que rompen a racha de derrotas nas que estaban sumidas as baloncestistas de Chiqui Barros, dan motivos para a esperanza. No Grupo A, no que militan todas as galegas, só descenderá o último clasificado e, malia que a zona baixa está rifada, actualmente esta praza a ocupa a ADBA.

Reacción a tempo

Os dous equipos, conscientes do que estaba en xogo na pista do Instituto Rosalía, saltaron á cancha coa intensidade como bandeira desde o minuto 1.

Os primeiros compases do partido deixaban entrever un duelo emocionante e igualado, no que todo estaba en xogo. Así, os primeiros acertos foron para as visitantes, que sumaban de tres en tres e así ata catro veces, colocándose moi rápido por diante.

Como resposta, o Rosalía atacaba coa súa pívot brasileira, que remataría sendo a MVP do encontro, recortando distancias, pero sempre sen chegar a alcanzar ás asturianas (15-19).

Pero as locais non ían deixar escapar este partido fundamental, e no segundo cuarto deron un golpe sobre a mesa e asumiron o control do xogo. Atentas nos 2×1 nas defensas e forzando o tiro exterior das rivais, cada vez máis irregulares, as xogadoras de Chiqui Barros atoparan a fórmula para conter á ADBA.

Cun triplo de Blanca Manivesa acadouse unha renda de dez puntos que xa non soltarían no restante de cuarto. Do 30-20 o partido pasou ao 37-27 no descanso, co único perigo no bando rival de Barbosa.

Salvación grazas ao traballo en equipo do Rosalía

Tras o paso por vestiarios, o Rosalía continuou concentrado nun xogo coral con Ángela González e Leticia Soares como protagonistas. Dous triplos de Clara Riera afastaban aínda máis ás galegas das competidoras, poñendo terra de por medio coas visitantes.

A contundente defensa local impedía que a puntuación da ADBA medrase, polo que a distancia entre os dous equipos no electrónico non facía máis que medrar.

O Rosalía xa comeza a ser un equipo con galóns para aguantar os esixentes partidos da LF2, e no último cuarto aguantaron tan frescas como nos anteriores. Os erros non foron motivo de desánimo, e coa vista posta no trunfo ao final o acadaron.

Desta forma, o mellor partido desta tempada tamén foi o máis determinante. O resultado final do 69-53 serve para sumar os puntos da vitoria e levarse o average, deixando ás rivais na última posición.

Porén, malia que quedan dous partidos en xogo e a priori o Rosalía depende de si mesmo, os dous últimos rivais serán Ardoi e BAXI Ferrol, os dous equipos máis fortes da categoría, polo que un trunfo máis será complicado de asumir.

Á fin desta xornada, as compostelás son penúltimas, con 30 puntos, a un das colistas e empatadas co Magec Tías e AD Cortegada.

FICHA TÉCNICA

69) ULLA OIL ROSALÍA: Carla García (-), Sara Corredoira (7), Ángela González (8), Sarai Carro (2) e Leticia Soares (25) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Nuria Chorén (1), Clara Riera (10), Nerea Liste (4) e Blanca Manivesa (12).

53) AGRUPACIÓN DEPORTIVA AVILÉS: Barbosa (22), De Sousa (12), Fraile (2), Martínez (2), López (2) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Guimaraes (10), López (2) e Dias Allen (1).

PARCIAIS: 15-18, 22-9, 20-17 e 12-9.

ÁRBITROS: Adrián Álvarez e Andrés Esteban Domínguez.

INCIDENCIAS: Partido da 24ª xornada da Liga Feminina 2 disputado na pista do Instituto Rosalía ante 150 espectadores.

Etiquetas AdbabaloncestobasketChiqui BarrosLeticia SoaresLF2liga femenina 2liga feminina 2RosalíaSantiago de CompostelaUlla Oil Rosalía
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.